Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2010

Solombo de porco en prebe de Pedro Ximénez

Por razóns que non veñen ó caso, levo algún tempo sen atender este blog. A partires de hoxe penso que o irei retomando pouco a pouco. Neste tempo pasaron, entre outras cousas, unha etapa do Camiño, unha xuntanza moi entrañable con un xantar nun emprazamento simplemente fantástico, a visita a unha bodega e algunha que outra receita que fun facendo. De todo elo irei dando conta en próximas entradas. Para facer o prato que hoxe nos ocupa, para catro persoas, imos a precisar do seguinte: Solombos de porco (vos xa veredes en función do tamaño e do saque dos comensais), coido que un pequeno por persoa. 1 cebola grande 250 ml de caldo de polo 125 ml de Pedro Ximénez 1 cullerada de fariña Aceite, sal e pementa Para facer este prato, rápido e aparente, faremos do seguinte xeito: Cortamos a cebola en xuliana fina, deixámolas facer nunha cazola con aceite, Facémola a lume brando ata que se poña transparente. Nese tempo despoxamos os solombos das graxas que traia, salpimentámolos e p

Moteiros en Ourense

Nestes días está a haber en Ourense unha concentración de moteiros, que vaise consolidando co tempo. O lugar elixido para elo e na zona de Oira, onde acampan e realizan as súas cousas. Eu acerqueime por alí para ver as motos (non sería capaz de montar nunha delas, pero de verdade que me gusta miralas) e facer algunha foto que vos poño para quen lle interese miralas.

Estofado de carne con champiñóns e verduras

Outro estofado, parece a semana do estofado, máis este que sexa de carne. Anotemos para catro persoas: 800 grs de carne para guisar 1 porro 1 pau de canela tomillo 1 folla de loureiro 2 cebolas pequenas 3 dentes de allo 1 cenoria 2 tomates 200 grs de champiñóns 1 vaso de viño tinto 1 cullerada de fariña caldo de carne Aceite, sal e pementa Con todo isto imos a facer o seguinte: cortamos en pedazos a carne e salpimentámola; sofritímola nunha cazola ata que colla unha cor dourada e reservamos. Pelamos o porro e con dúas das súas follas facemos un atado, co pau de canela, a folla de loureiro e o tomillo. Pelamos as verduras (cenoria, cebola e allo) e picamos moi miúdas. Lavamos os champiñóns e cortamos en láminas ou cuartos, como máis vos gusten. Aproveitamos a aceite de dourar a carne e engadimos a cebola, o allo, a cenoria, o branco do porro, tamén ben picado, e o atado que fixemos con anterioridade. Unha vez sofritidas as verduras, engadimos os tomates pelados, s

Patacas guisadas con ovos escalfados

Como estamos en tempo de crise guiso de patacas. O prato non o fan caros ingredientes (que tamén), pero os máis humildes fan comidas de auténtica categoría. Hoxe tocoulle as patacas (tan denostadas, que tanta fame sacaron e hoxe moi difícil atopar unha pataca de calidade), as patacas roxas para ser máis concreto. As patacas roxas teñen máis consistencia e aguantan tratamentos de cocción máis longos, quedando máis enteiras. Para facer catro racións imos a precisar: 500 grs de patacas roxas 1 cebola 2 cenorias 2 tomates roxos 1 pemento verde 3 dentes de allo 4 ovos 1 rama de tomiño 1 folla de loureiro Aceite de oliva, sal e pementa Picar a cebola, o pemento, os tomates e os allos. Cortar as cenorias en rodelas. Nunha cazola poñer a sofritir a cebola coa cenoria nun par de culleradas de aceite. Engadir os allos, as herbas e o pemento e deixar que se frita. Pelar e lavar as patacas, cortalas en catro ou pola metade (segundo tamaño) e engadilas a cazola. Refogar as patac

Torrada de tomate e langostinos

Un petisco moi agradable e con sabor. Como noutras ocasións misturamos terra e mar. Imos a precisar por torrada os seguintes ingredientes: 1 rebanda de pan de bola 1/2 tomate 2 langostinos 1/2 porro 1 allo Aceite e sal Maldon Poñemos as torradas no forno (repito a miña medida: 200º, 5 minutos sen prequecer o forno). Nunha tixola pasamos o medio tomate ata que tome cor, pelamos os langostinos deixando sen pelar a cola e salteámolos con un pouco de aceite. Cortamos o porro en xuliana. Aproveitamos os restos de aceite e xugos dos langostinos, para saltear o porro con allo laminado (botar un pouco de aceite si fixera falla). Na torrada poñemos o tomate nunha beira, no centro os langostinos e na outra beira o porro. Botamos por riba sal Maldon. Non digo de fritir a torrada, xa que os elementos que leva xa soltan o aceite con seus sabores por riba do pan. Bo proveito.

