Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2014

Lombos de dourada con verduras

Ir á receita en castelán
Finais de agosto. Imos dar por aberta a nova tempada despois de case que dous meses de vagancia total. Arrancamos esta nova tempada cunha receita saudable, peixe e verduras. O peixe que imos a utilizar nesta ocasión é a dourada, peixe que podemos encontrar de acuicultura a un prezo moi alcanzábel. Que está mellor a brava, pois si, pero a diferenza económica é notable e o resultado é moi digno ca dourada de acuicultura. O tema queda á elección do peto de cada un, a desta preparación é (era) de acuicultura e estaba realmente moi boa. Usaremos unhas verduras salteadas para acompañar, que eu deixei ó "dente", co fin de darlle un toque crocante o noso prato. Deixámonos de leria e imos ca lista de ingredientes para a nosa receita:
2 lombos de dourada por comensal Espinacas baby Espárragos verdes Cenoria Pemento roxo Champiñóns Tomates cherrys Allos Lima Pementa negra Prebe de solla Aceite de oliva e sal
Non dou cantidades de verduras, pois que cada quen as use segu…