Primeiro de nada imos ca petulancia do nome: clafoutis e unha palabra que procede do francés, ven dun verbo que significa reencher e fai referencia a unha torta de cereixas.
O que fago hoxe e a súa versión salgada. Ten algunhas similitudes con unha quiche.
A opinión que vou a dar é a dun profano e que a fai a partir do que leva lido e observado; penso que a cociña francesa, é unha copia da española feita con manteiga. Que me desculpen os milleiros de seguidores franceses que teño.
Ben vamos co que nos interesa e para elo necesitaremos:
2 cabaciñas
1 lonxa grosa de xamón cocido
1 bote de leite evaporado ideal (470)
250 grs de queixo de cabra en rulo
4 ovos
2 culleradas de fariña
Manteiga, sal e pementa
Lavamos e relamos as cabaciñas ca pel.
Nun bol batemos os ovos ca fariña, vertemos o leite evaporado e engadimos a metade do queixo desmigado, as cabaciñas reladas e o xamón cortado en dados. Salpiméntase e misturase ben.
Prequecemos o forno a 200º.
Vertemos nun molde (untado de manteiga, se non é de silicona). Vótaselle por riba o resto do queixo.
Cocémolo no forno uns 35 ou 40 minutos, ata que estea callado e lixeiramente dourado.
Realmente boa esta "quiche afrancesada".