Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2018

Bola de salmón e queixo en cornete con guacamole

Ir á receita en castelán
Volvemos con un entrante que penso é moi atractivo, ademais de saboroso.

Milfollas de xamón de pato e mango

Ir á receita en castelán
Nas mesturas doce-salgado a reina é o melón con xamón. Hoxe cambiamos.

Luras fritas con puré de aguacate

Ir á receita en castelán 
Imos a combinar as luras cun puré que non entra no noso concepto desta fritura. 500 grs de luras1/2 aguacate1 limaGuindillaFariñaAceiteSalEsta combinación é de esas que fai Jamie Oliver, no seu programa Rápido e fácil con cinco ingredientes. Ten os seus detractores, pero a min gústame o que fai. Temos que estar abertos e esta receita é unha maneira distinta de presentar as nosas clásicas luras fritas. Limpamos e lavamos ben as luras. Secamos moi ben, cortamos en aneis e salgamos.Poñemos a fariña nun bol e pasamos os aneis das luras por ela. Enfariñamos ben, facendo que a fariña chegue a todas partes.Pelamos o aguacate e chafamos cun garfo. Relamos por riba, do puré, a pel da lima, salgamos e engadimos o zume da lima. Mesturamos ben.Nunha tixola con aceite de oliva quente, fritimos as luras, sen sacudir o exceso de fariña. Deixamos que se fagan ata que collan esa bonita cor dourada.Estendemos o puré polo prato de servizo, poñemos por riba as luras fritas e engadim…

Bocado de sobaos, queixo de cabra e turrón

Ir á receita en castelán
Que vos parece se cun bocado de sobremesa poñemos contentos os do doce e os do salgado. 6 sobaos40 grs de turrón do duro1 mini rulo de queixo de cabra100 ml de tona para montar30 grs de chocolate de facerFollas de mentaEn primeiro lugar, indicar que cas cantidades que se poñen, imos a facer 12 bocados. Esta receita a saco de Karlos Arguiñano, cociñeiro que xunto con Maruja Callaved, dignificaron, popularizaron a profesión de cociñeiro e levaron a variedade gastronómica as nosas casas. Unha sinxela sobremesa que contrasta o doce e o salgado, cunha combinación que rematamos cun chocolate aromatizado ca menta. Preparamos unha bandexa de forno, cuberta con papel de forno.
Cun molde pequeno recortamos os sobaos. Imos colocando na bandexa do forno.Colocamos por riba dos sobaos un círculo de queixo de cabra.Relamos o turrón por riba dos bocados e poñemos no forno a gratinar.Picamos unhas follas de menta.Mentres relamos o chocolate e poñemos a tona ó lume. Cando comence a f…

Bocadillo de pastrami

Ir á receita en castelán
Este é o famoso bocadillo, que se sirve na famosa escena da película "Cuando Harry encontró a Sally". Pan rústicoPastramiPepinillos grandesQueixo en lonchasRúcula e follas variasMaionesaMostazaManteigaO pastrami é basicamente carne roxa de tenreira, especiada, posta en salmoira e afumada. Este produto é moi típico no outro lado do Atlántico, de feito é típico velo nos bocadillos nas películas norteamericanas. De un tempo a esta parte comenza a verse nas nosas superficies de alimentación. Poñemos a manteiga a temperatura ambiente.Mesturamos un pepinillo picado, a maionesa e a mostaza o noso gusto.Cortamos en láminas os pepinillos.Untamos as partes interiores do pan con este prebe que fixemos e as exteriores ca manteiga.Sobre unha base de pan poñemos a rúcula e outras follas aliñadas cun pouco aceite, láminas de pepinillo, un par de lonchas de pastrami, o queixo, outro par de lonchas de pastrami e máis follas de rúcula.Poñemos a outra tapa de pan e pasamos …

