Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2010

Solombo en masa follada

Despois de este período de descanso, e con unha voda entre medias, imos a ver si empezamos a facer algunha cousa, nestes momentos teño o corpo un pouco vago, pero imos a intentalo, e para elo vamos con algo que non leva máis de cinco minutos preparalo, o resto do tempo é traballo do forno.

Imos a precisar:
Solombo de porco
Paté a pementa
Touciño en láminas (non afumado)
1 lámina de masa follada fresca
1 ovo


Collemos o solombo e retirámoslle todas as peles e graxas que poida ter, untamos co paté a pementa e rodeámolo a o longo co touciño (sacámoslle o coiro as láminas).
Desenrolamos a masa follada e pinchámola varias veces cun garfo, para que non suba moito no forno. Colocamos o conxunto do solombo na masa e envolvemos como si de un paquete se tratase. Con moito coidado podemos facerlle uns cortes en diagonal na masa para que lle dea un aspecto de barra de pan.
Pintamos co ovo batido.
Metemos no forno prequecido a 200º ou 210º por un tempo de 30 minutos, se os 20 minutos víramos que se tosta moi…

De Triacastela a Sarria

Onte fixen a etapa do Camiño de Santiago que me quedara pendente no mes abril, por mor do mal da pila, da pila de anos que un vai tendo.
Como estamos nuns días nos que o calor é tremendo, saín de Ourense moi cedo e as 7,30 da mañá, sa estaba iniciando o percorrido en Triacastela.
Esta etapa ten dous percorridos posibles para facer: o do Camiño Francés ou o que vai por Samos.
Eu escollín o primeiro, pois vai entre vales (a segunda opción ten moito percorrido de carrtera), despois dos 4 ou 5 primeiros kms de unha subida que tira do peito, vas camiñando a mesma altura dos montes que te rodean, e por unha razón moi importante, son cerca de 6 kms menos e como o Mosteiro de Samos xa me era coñecido a decisión foi fácil.
Despois de eses catro ou cinco kms duros do principio, o percorrido faise moi levadeiro o que axuda a beleza que te vai rodeando.
Ademais, como lle comentei a miña muller e máis a Pepe e Lola, que me foron a recoller, tiven a sorte de atoparme polo Camiño cun anxo enviado por alg…