OURENSE CON LETRAS MAIÚSCULAS

Hoxe chegoume ó traveso de Vía Auria unha reportaxe que emitiu a 2 de TVE dentro do título xenérico de Cidades do século XXI. Vou a poñer este enlace aquí para que os que non coñezades nin esta cidade, nin a súa provincia, teñades unha visión xeneral do que vos podedes encontrar na vosa visita. Estou seguro de que ides a vir e de que ides a irvos encantados. Dúas opinións persoales: A primeira é que penso que a quen corresponda non fan o suficiente para atraer a xente a este recuncho e facer o suficiente para que o turismo non sexa só de paso, se non de estancia. E a segunda, moi persoal e referente a que aquí non temos unha banda de gaitas galega, a que fai referencia a reportaxe. Alguén se empeñou, no seu ensono particular e lunático e coa axuda dun político destes dos que sempre haberá algún nesta Galiza (cacique na linguaxe de Castelao), en que o que realmente fora é unha banda escocesa moi militarizada, iso si, desprezando toda a tradición dos grupos de gaitas. O enlace é o

Luras recheas

Ir á receita en castelán Non sei si dicir si estaba máis rica a lura ou o prebe. O que si vos podo dicir que o conxunto é para disfrutar. Merece a pena o tempo que se emprega en confeccionalo. Medidas para 2 persoas: 4 luras medianas 3 ovos cocidos 125 grs de langostinos (peso xa pelados) 3 tomates maduros 1 1/2 cebola 1 dente de allo 1 pemento verde 1 cullerada de fariña Pementón agridoce de La Vera 125 ml de caldo das cabezas e peladuras dos langostinos  125 ml de viño branco Aceite e sal Mans a obra; limpar ben as luras, quitándolle a pel e lavándoas ben por dentro (darlle a volta), reservar as aletas e os tentáculos. Pelar os langostinos e picamos (reservamos as cabezas e peladuras) e cocer os ovos. Nunha cazola cun pouco de aceite, salteamos as cabezas e peladuras dos langostinos apretando as cabezas. Cubrir con auga e deixar facer uns 15-20 minutos. Picar a cebola e poñer a pochar. Mentres se fai a cebola, picaremos o allo, as aletas e máis os tentáculos d

Pan frito con ovo

¿Que vos parece un petisco rápido e con unha mistura de sabor espléndida? Pois vamos aló e farannos falta na medida de petiscos que fagades os seguintes ingredientes: Rebandas de pan Ovo cocido Anchoas Langostinos Maionesa Con estes elementos procederemos do seguinte xeito; primeiro fritimos as rebandas de pan (este paso é segundo as calorías que poidades soportar) ou como eu fixen metelas ó forno (a miña medida é de 5 minutos a 200º, có forno sen prequecer, a rebanda queda crocante e non queimada). Logo de ter a rebanda feita colocar rodela de ovo, anchoa, langostino e un pouco de maionesa. Listo para xantar.

Crema de mascarpone con froita salteada

Vai unha sobremesa, hoxe tiven algo de tempo e metinme a elo. Imos a necesitar: 1/2 piña (eu non tiña e usei kiwis. NON o seu é a piña) 2 mazás 1 cullerada de manteiga 250 grs de queixo mascarpone 2 culleradas de ron negro 2 ovos 5 culleradas de azucre Imos a facer do seguinte xeito: Pelamos as mazás e cortamos en cadrados, pelamos a piña e cortamos do mesmo xeito. Saltear a froita nunha tixola cá manteiga ata dourar, neste momento engadir o ron e deixar que evapore o alcohol. Reservar. Bater as xemas de ovo con tres culleradas de azucre ata que se faga crema. Engadir o queixo mascarpone e mixturar ben. Bater as claras dós ovos con dúas culleradas de azucre a punto de neve. Misturar suavemente cá mistura anterior. Servir en copa cá froita temperada e por riba a crema fría. Bo proveito. As medidas da receita da para 4 copas medianas, para os copóns que eu usei para 2.

Polo de curral con langostinos

O outro día para unha cea, decidín preparar polo con langosta, un prato da Costa Brava e máis Mallorca, pero hai ceas que nacen desgraciadas dende o principio. A cea era para o venres a noite, pois non, houbo que trocala para o xoves. Vou  a mercar e non hai langosta, non pasa nada váleme perfectamente lumbrigante: non hai, bótolle un ollo a unhas cigalas que había, a pescantina di: esas cigalas para vostede non serven e non llas dou (e a miña pescantina de cabeceira e cóidame). Como os langostinos tiñan moi boa pinta, xa con un pouco de medo pregúntolle si podo levalos e díxome que estaban moi bos. Ven, ata as fotos foron bastantes desgraciadas, pero como o que nos interesa é o contido e estaba realmente ben cóntovos a receita. Ingredientes: 1 polo de curral (eu merco o de marca Coren, sae realmente bo) 4 ou 5 langostinos por comensal 2 cebolas 2 tomates maduros 4 dentes de allo 1 golpe de améndoas sal, pemento, e caldo Nunha cazola ampla poñemos aceite e fritimos o polo co