Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2013

Sardinilla con tartar de tomate e sandía

Ir á entrada en castelán

Como prometín na anterior entrada, vai outra receita con conservas galegas para a mesa das nosas festas de Nadal e para as #RecetasSolidariasParaNavidad. Neste caso imos por en valor as sardinillas, para min unha das conservas máis saborosas. Para esta sinxela receita necesitaremos:
Sardinillas en aceite de oliva PARA O TARTAR
3 tomates pera
1/2 cebola mediana roxa
150 grs de polpa de sandía
1 cullerada de aceite de oliva
Unhas gotas de zume de limón
Sal e pementa
Cortamos os tomates (sen pebidas), a cebola e a sandía, en brunoise, mesturamos, salpimentamos e regamos co aceite e o zume de limón. Reservamos a temperatura ambiente para que se macere un pouco. Abrimos a lata das sardinillas. Montamos cun aro cortapastas un pequeno montón de tartar e colocamos unhas sardinillas sobre o mesmo. Penso que é unha gran mestura de sabores, de unha elaboración que non pode ser máis sinxela e simple e de un moi baixo coste. Servimos a temperatura ambiente.

Nota: Como me interesan…

Mousse de bonito sobre area crocante de pan e touciño

Ir á receita en castelán

Con esta receita e a seguinte que publicarei, quero facer por un lado unha proposta de uso das conservas galegas de calidade, e por outro facer unha receita para #RecetasSolidariasParaNavidad Pois ben nesta primeira a conserva que quero poñer en valor é o bonito, entón imos a precisar:
200 grs de bonito en aceite de oliva 2 ovos 70 ml de tona Pementa branca e sal PARA A AREA 100 grs de pan 50 grs de touciño afumado en lonchas
Poñemos o forno a prequecer a 200º. Mesturamos no vaso do batedor, o bonito escoado, os ovos, a tona, a pementa branca e sal. Batemos até que se integren ben os ingredientes e vertemos no molde escollido, se non é de silicona untar con manteiga. Metemos no forno nun baño maría e deixamos entre 20 e 30 minutos. Imos vendo pinchando, até que saia limpo o palillo. Deixamos atemperar e desmoldamos. PARA A AREA, tostamos o pan e facemos o touciño no microondas, entre dous papeis de cociña, uns dous minutos para que nos quede crocante. Trituramos o pan e o to…

Fabas con chipiróns

Ir á receita en castelán

Como non soamente existe o Nadal e o resto dos días tamén hai que comer, imos con algo mais prosaico: unha receita de legumes, neste caso unhas fabas, que mesturaremos con un produto do mar, os chipiróns (en castelán hay chipirones y calamares, no galego a palabra lura emprégase para os dous. A pesar do erro usarei o hiperenxebrismo para diferencialos). Coido que estas mesturas de mar e campo ou montaña, sempre nos dan un resultado positivo e moi satisfactorio. Pois xa metidos en faena procuraremos:
1/2 quilo de luras (chipiróns) 300 grs de fabas de La Granja 200 grs de cebola 1 pemento verde 2 dentes de allo 200 grs de sofrito de tomate Pirixel picado, sal e aceite de oliva
Podemos usar fabas secas e cocelas nos ou ben usar as que xa veñen cocidas. O aforro en tempo e de enerxía é considerable. Eu usei unhas fabas de La Granja que xa veñen cocidas e o resultado foi moi bo. Escoar ben debaixo da billa. Limpamos ben os chipiróns. Picamos a cebola, os allos e o pemento que r…

Solombo de porco Selecta con patacas confeitadas e manteiga de mostaza

Ir á receita en castelán

Esta é outra receita feita con carne de cerdo Selecta da empresa Coren.
Imos a conxugar o sabor da carne, con unhas patacas case cocidas en aceite e unha manteiga aromatizada con mostaza e romeiro. O resultado é máis que aceptable.
Teremos en conta que o punto crítico da receita, é o momento de facer a carne, non se debe de pasar moito pero ollo é carne de porco e tampouco debe de quedar crúa.
Imos a precisar:

1 Solombo de porco Selecta
4 Patacas medianas
125 grs Manteiga
2 Culleradiñas de Mostaza
Aceite de oliva
Follas de romeiro
Sal Maldon

Pelamos as patacas e cortámolas en rodelas de medio cm. aproximadamente. Poñémolas no aceite, que teremos a unha temperatura de 60º-70º, e deixaremos, cubertas por o mesmo, uns 50 minutos aproximadamente. Si vésemos que sube a temperatura, baixamos o lume e incluso apartamos do mesmo uns minutos.
Mentres se fan as patacas e xa ca manteiga con textura de pomada, mesturámola cas dúas culleriñas de mostaza e as follas de romeiro pica…