Gratinado de verduras e bacallau

Ir á receita en castelán
Esta receita é do cheff Jose Carvalho, do Rte. Moinho de Sal, Apulía, Esposende. 1 lombo de bacallau1 cebola mediana2 dentes de allo1 cenoria1 pedazo xeneroso de cabaciña5 follas de repolo200 ml de leite enteira20 grs de manteiga20 grs de fariña PirixelParmesanoAceitesal Foi moi grato encontrar un cheff tan xove e tan aberto a compartir as súas receita, en particular dun dos pratos que nos serviron. Dicir que fixen dous pequenos cambios: por unha banda usei parmesano, mentres que a receita era con mozzarella. E segundo, el o presentaba en uns pequenos cazos de louza e eu púxenos en aros para que ó retiralos se me estirasen po lo prato. Eu fixen o bacallau envasado ó vacío e a baixa temperatura, pero pódese facer cocido de xeito tradicional. Envasamos o bacallau ó vacío cunha cullerada de aceite e poñemos nun recipiente con auga, a 60º, a bolsa do bacallau. Deixamos que se vaia facendo sobre 15 minutos e reservamos. Como xa dixen, tamén se pode cocer do xeito tradi…

Leite fritida, turrón e crema de café

Ir á receita en castelán
Xa que no super nos están a por artigos de Nadal, empecemos a facer algo con eles. 400 ml de leite enteira50 grs de Maicena50 grs de azucre100 grs de turrón (brando) de Jijona2 ovos1 vaso de tona1 culler pequena de café soluble FariñaAceite En realidade é unha leite fritida, con sabor a turrón, en definitiva con sabor a Nadal. As medidas, coma sempre, son orientativas. Podedes facer a leite fritida ca vosa receita e compretar co turrón e a crema. Poñemos a leite a quecer e engadimos o turrón cortado en anacos pequenos. Remexemos ata que o turrón se desfaga na leite.Mesturamos a Maicena e o azucre.Retiramos o leite do lume e imos engadindo, pouco a pouco, a mestura de Maicena e azucre.Levamos de novo ó lume e remexemos ate que engorde.Forramos unha fonte con plástico alimentario e vertemos a mestura. Tapamos con outro plástico e levamos á neveira para que colla corpo.Cortamos a masa en pequenos cadrados (ou o tamaño que vos guste) e pasamos por fariña e ovo batido.…

Fresas con anchoas

Ir á receita en castelán
Seguimos con preparacións de bocado. Neste caso trátase dun clásico de mestre Arzak. 8 fresas16 anchoasZume de media laranxa 50 grs de azucre15 grs de Vinagre do Ribeiro Albarro XPIIPara un bocado tan delicado, non nos quedaba outra que usar un vinagre que estivese á altura do mesmo. Usei tamén unhas anchoas feitas ó modo antigo, que elabora unha coñecida marca de conservas. Penso que ese sabor, non tan salgado, favorece a delicadeza do bocado. Lavamos ben as fresas, retiramos o pedúnculo e cortamos pola metade.Mesturamos, nun bol, o azucre, o zume de laranxa e o vinagre. Maceramos as fresas no líquido durante uns 30 minutos.Despois do tempo de maceración, retiramos as fresas e levamos o liquido ó lume. Reducimos a un punto de caramelo suave. Reservamos. Servimos colocando as metades das fresas, pinchamos unha anchoa en cada metade e aliñamos ca redución reservada.Non dubidedes que ides a triunfar na vosa mesa con este bocado. Ese ácido acaramelado vai a darlle un …

