Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2010

Langostinos ó forno

Outro petisco rápido e sinxelo, que fai moito calor na cociña. Langostinos Sal Aceite Colocamos os langostinos nunha fonte que poida ir ó forno. Botámoslle sal gorda, con xeito, e un chorreón de aceite de oliva. Prequentamos o forno a 200º e introducimos os langostinos uns 10 minutos. Igual de saborosos que a prancha, pero sen manchar e sen fumes. Bo proveito.

Ameixas salteadas

Rápido, sinxelo e con todo o sabor do mar. Usamos: Ameixas Allo Guindilla Pirixel Aceite Poñemos as ameixas en auga con sal no refrixerador, o menos dúas horas antes para que boten a terra que aínda poidan traer. Poñemos nun recipiente axeitado unhas seis culleradas de aceite, allo o gusto e unhas rodelas de guindilla, sofritimos e engadimos as ameixas escorregadas, segundo van abrindo imos retirando. Si se pasan póñense gomosas. Espolvoréanse con pirixel picado, deixase evaporar un pouco a auga que soltaron as ameixas e bótaselle por riba. Non escatimedes neste produto, merece a pena usar boa mercancía. Deliciosas.  

Canelóns de sandía

Parece que volve o calor, pois un entrante fresquiño que se pode facer con antelación e ter no refrixerador ata a hora do servizo. Como case sempre nos petiscos non dou medidas, penso que vai no gusto de cada quen as proporcións a misturar, neste eu necesitei: Sandía Queixo Philadelphia Queixo Roquefort Pepinillos Olivas negras Salmón afumado Facemos do seguinte xeito: Misturamos os queixos na proporción que máis nos conveña. Se vos gusta forte usade Cabrales, é auténtico. As olivas, os pepinillos e o salmón picámolos ben fino e engadímolos a mistura de queixos. Pelamos a sandía e cortamos en toros grandes, con un corta pastas de catro cms. de diámetro facemos os cilindros de sandía e con un descorazonador de mazás o oco interior do cilindro. Enchemos ca mistura de queixos e decoramos. Para a decoración aproveitei os mesmos elementos da mistura, pepinillos e as olivas que recheo de unhas tiras de salmón. Moi fresco e boa mistura de sabores.

Pastel de carne e tortilla

Vin esta receita nun blog do que non consigo recordar o nome para citalo, tomei nota nun papel pero non do nome, sinto e que non lle pareza mal. Imos a ter na mesma preparación todo un completo de carne e patacas. E imos a necesitar os seguintes ingredientes: 250 grs de touciño 400 grs de carne picada 50 grs de ketchup 1 cullerada de pan relado 1 ovo batido 2 ovos cocidos 6 lonxas de queixo 8 pementos do piquillo 2 patacas grandes 1 cebola pequena 2 ovos Aceite sal e pementa Forramos un molde alargado cas lonxas de touciño. Botamos a carne nun bol e engadimos o ketchup, a sal, a pementa, o ovo batido e a cullerada de pan relado. Misturar ben todos os elementos. Poñer a carne no molde formando unha capa e no centro poñer os ovos duros cortados pola metade, facendo presión para metelos un pouco na carne. Tapar co queixo e por riba os pementos do piquillo. Pelamos as patacas en rodelas finas, poñémolas nun recipiente adecuado para microondas ca cebola picada e un c

Pastel de patacas con verduras e prebe de piquillos

Estamos diante dun primeiro prato moi saboroso e moi vexetariano, con unha mistura de sabores interesante. Imos a necesitar: 1/2 pemento roxo 1/2 pemento verde 1 cebola 1 cenoria 2 dentes de allo 100 grs de champiñóns 1 kg de patacas (ou unha bolsa de escamas de pataca) 30 grs de manteiga 50 ml de aceite de oliva 150 ml de tona 2 ovos queixo relado Sal e pementa Para o prebe de piquillos 1 bote de pementos do piquillo 2 dentes de allo Aceite de oliva O líquido dos pementos Sal 1 cullerada de azucre Facemos o seguinte: Lavamos as patacas. Poñémolas a ferver en auga con sal, unha vez cocidas e en quente, pelámolas e pasámolas polo pasapurés. Si costa pasalas bótaselle unha pouca auga de cocelas. A outra opción é facer un puré con escamas de pataca (o de Maggi trae 4 bolsas utilizar unha seguindo as instruccións do fabricante). Picar a cebola e o allo e sofritir. Cando estea transparente engadir os pementos e a cenoria cortados en dados, deixar sofretir e engadi

