Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2011

Queixo fresco con tres pementos

Cando pos un prato na mesa a primeiro que nos entra é polos ollos. Esta apreciación é fundamental e xa case decidimos se nos vai a gustar ou non, por iso temos que facer pratos vistosos e coloridos (ollo que pode ser moi vistoso e o primeiro bocado rexeitalo) que reclamen a atención do comensal.
Unha vez sentada cátedra ca introdución, imos a xogar cas cores dos pementos e usaremos:

2 pementos verdes carnosos
2 pementos vermellos carnosos
2 pementos amarelos carnosos
200 grs de queixo marcaspone
3 culleradas de vinagre balsámico
8 cl de aceite de oliva aromatizado con herbas (usei aceite de romeiro)
1/2 dente de allo
pementa
sal


Lavamos os pementos, untámolos de aceite, salgamos e asamos no forno uns 45 minutos. O rematar sacamos do forno e tapamos para que suden e despois pelámolos.
Os zumes que quedan na bandexa de asar os pementos, engadímoslle o vinagre balsámico, remexemos e reservamos.
Pelamos os pementos, separando por as cores, trituramos engadindo os zumes do asado e a metade do aceite, a…

Treboada na miña cidade

Xuntanza maio 2010

Pois como onte foi o derradeiro sábado do mes de maio, coma tódolos anos, este grupo de "xoves" que fixemos COU hai 39 anos, volvemos a xuntarnos para pasar un día entre algunha actividade e, como non, un bo xantar.
Estou case que tentado a retirar a palabra "xoves" do parágrafo anterior, xa que un parvo calquera (eu) comenta: "sabedes que xa empeza a haber ofertas para os maiores de 55 anos". Xa estamos amargando un bonito día.
Pois ben pola maña fixemos unha pequena andaina para abrir o apetito (algúns levámolo aberto de forma permanente) polo entorno do Barbantiño. Partindo de O Viñao, facemos un pequeno percorrido de uns 4 quilómetros, que forman parte de unha ruta de máis grande, ata a fervenza do Barbantiño. Dado o inverno de auga que tivemos a visión era moi boa.
O punto seguinte da orde do día era xantar e os que non foran a andaina, alí apareceron. O sitio escollido este ano foi a Casa Rural de Casal da Armán. Boa comida acompañada dun viño branco d…

Xarda en escabeche para ensalada

Coma neses días atrás que fixemos un escabeche con xurelo, hoxe ímolo con un dos peixes, para min, máis ricos. E un peixe azul, nada que dicir, perfecto para escabechar.

Para catro persoas temos que provernos do seguinte:
4 xardas
1 cebola doce
3 dentes de allo
Romeiro, tomiño e loureiro
1/2 culleriña de pementa en grao
Vinagre de viño (pode ser de mazá)
Aceite de oliva e sal.


Pedir na peixería que lle quiten as cabezas as xardas, que as limpen e que as abran en dúas partes quitándolle a espiña central.
Poñemos nunha cazola o lume co suficiente aceite para que as xardas queden cubertas. Colocamos as xardas, os allos, as herbas e a pementa. Facemos durante uns 12 minutos sen que a temperatura pase dos 80º. Veredes que estará feita cando mude a cor.
Escorregamos e poñemos de forma ordenada nunha bandexa e cubrimos ca cebola crúa cortada de forma moi fina en medías lúas. Aliñamos co aceite de confitar as xardas e un chorro de vinagre (a gusto do consumidor).
Pode comerse tanto frío coma atempado e …

Terrina de polo con herbas frescas

Imos a seguir pola senda dos pratos fríos. É o que máis me apetece con estes días que nos están a vir.
Este vai a ser un prato frío con polo.
Para iso imos a precisar:
1 polo enteiro desosado
2 peitugas desosadas
1 bote de nata (eu usei uns 350/400 grs)
1 copa de brandi
2 claras de ovo
2 culleradas de ceboliño picado
2 culleradas de albahaca fresca picada
Aceite, sal e pementa

Con todo isto faremos do seguinte xeito:
Poñemos o polo nun bol  co brandi, sal, pementa e un pouco de aceite; deixámolo macerar unha hora.
Separamos as 2 peitugas enteiras e pasamos o resto do polo pólo batedor ca nata ata obter un puré. Engadir as herbas frescas, sazonalo con sal e pementa e incorporar as claras a punto de neve.
Forrar un molde con papel vexetal (se é de silicona non fai falla) e verter a metade da mestura anterior. Colocar as peitugas reservadas e cortadas en filetes; cubrilas co resto de mestura de polo.
Cocelo no forno nun baño maría durante 60 ou 75 minutos.
Desmoldar en quente e servir frío.
Podémolo acom…

