Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2017

Bocado de chicharrón e prebe lasarte

 Ir á receita en castelán Hoxe seguimos ca cociña sen lume, a que nos permite ter todo medio preparado, para facilitarnos as cousas á hora de xantar. Para axudarnos na preparación, imos a usar un produto en liscos de Torre de Núñez . Torre de Núñez prepárao ó estilo que se fai polo norte de Galicia, pero prensado e cortado en liscos. Que ninguén se engane, non é un produto de dieta. Chicharrón Torre de Núñez Follas de cogollo 1 ovo Boliños de mini hamburguesa 1 culler (de café) de mostaza 1 culler (de café) de vinagre de Xerez 1 pepinillo en vinagre (dous si son pequenos) 1 culler (de café) de alcaparras Aceite de oliva Sal e pementa O prebe lasarte saqueino dun libro do mestre Berasategui. Como nota direi que as cantidades do prebe, da como para preparar uns oito boliños. Cocemos o ovo, pasamos por auga fría e pelamos cando se poida manipular. Separamos a clara da xema e reservamos. Para preparar o prebe, poñemos nun bol a xema do ovo e a mostaza. Chafam

Xoubas con migas

  Ir á receita en castelán Traemos hoxe unha receita que nos encaixa moi ben no tempo de verán. Imos a mesturar un produto tan noso como as xoubas con unas migas de sinxela execución. Xoubas Pan do día anterior Touciño Dentes de allo Pementón agridoce de La Vera Aceite de oliva Sal  Imos a preparar a receita deste xeito: Limpamos as xoubas, retiramos as espiñas e reservamos. Preparamos un aceite con pementón, poñendo ó lume aceite. No momento que estea quente, retiramos do lume e engadimos o pementón, remexendo de seguida para que non se nos queime. Pasamos a un bol e deixamos repousar unhas dúas horas, para que se vaian as impurezas ó fondo e nos quede un aceite roxo brillante. Reservamos. Cortamos en anacos pequenos o pan, o touciño e laminamos os dentes de allo. Nunha tixola con aceite facemos o touciño e os allos ata que comencen a tomar cor. Engadimos o pan e remexemos para que se doure e quede crocante. Fora do lume engadimos un pouco de pementón e mesturam

Bonito a prancha, tomate concasse e tapenade

  Ir á receita en castelán Imos a aproveitar que o bonito esta no seu mellor momento, para preparar una saborosa receita con un gran contraste de sabores.   O punto crítico desta receita, está no paso do bonito pola prancha, que vaia tomando calor para dentro, dun xeito suave. Que nos se nos abrase, xa que nos quedaría seco. Bonito do norte 4 tomates pera 1 ceboleta 3 dentes de allo Olivas negras sen oso Aceite Pementa e sal Pelamos os tomates, retiramos as sementes e cortamos en anacos. Facemos o mesmo ca ceboleta e dous dentes de allo. Nun cazo con aceite poñemos a refogar, a lume brando, a ceboleta e os allos. Os 10 ou 12 minutos incorporamos o tomate e deixamos que se vaia facendo, ata que practicamente se evapore o liquido. Salpimentamos e engadimos un pouco de azucre, se fixera falla corrixir a acidez. No vaso do batedor poñemos as olivas negras, un dente de allo picado e aceite. Batemos ata obter una pasta que imos corrixindo con aceite se nos quedase

Melón con xamón (un clásico)

  Ir á receita en castelán Estamos diante dun clásico, o melón con xamón. Unha receita fresca e moi sinxela. O único que imos a facer é cortalo en anacos pequenos e maceralo en aceite de oliva. Melón Xamón Aceite de oliva virxe  Cortamos o melón en anacos pequeniños e poñemos nun bol cun fío de aceite de oliva virxe. Damos unhas voltas e deixamos macerar uns 30 minutos na neveira. Cortamos o xamón, tamén, en pequenos anacos. Mesturamos co melón reservado damos unhas voltas e volvemos a deixar na neveira outros 30 minutos. Sacamos o bol da neveira, damos unhas voltas e servimos nunhas culleres de presentación. Deixamos que leve un pouco do zume da maceración. Xa vedes, un aperitivo clásico que imos a presentar de outro xeito. Recordade que o aceite de oliva vai a potenciar os sabores dos alimentos que macera. Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un d

Pastel de carne en masa follada

  Ir á receita en castelán 1 lámina de masa follada 400 grs de carne picada mixta 2 ovos 100 grs de touciño 50 grs de emmental relado 2 culleradas de cebola frita crocante 2 rebandas de pan leite 1 ovo para pincelar pementa e sal  Unha vez pasado o período vacacional, hai que empezar a coller un pouco de ritmo. Imos a empezar cunha receita moi sinxela e que, para os que aínda andades de vacacións, ven que nin pintada para deixar preparada con antelación. NOTA: se non tedes oportunidade de mercar a cebola fritida, a podedes facer dun xeito moi sinxelo. Cortades a cebola en plumas finas e pasades lixeiramente por fariña, sacudides ben o exceso de fariña. Fritides en aceite, en pequenas tandas, e cando tomen cor, retiramos a papel absorbente e deixamos arrefriar. Troceamos o pan en anacos e deixamos uns minutos nun pouco de leite. Pasamos pola tixola o touciño cortado en tiras pequenas. Mesturamos , nun bol, a carne, o touciño, a cebola fritida, o queixo, os