Rolo de paleta ibérica, mascarpone e marmelo

Ir á receita en castelán
Imos a preparar algúns petiscos, que nos van a alegrar a mesa e tamén poden ser ideas para o Nadal. Lonchas de paleta ibérica (cortada fina)150 grs de mascarpone50 grs de marmelo30 grs de nocesTallo verde dunha ceboleta3 follas brancas dun porroXa vedes que con uns ingredientes ben sinxelos, conseguimos un vistoso petisco que, ademais, vai a encher a vosa mesa de sabor. As cantidades dadas son meramente opcionais. Combinade os ingredentes en función do voso gusto, tendo en conta que a paleta e o queixo son principais. Sacamos o queixo da neveira e deixamos que colla temperatura. Unha vez que estea, traballamos cun garfo para facelo mais cremoso. Reservamos.Sacamos tres ou catro follas brancas do porro e escaldamos ate que abranden. Reservamos estiradas entre dou papeis absorbentes.Picamos o marmelo en pequenos cadrados.Picamos miúdas as noces. Retiramos as dúas primeiras capas do tallo e picamos o resto miúdo.Mesturamos o queixo, o marmelo, as noces e o tallo da ce…

Bacallau con pementos e cebola

Ir á receita en castelán
Unha receita que a pesares de ser un clásico da cociña, sempre gusta. 2 lombos (bos) de bacallau desalgado2 pementos vermellos2 cebolas medianas2 allosPirixelSalAceiteO bacallau é unha opción que sempre debe de estar presente na nosa cociña. Podemos xogar con el cun un montón de preparacións diferentes e todas elas saborosas. Se non queres perder o tempo co desalgado, hoxe hai opcións no mercado ca oferta de un bo produto, que xa ven desalgado.
O asado dos pementos e cebola, tamén o podemos facer na pota de cocción lenta Crock Pot: serían os mesmos pasos e deixar que se fagan catro horas en Alta. Apagamos e deixamos que baixen de temperatura dentro da pota. Pelamos as cebolas e lavamos os pementos. Untamos cebolas e pementos en aceite e os poñemos no forno, a 200º, entre 25/30 minutos.Rematado o asado, sacamos do forno e dixamos que temperen. Cortamos as cebolas en xuliana, retiramos a pel dos pementos e cortamos en tiras. Reservamos nun bol, cun pouco do zume do…

Croquetas de mexillóns en escabeche en conserva

Ir á receita en castelán
Que grandes son as nosas conservas. Versátiles para un montón de preparacións na nosa cociña. 1 litro de leite enteira100 grs de fariña100 grs de manteiga2 latas de mexillóns de Galiza en conserva3 culleradas do líquido de goberno das latasNoz moscadaSalFariña (para rebozar)OvoPan relado grosoAndamos de novo a voltas cas conservas, nesta ocasión imos a probar a usalas nunhas croquetas que tanto nos gustan. Para dicir a verdade, a idea é do meu bo amigo José Manuel García, que mo comentou hai uns días e, a min, faltoume tempo para poñerme mans á obra. Levo moito tempo usando a mesma proporción de leite, fariña e manteiga e saen unhas suaves e cremosas croquetas. Escoamos os mexillóns do seu líquido de goberno (que reservamos) e os picamos. Reservamos.Poñemos a manteiga nun cazo, ó lume, e deixamos que se derreta, engadimos a fariña e remexemos de seguido. Deixamos que a fariña se cociñe para sacarlle o sabor. Vai a ir tomando unha lixeira cor marrón. Deixamos, un pa…

Salmón ó forno con patacas e allos tenros

Ir á receita en castelán
A receita de hoxe é con un dos peixes mais versátiles na nosa cociña. 2 supremas (xenerosas) de salmón Patacas de guarniciónAllos tenrosAceiteSalXa vedes que con tres ingredientes, imos a facer un apetitoso prato. Está claro que para levar un atractivo prato a nosa mesa, non hai que complicarse moito. Pedimos na peixería que nos fagan dous filetes bos e que lle quiten a espiña central. As mais pequenas e a pel xa llas quitamos nos na casa. Lavamos, secamos e reservamos.Poñemos as patacas, peladas e pinchadas, uns dez minutos no microondas e na metade do tempo, dámoslle a volta.Cortamos os allos tenros en xuliana.Poñemos o forno a prequecer a 185ª Untamos unha bandexa de forno con aceite e poñemos as supremas de salmón, as patacas e os allos tenros repartidos. Salgamos e regamos cun fío de aceite.Levamos ó forno e deixamos que se faga entre 15 ou 20 minutos a 185º. O tempo vai a depender que como vos guste mais ou menos pasado.Servimos regando cun pouco do aceite …

