Ir al contenido principal

Berenxenas recheas de champiñóns

Estamos diante dun vexetal que produce sensación de saciedade e que é rico en fibra e baixo en calorías, polo que é moi recomendable nas dietas de adelgazamento. Máis toda a maxia da dieta soamente ten efecto cando se consume asada e non se aliñe con un exceso de aceite.
Esta receita non e de dieta.


Necesitaremos:
4 berenxenas medianas
250 grs de champiñóns
1 cebola grande
500 ml de leite
40 grs de manteiga
40 grs de fariña
Noz moscada
Queixo mozzarella e emmental relados
Aceite, sal e pementa


Comezamos por cortar o tallo das berenxenas e partímolas e rodelas de 5 cms. aproximadamente. Fanse unhas incisións en forma de cuadrícula en frítense en aceite (aviso para que tomedes precaucións, ¡¡SALTA, SALTA E SALTA!!). Unha vez fritas sácaselle a polpa e resérvase.
Cortamos a cebola en xuliana e sofritimos en aceite, cando comeza a coller cor engádense os champiñóns limpos e laminados finos. Despois incorpórase a polpa das berenxenas e faise uns 5 minutos máis. Salpimentar.
Ca leite, a fariña e a manteiga facemos unha bechamel con noz moscada relada e sal. Incorporámola o sofrito.
Recheamos as rodelas valeiras das berenxenas e cubrimos cos queixos relados.
Gratinamos no forno.
Levámolo a mesa segundo sae do forno, nos vos ides a arrepentir de preparala. Bo proveito.