Democracia real xa

O ver este movemento que se está a producir, non podo por menos que volver 35 anos para atrás.
Nestes momentos o meu discurso era de desencanto, pois non vía combativa a xuventude, dábame a impresión de que estaba nun estado de letargo permanente, cando por definición ten que ser o motor dos cambios radicais.
Máis o 15M vin un raio de esperanza, un auténtico "brote verde" de unha xuventude que se a está a xogar o seu futuro, de unha xuventude máis preparada que a da miña xeneración e ca que non se conta.
Coma hoxe é xornada de reflexión, quero facerlles as seguintes:

Que ninguén manipule o voso movemento.
Que non o deixedes morrer despois do 22M, pois non valería para nada o feito e perderiades toda a forza en outras reivindicacións.
Que vos organicedes coma unha corrente, máis nunca coma partido; nese momento que entredes no seu xogo estaredes perdidos.
Que somos moitos os que nos solidarizamos con vos.
Que non é unha utopía. Todos os grandes logros en materia social foron utópico…

Torta de nectarinas e requeixo

Como o prometido é débeda, aquí temos outra sobremesa con froita de oso, neste caso nectarinas.
As nectarinas son froitas da familia dos melocotóns, una variedade ca pel lisa. As primeiras nectarinas cultiváronse na China, onde chegaron a considerarse "néctar dos deuses".
Despois de este pegote, poñémonos mans a obra.

Imos a necesitar:
250 grs de requeixo
8 nectarinas
1 bote pequeno de leite condensada
125 grs de biscoitos de soletilla
30 grs de manteiga
3 ovos
1 limón

Mesturamos no batedor o requeixo, a leite condensada, os biscoitos esmigallados, a manteiga branda e os ovos, ata conseguir unha crema fina.
Engádese a pel do limón relada e vértese nun molde de torta redondo e baixo, previamente enfariñado se non é de silicona.
Dáselle as nectarinas un corte polo medio e vanse quitando gajos e repártense pola preparación anterior.
Cócese a torta, a forno medio, durante 45 minutos aproximadamante. A medio tempo tápase para que a froita nos se toste demasiado.
Realmente rica.

Guiso mariñeiro con luras e gambas

Hoxe os de terra dentro imos a cociñar con sabor mariñeiro.
Tiña esta receita pendente, e hoxe que estibemos por terras de Fisterra e regresamos con sabor a mar, dixen é o día perfecto para poñela. Por certo o menú foron navallas, robaliza e dourada. Todo a prancha, simplemente moi bo, soamente un pero, o que se pagou foi un pouco esaxerado. O único que facemos así e espantar a xente. 
O que imos:

1 ceboleta
1 porro (a parte branca)
1 cenoria
1 dente de allo
1 guindilla
2 luras boas (pódese facer con xiba)
4 patacas
150 grs de gambas
100 ml de prebe de tomate
perexil, aceite, sal pementa e caldo de peixe
PARA O MAJADO
2 pementos chouriceiros
1 rebanda de pan frito
2 dentes de allo fritos
perexil e fíos de azafrán


Poñemos os pementos chouriceiros un tempo en auga tibia. Sacamos a carne dos pementos raspando cun coitelo. Trituralos nun morteiro, xunto con pan e os allos fritidos e o azafrán. Reservar.
Lavamos ben os vexetais e as luras. Escorregamos ben e córtanse as verduras en anacos miúdos e as luras e…

Flan caseiro de cereixas

Como xa están aquí imos a por elas e con elas imos a facer unha sobremesa. Refírome como xa imaxinades as cereixas. Por fin empeza a tempada das froitas con oso, son as que máis me gustan e iremos vendo algunha sobremesa con nectarinas, albaricoques, etc.
O primeiro que hai que ter en conta para esta sobremesa, é a paciencia. Hai que sacarlle o oso a 1 quilo de cereixas. Eu teño un aparato que llo saca por presión (aínda así e un montón de cereixas). A outra opción é co coitelo.

