Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

Guiso de gambón e patacas

Ir á receita en castelán Ademais de cocidos, á prancha, ó ajillo, con polbo, etc., tamén os podemos guisar. 24 gambóns 4 patacas grandes 150 grs de sofrito de tomate 1 cullerada de polpa de pemento choriceiro 1 porro 1 cenoria 1/4 de pemento vermello 1/2 cebola 1 dente de allo Aceite de oliva Sal O gambón é un crustáceo de carne suave e que non necesita moita cocción. É un produto que admite un montón de preparacións, pero que non podedes deixar de probalo en guiso. Pelamos os gambóns reservando, por un lado as colas e por outro as cabezas e peles. Cortamos o porro e a cenoria en rodelas. Damos unhas voltas nunha cazola con un pouco de aceite e engadimos as cabezas e peles reservadas. Sofritimos todo xunto, salgamos e cubrimos con auga. Iremos retirando as espumas das impurezas. Deixamos que se faga uns 15/20 minutos, colamos e reservamos o caldo. Picamos  o dente de allo, a cebola e o pemento vermello. Deixamos que se vaia facendo lentamente. Cando estea o

Ensalada de sandía, queixo de cabra, crocante de xamón e xerminados

Ir á receita en castelán Probamos de novo o vinagre Albarro, de Vinagres do Ribeiro, nesta ocasión ca súa versión XPII. Sandía Queixo de cabra (rulo) Xamón Xerminados Aceite de oliva virxe Vinagre Albarro XPII Nesta ocasión estamos ante un vinagre mais aromático e con maior forza, a súa cor xa o fai adiviñar. Cando digo maior forza, non quero dicir que nos vai a ocultar os outros ingredientes, quero dicir que ten a virtude de deixarnos compartir unha froita fresca e como contrapunto dous ingredientes (queixo cabra e xamón) de intensidade, dándolle a cada un un excelente toque aromático. Gran traballo o que fai Xoan Pablo Lorenzo, elaborando artesanalmente un produto gourmet e de gran calidade. Preparamos unhas láminas de sandía como de medio cm de grosor. Poñemos o xamón, entre dous papeis de cociña, no microondas. Imos dando golpes de 30 segundos ate ver esa cor tostada. Deixamos arrefriar para que colla consistencia. Desfacemos o queixo en anacos pequenos, so

Lemond curd, froitos roxos e laranxa sanguina

Ir á receita en castelán Unha rica crema inglesa (a súa tradución literal sería: Limón callado), co punto de acidez e uns froitos roxos nun caldo de azucre. 125 grs de azucre 125 grs de manteiga Reladura dun limón Zume dun limón Zume dunha lima 2 ovos XL (ou 3 L) Fresas Framboesas Arándos Laranxa sanguina Aceite de sésamo Azucre Esta típica crema inglesa, caracterízase por eliminar a leite como ingrediente e incorporar o zume de limón. Na cantidade de zume de limón, vai a ir o punto de acidez. Para o meu gusto, co que poño nos ingredientes é mais que suficiente. Conseguimos un aroma a limón nunha sedosa crema. Non sei vos, pero eu de neno coñecía estas laranxas coma laranxas de sangue. Deixamos que a manteiga se poña con textura de pomada. Picamos as fresas, pelamos a laranxa e cortamos en anacos. Mesturamos fresas, laranxa, arandos e framboesas e engadimos un par de culleradas de aceite de sésamo e o azucre. Remexemos e deixamos macerar na neveira,

Ensalada de bacallau e mexillóns

Ir á receita en castelán Que vos parece se preparamos unha rica ensalada, xa que parece que ven o bo tempo. Bacallau desalgado Mexillóns cocidos Ceboleta Tomates kumato Olivas negras Ceboliño Vinagre Aceite de oliva virxe Sal O outro día preparamos un saboroso arroz de bacallau e mexillóns. Pois ben, con parte do que me sobrou, preparamos unha rica ensalada que xa empezan a apetecer. Cocemos os mexillóns do xeito tradicional, separamos a carne das cunchas e reservamos. Desmiuzamos , cas mans, o bacallau. Reservamos. Facelo cas mans da un pouco mais de traballo, pero o resultado final é moito mellor. Pelamos os tomates e cortamos en rodelas. Reservamos. Cortamos fina a ceboleta, as olivas pola metade e picamos o ceboliño (pode ser cambiado por pirixel). Nun bol preparamos o aliño da ensalada. Eu normalmente mesturo nunha proporción de 3/1 de aceite e vinagre. Batemos ben para emulsionar. Mesturamos o bacallau, os mexillóns, a ceboleta, as olivas e o cebol