Ir á receita en castelán Ca presa que semicurei o outro día, imos a facer unha segunda tosta, que leva como engadido, unha pasta feita con anchoas e sardiñas. Presa semicurada 1 anchoa en conserva 2 sardiñas en conserva 2 porcións de queixiños 1 culler pequena de mostaza 2 culleradas de auga Aceite de oliva Vinagre de mazá Pan 1 tomate 1 ceboleta Mozzarella Brotes de ensalada Noces Como vos comentei arriba, imos a facerlle un contrapunto á carne, cunha rica pasta que nos pode servir para a elaboración de outras preparacións que se nos veñan á cabeza. Cortamos o mais fina posible a presa que curamos tal e como podedes ver neste enlace . Reservamos. No vaso da batedor poñemos as sardiñas sen espiñas, a anchoa cortada e as dúas culleradas de auga. Trituramos con batedor. Incorporamos a mostaza e o queixo e volvemos a bater. Cando a mestura está lisa engadimos o aceite en fío para que emulsione. Reservamos. Cortamos o tomate e a ceboleta en pequenos anacos
Aprendemos xuntos.