Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

Salchichas asadas con verduras

Ir á receita en castelán Hoxe imos a permitirnos unha licencia, por unha banda comida san en forma de verduras e pola outra salchichas, que aínda que frescas non deixan de estar cheas de graxa. O tema das verduras empeza a ser moi recorrente nas miñas comidas, ó mellor, ten algo que ver o facer de comer para unha fermosa cativa que anda a recorrer o corredor da casa. Quero que se acostume a todos os seus sabores e texturas, ademais de serlle moi necesarias nesta etapa da súa vida. Pois ben, eu vou a poñer as verduras que usei, pero a variedade de verduras é moita e que cada quen use as que máis lle gusten. Para esta receita necesitaremos: 10 salchichas frescas 3 chalotas 2 cenorias 1 pemento roxo 1 pemento verde 1 porro 1 vaso pequeno de viño branco Aceite de oliva Pementa e sal Imos poñendo o forno a prequecer a 200º. Picamos as verduras en anacos xenerosos, os pementos, as cenorias, as chalotas e o porro en aros. Pasamos as verduras a unha font

Polbo en escabeche

Ir á receita en castelán Alá polo mes de abril, no diario La Voz de Galicia, publicábase unha entrevista con Matilde Felpeto Lagoa. A entrevista era por mor da publicación sobre o polbo, no que toca diversos aspectos do mesmo e analiza receitas elaboradas co cefalópodo. Chamoume a atención o titular da entrevista: "Sumergir tres veces el pulpo en la cocción sólo es un rito". Despois de ter falado con polbeiras, sempre mantiven o mesmo que di Matilde Felpeto, a pesares que alguén me tivera por ignorante. Nos só coincido con ela neste tema, tamén en desmitificar o sacrosanto caldeiro de cobre. Estou totalmente de acordo que se usaba por mera comodidade, mantiña o calor máis tempo e polo seu peso era máis doado de transportar. Pois ben na entrevista daba as notas para facer un polbo escabechado e decidín facela, tardei un pouco, pero este é o resultado. Nota importante: transcribo literalmente os ingrediente e cantidades que ela pon, pero na casa como non somos

Peixe espada (emperador) con langostinos

Ir á receita en castelán Seguimos con unha nova entrada con peixe, nesta ocasión o peixe espada, que na dinámica familiar e para que os máis cativos tomen peixe, coñecido como o peixe-polo. Nestes meses estamos na mellor época para o seu consumo, entre abril e novembro. Se o mercas conxelado e para que non che dean cazón ou outra especie de quenlla, busca na etiqueta o seu nome científico (se está ben etiquetado teno que por): Xiphias gladius. Pois ímolo a preparar con un lixeiro prebe e con uns langostinos, que penso que será do gusto de todos os da casa. Necesitaremos: 4 rodelas de peixe espada 300 grs de langostinos frescos 4 dentes de allo 1 cebola pequena 1 vasiño de viño branco Fariña Pementa negra Pirixel picado Aceite de oliva e sal Pelamos os langostinos e reservamos (as cabezas e caparazóns podémolos gardar para un caldo para un arroz). Quentamos un pouco de aceite e pasamos volta e volta as rodelas do peixe (non convén pasar moito, xa

Pescada o forno con aceite de pementón

Ir á receita en castelán Volvemos outra vez cunha receita de pescada, sigue a estar a moi bo prezo, e ademais a min gústame bastante. Imos a facer, nesta ocasión, unha receita moi sinxela e a súa vez rápida e económica. Non vou a poñer cantidade de merluza, como vai en rodelas vos mesmos marcades as cantidades en función dos comensais. As rodelas da pescada un pelín mais grosa que para fritir. Entón imos a procurar: Pescada fresca 2 dentes de allo Pirixel fresco Aceite de oliva Vinagre de viño branco Pementón agridoce da Vera Pementa negra e sal Coma xa dixen cortamos a pescada en rodelas un pouco máis grosas que si fosen para fritir. Poñemos as rodelas nunha bandexa de forno y salpimentamos. Votamos sobre a pescada o pirixel picado e un pequeno chorro de vinagre. Reservamos. Poñemos o forno a prequecer a 180º. Pelamos os dentes de allo e cortamos en láminas (que non sexan moi finas). Poñemos aceite nunha tixola e douramos o allo, no momento que ve

Cornetes de salmón e #salmon2014 en A Estrada

Ir á receita en castelán O vindeiro sábado asistirei á 41 Festa do Salmón en A Estrada. Alí desfrutaremos de preparacións culinarias con este saboroso peixe e asistiremos ó concurso da súa pesca, co disfrute que ten o andar pola veira do rio. Aínda nada e sube por algún dos nosos ríos galegos. Pois ben, a receita que vos deixo hoxe será a miña aportazón as preparacións feitas con salmón e que penso que visualmente é moi chamativa. Aclarar que uso salmón afumado para conseguir o efecto desexado, pero non deixa de ser salmón. Imos a facer dúas preparacións distintas, que xuntas van a darnos unha mestura de sabores, que penso boa. Para a preparación de uns 10 ou 12 cornetes, precisaremos: PARA O SALMÓN 200 de queixo de untar 100 grs de noces peladas 150 grs de salmón afumado 1 mango 1 cullerada de café de menta 1 cullerada de café de ourego Cornetes minis de galleta para xeado PARA EL GUACAMOLE 500 grs de aguacate 25 grs de ceboleta 25 grs de tomate ma

51 Feira do viño do Ribeiro

Ir á receita en castelán Coma case tod@s sabedes, nesta fin de semana que pasou celebrouse en Ribadavia, a 51 Feira do viño do Ribeiro. Xa queda lonxe aquel ano de 1.964. Nesta ocasión tiven a sorte de participar nela, de una forma máis activa: nun blogtrip con outr@s compañeir@s, que dimos fe do bo facer nesa Feira. Teño que confesar que xa facía algún tempo que non asistía, por desencanto, á Feira do viño do Ribeiro. Deixei de asistir por varias razóns, entre elas o cambio de data que se fixo e durou uns anos. Demostrouse que era equivocada. Deixei de asistir por mor de grupos de xente que ian por o feito de beber por beber, con empurróns nas casetas, malos modos, etc. En fin que me sentía moi incomodo. Despois da asistencia este ano, teño que rectificar todo o exposto anteriormente. Encóntrome cunha Feira moderna, con unha moi boa disposición das casetas, sen malos modos, con xente que está a degustar estes grandes viños de calidade, que pouco a pouco van ganando o esp