Estou a probar algunhas cousas para as festas de Nadal que xa está na porta. Segundo vaia probando ireino poñendo no blog, sempre que mereza a pena, por se pode axudar a alguén.
Contaremos para este petisco con:
1 cabeza de allos
125 grs de maionesa
2 claras de ovo
150 grs de gulas
100 grs de xamón
unhas ramas de ceboliño ou perixel
Cocemos a cabeza de allos o forno a 160º, durante unha hora.
Cando se poida manipular, extraese a polpa dos allos.
Facemos unha maionesa, misturando a polpa dos allos. Montamos as claras, con un belisco de sal, a punto de neve e misturámolas con delicadeza ca salsa maionesa.
Salteamos nun pouco de aceite as gulas.
Poñemos as lonxas do xamón no microondas entre 2 e medio ou 3 minutos. Cando se poida manipular faremos labras.
Montaxe: na tartaleta poñemos unha base da salsa, por riba as gulas e rematamos con unha farándula de labras de xamón.
Adornamos con ceboliño.