Estofado de carne con pasta

Ir á receita en castelán


Estame empezando a entrar afección por estas coccións lentas. As texturas das carnes son espectaculares. 900 grs de carne para guisar1 cebola1 cenoria1 dente de alloChicharros (opcional) Fariña100 grs sofrito de tomate1 vaso de viño branco2 culler pequenas de mostaza1/2 caciño de caldo de carne Knor SalPementa negra AceiteDe momento levo probado con carrilleiras, xarrete, codillos, costela de porco en carnes e unhas sardiñas en aceite. Teño que dicir que todas as preparacións saíron moi ben, cunhas texturas impresionantes. Cortamos, ou o pedimos na carnicería, en anacos  xenerosos a carne.Picamos a cebola e o allo e cortamos en rodelas a cenoria.Nunha bolsa, de plástico, botamos fariña, sal e pementa negra. Metemos os anacos de carne e movemos para que se enfariñen. Pasamos a un coador e sacudimos o exceso de fariña.Poñemos un fondo de aceite nunha cazola e pasamos a carne ata que colla cor. Retiramos e reservamos.No mesmo aceite (retiramos algún se fose moito)…

Salmonetes guisados e ameixas

Ir á receita en castelán

Vimos de estar ó lado do mar e seguimos con el na mesa, cunha receita de festa. 3 salmonetes400 grs de ameixas6 dentes de allo3 ramas de pirixel1 cazo de caldo de peixe Knor50 grs de sofrito de tomate1 vaso pequeno de viño branco2 ceboletasFariñaAceite de olivaSalO salmonete de roca é un peixe de carne moi apreciada, con un bo sabor e carne compacta. Nada por augas do Mediterráneo e Océano Atlántico e o seu prezo é medio alto. Dunha bonita cor encarnada, que se debe a que lle quitan as escamas nada mais pescalo.
Pedimos na peixería que os separen filetes e que nos poñan as cabezas e espiñas.Poñemos as ameixas en auga con sal (60 grs de sal por litro de auga) un par de horas, para que boten as areas. Nunha cazola, cun fondo de aceite, sofritimos as cabezas e espiñas do peixe. Mentres nun morteiro, facemos un adobo con catro allos e o pirixel. Unha vez feito incorporamos, o adobo, as espiñas e cabezas na cazola. Damos unhas voltas e deixamos que se faga uns 5 minut…

Mini "burguer" de queixo de cabra e mexillón en conserva

Ir á receita en castelán

Volvemos cas conservas e sobre todo a divertirnos facendo preparacións con elas. Mexillóns en escabeche en conservaQueixo de cabra (rulo) TomateCebola moradaXamónVinagre de mazáSal en escamasPanAs conservas, que son as nosas amigas, sempre nos van a dar moito xogo na nosa cociña. Con elas imos a preparar uns ricos aperitivos ou unha merenda cea para estas noites de verán. Neste caso imos a xuntar mexillón en escabeche cun rico queixo de cabra, que coido que lle fai un bo contrapunto ó mexillón. As proporcións quedan da vosa man, vos escolledes cal vai a ser o sabor dominante, Imos a darlle un toque crocante co xamón. Mesturamos os mexillóns co queixo, esmagando cun garfo e suavizando cun pouco de líquido da lata.Damos forma de mini hamburguesas e levamos á neveira para que colla corpo (o queixo volve a endurecer).Cortamos a cebola en plumas finas e poñemos nun bol, salgamos, botamos un golpe de vinagre e unha cullerada de auga. Deixamos que macere a cebola para dar…