Nada novo baixo o mundo; son uns ovos recheos de toda a vida, pero non me resisto a poñelos no sitio este.
Necesitaremos:
5 ovos
250 ml de leite
2 culleradas de fariña
1 cullerada de manteiga
8 filetes de anchoa
Noz moscada
Pan relado
Aceite e sal
Poñemos catro ovos a cocer en auga con sal, partindo de
auga fría, durante 10 minutos. A continuación, retiramos, arrefriamos e pelamos. Reservar.
Nun cazo, fundimos a manteiga e douramos a fariña. Incorporamos a leite sen deixar de remexer ata que espese. Salpimentamos e engadimos un pellizco de noz moscada. Ten que quedar como unha bechamel bastante espesa e debemos esperar a que arrefríe para poder manipulala.
Partimos os ovos pola metade, retiramos as xemas e reservamos as claras. Picamos as xemas de huevo y misturámolas cos filetes de anchoa picadas e ca bechamel.
Recheamos as claras cocidas ca mistura de xeito que
volva a ter forma de ovo enteiro.
Batemos un ovo nun bol e poñemos o pan relado noutro. Pasamos os ovos primeiro por ovo e logo polo pan relado. Finalmente, fritimos en abundante aceite.
Se vos gusta un sabor máis intenso a anchoa picade máis cantidade.