Imos a darlle un pouco o polo, de curral por suposto.
Pode ser coma un escabeche, pero invertido, feito de adiante para atrás. As medidas que dou son para 750 grs de polo.
Imos a necesitar:
750 grs de polo de curral troceado
Fariña
sal, pementa recén moida e aceite de oliva
PARA O MARINADO
5 culleradas de aceite
5 culleradas de vinagre
5 culleradas de zume de limón
2 dentes de allo picados
1 cebola pequena cortada en plumas
1 folla de loureiro troceada
1 culleriña de ourego ou tomillo
2 graos de pementa picados
2 sementes de coriandro machacadas
Poñemos todos os ingredientes do marinado nun recipiente fondo e somerxemos os anacos do polo procurando que queden ben cubertos. Tapamos con film e deixamos repousar en sitio fresco a lo menos 3 horas, se queda da noite anterior mellor.
Escorréganse os anacos do polo, salpiméntanse e pásanse por fariña. Fritímolos en aceite quente dándolle voltas para que doure de xeito uniforme.
Pasamos o polo a unha bandexa de forno e rematámolo de facer no forno a 180º uns 50 minutos ou ata que estea tenro.
Sérvese acompañado con unhas follas de ensaladas variadas.