Ir al contenido principal

Biscoito de chocolate e améndoas con albaricoque

Imos a adozar un pouca a vida con unha sobremesa moi doada e con bos resultados.
Imos a necesitar os seguintes ingredientes:

150 grs de manteiga
150 grs de azucre
100 grs de fariña
100 grs de améndoa crúa moida
3 ovos
1 culleriña de lévedo en po
Marmelada de albaricoque
COBERTURA
1 pastilla de chocolate Nestlé Postres
50 grs de manteiga

Pois arrancamos fundindo a manteiga e misturándoa co azucre, as xemas e as améndoas moidas. Engadimos a fariña e o lévedo e incorporamos con movementos envolventes de abaixo para riba as claras a punto de neve. Vertémolo nun molde engraxado e enfariñado ( se é de silicona non fai falla), e cócese a forno medio de 25 a 30 minutos.
Deixámolo arrefriar.
Fundimos o chocolate troceado, o baño maría, ca manteiga.
Cortamos o biscoito en dous discos e reenchemos ca marmelada e parte do chocolate. Colocamos o outro disco por riba e cubrimos co chocolate restante.
Boa sobremesa.