Imos a necesitar:
1 quilo de cereixas
12 biscoitos de soletilla (ou os necesarios según o molde que usedes)
100 grs de azucre
3 ovos
6 culleradas de leite condensada
1 copa de brandi (se non é do gusto ou hai nenos, pódese suprimir)
1 limón
manteiga

Sacámoslle o oso as cereixas e cortámolas pola metade. Póñense nun cazo co azucre, un pouco de auga e un chorriño de zume de limón. Cocémolas durante uns 10 minutos.
Escorregamos (sen perder o xarope da cocción) e reservamos.
Prendemos o forno a 180º.
Se non é de silicona, unta…

Bocadiños de pataca e morcilla con queixo e crocante de lomo

Ir a recita en castelán

Ola outra vez, hoxe imos a facer un pincho que vai a xuntar a tres comunidades: Galiza, Extremadura e Castilla-León.
Este bocado é case a Onu da gastronomía.
Non vou a dar cantidades, soamente ingredientes e cada un usará as cantidades necesarias para o número de comensais.


Patacas novas
Morcilla de arroz de Burgos
Torta del Casar (serve tamén o noso queixo fresco do país)
Lombo ibérico
Sal Maldon e pementa branca


Deixamos a Torta do Casar a temperatura ambiente. Cortamos unhas rodas da morcilla e deixámolas a temperatura ambiente.
Fervemos as patacas con pel e sal. Deixámolas arrefriar, pelamos e cortamos en rodelas. Botámoslle as patacas sal Maldon e a pementa recen molida.
Nunha tixola antiadherente facemos as rodelas de lombo ata que estean crocantes.
Montamos os bocadiños: rodela de pataca, rodela de morcilla, rodela de pataca e cubrimos cun unha cullerada de queixo.
Poñemos os bocadiños no forno o tempo xusto de que se quenten.
Servir coroados ca rodela crocante de lo…

Bacallau con pisto de coliflor e allada de pemento

Outra vez a voltas co bacallau. No meu pasado mantiven unha relación de odio con este produto. Nunha viaxe a terra de Barros en Extremadura hai máis de vinte anos, a persoa que nos invitou levoume a unha taberna a tomar un bacallau con tomate, non tiven máis remedio que probalo e o taberneiro díxome que eu sería un futuro converso. Non lle faltou razón.
A receita que nos ocupa hoxe, é do Hostal dos Reis Católicos, salvando todas a diferencia evidentes, máis basicamente e esta.
Para 4 persoas necesitaremos:

600 grs de bacallau desalgado
1 pemento vermello
1 pemento verde
2 tomates
media coliflor
allos
loureiro
aceite de oliva
pemento doce
pemento picante
unhas gotas de vinagre


Sofritimos en aceite de oliva a cebola, os pementos e os tomates, pelados, sen sementes e cortados en dados.
Cocemos as ramas de coliflor, que engadiremos o pisto no último momento.
Facemos a allada fritindo os allos ca folla de loureiro. Engadimos unha cullerada da mestura dos pementos e arrefriamos cas gotas de vinagre. É bo d…

Aro de ananás recheo de arroz e marisco con salpicón de tomate

Ben, despois do descanso de novo na rutina diaria. Imos a comenzar de novo con algunha receita máis. Nesta ocasión faremos unha ensalada fresca que xa empeza a cadrar co tempo que nos ven.
Para esta ensalada necesitaremos para 4 persoas:

250 grs de arroz (eu usei basmati)
25 grs de uvas pasas sen sementes
150 grs de atún
2 ovos duros
1 piña
150 grs de langostinos cocidos
2 tomates
Mezclun de follas de ensalada
PARA A SALSA ROSA:
2 ovos
1 ceboleta
Zume de 1/2 laranxa
3 culleradas de ketchup
1 culleriña de brandi
Aceite de oliva e sal


Comenzamos facendo unha maionesa caseira. Picamos a ceboleta ben fina e mesturamos ca maionesa, o ketchup e o brandi. Incorporamos o zume de laranxa a modo ata conseguir a textura desexada.
Reservar na neveira.
Cocer o arroz en abundante auga e un fío de aceite de oliva. Escorregar, refrescar e reservar.
Pelar os langostinos e trocear, deixando algún enteiro para adornar.
Pelar a ananás e facer uns aros.
Mesturar o arroz, as uvas pasas, o atún escorregado, os langostinos, os ov…