Ir á receita en castelán Xa había algún tempo que non faciamos nada con polo. Para esta ocasión escolllemos unha das partes nobres: os xamonciños. Para esta receita uso o produto de curral que nos ofrece a empresa Ourensana Coren . Un polo que se cría ó aire libre e que recibe unha alimentación 100% vexetal, baseada principalmente no millo. Na confección da receita, a cebola vai a queimarse un pouco, pero imos a conseguir o contrapunto co uso de un Pedro Ximénez, que nos vai a caramelizar a cebola e esta a súa vez conservar un punto de amargura, ademais de darnos cor o prebe. Penso que é unha moi boa convinación de sabores. Pois metidos en faena imos a precisar para dúas persoas: 4 xamonciños de polo curral Coren 1 dente de allo 1 cebola 2 culleradas de Pedro Ximénez 200 ml de viño branco 25 grs de piñóns Aceite, sal e pementa. Pelamos o allo e a cebola e cortamos en dados pequenos, que poremos a pochar en dúas culleradas de aceite de oliva. Salpi
Aprendemos xuntos.