Ensalada de pasta con "restos"

Bueno! O nome do prato é do máis atractivo, pero é o que é. Aproveitei restos que quedaron de unha pequena celebración e que por si sós o único que facían era un triste baile nun prato. Non vou a dar medidas, é unha parvada, que cada un utilice a pasta que máis lle guste (eu usei hélices que xunto cos lazos a que máis me gusta para ensaladas) e a cantidade en función dos "restos" e dos comensais. A que eu fixen leva: Pasta Bonito Langostinos Polvo Pementos de piquillo Olivas recheas de pemento en rodelas Sal e aceite. Cocer a pasta o dente, cortar os restos en anacos e misturar. Como aliño podemos usar simplemente o aceite ou unha maionesa ou unha mistura moi lixeira, con unha porcentaxe de cinco a un, de aceite de oliva virxe e vinagre de xerez. O pementón que se ve na foto soamente foi unha licencia para darlle cor a foto, non lle queda ben.

Arroz caldoso con lumbrigante

Estamos ante un dos pratos, que xunto co arroz con polbo, é un dos meus pratos de cabeceira. É un destes milagres da cociña que fai que con pouco tempo e traballo, consígase un dos mellores sabores. Ven e certo que a calidade dos ingredientes fan ese milagre algo máis terreal. Necesitaremos: 2 lumbrigantes de 450 grs aprox 10 mexillóns 350 grs de arroz bomba 2 chalotas 1 pemento roxo 1 dente de allo 2 tomates 2 porros Viño branco, aceite e sal Maneira de actuar: Separamos as cabezas dos lumbrigantes, aproveitamos todo o líquido que solten en cada un dos cortes. Pasamos as cabezas por aceite e engadimos o porro picado e os tomates tamén picados. Mollamos co viño branco e reducimos, cubrimos con auga e fervemos uns 30 minutos. Pochamos as chalotas e o allo picado, engadimos o arroz e refogamos. Mollamos co caldo do lumbrigante e co liquido que soltou dos cortes e fervemos durante 12 minutos. Antes de rematar engadimos os mexillóns e as colas en anacos. Cando os mexill

Rolos de salchicha e mostaza e bocadiño de bonito con pementos do piquillo

Para entreterse e rápido. 16 Obleas La Cocinera 8 salchichas 1 frasco de bonito en aceite pementos do piquillo mostaza Rolos de salchicha e mostaza: Untamos as obleas ca mostaza, poñemos a salchicha, enrolamos e pintamos con ovo batido (os da foto non levan ovo batido por culpa deste desastre de aprendiz de cociñeiro, de aí esa cor que teñen). Co forno prequecido a 200º fanse durante 14 minutos aprox. Bocadiños de bonito con pementos do piquillo: Desmiuzamos o bonito, despois de escorregado do aceite, picamos os pementos e misturamos co bonito. Poñemos no centro de cada oblea un pouco da mistura e doblamos facendo un paquete. Fritimos en abundante aceite quente.

Xarrete de tenreira con cenoria e ceboliñas

Estou de novo, non me esquecín deste pequeno recuncho, o calor fíxome algo vago, pero nesta semana irei pondo algunas das cousas que fun facendo. Non vos bou a aburrir cas excelencias da peza de carne que imos a usar, xa falei delas en outra entrada, e ademais mas que falar dela o mellor é cociñala e probala. Para 4 presoas imos a necesitar aproximadamante: 1 peza de xarrete de tenreira de 600 grs aprox Ceboliñas 2 cenorias 2 dentes de allo 1 copa de viño branco 1 litro de caldo de tenreira Aceite, sal e pementa Faremos do seguinte xeito: Procedemos a bridar a peza de carne para que colla forma e botarémoslle sal e pementa. Dourámola en aceite de oliva, reservamos e botamos as ceboliñas e máis as cenorias e os allos, deixamos facer; engadimos a peza de carne reservada e engadimos o viño branco, deixamos reducir e incorporamos o caldo. Tapamos e deixamos facer entre unha hora e media e dúas horas aproximadamente, vixiando que non se quede sen líquido durante o tempo da

PASIÓN POLA ROXA