Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2013

Patacas recheas

Ir a receita en castelán Que tal, pode parecer que non pero aínda ando por estes lares. O que ocorre é que entrei en período de vagancia extrema, algo ocupado tamén estiven. Imos a retomar o tema con unha receita ben sinxela: unhas patacas recheas. Estas ímolas a facer ó forno, segundo unha receita que vin nun folleto da IXP de pataca de Galicia. Deixo o enlace a outras que fixen, pero en prebe, Patacas, cebolas e tomates recheos , por se fora do voso interese. Pois entón para as de hoxe precisaremos: 8 Patacas 1 Cenoria 1 Cebola 1 pemento 2 dentes de allo 200 grs de carne picada Prebe de tomate Pan ou queixo relado Sal e pementa Lavamos as patacas e cocémolas ca súa pel. Reservamos. Picamos as verduras e refogamos nun pouco de aceite. Cando as verduras estean no seu punto, engadimos a carne picada e mesturamos ben cas verduras. Incorporamos o prebe de tomate e salpimentamos. Deixamos que se faga o conxunto uns 15 minutos. Pelamos as patacas que temos reservada

Canelóns vexetarianos

Ir a receita en castelán Que vos parec e se hoxe deixamos a carne e o peixe , e facemos un rico e apetitoso prato de verduras. Non vos descubro nada novo do beneficiosos que son os vexet ais para o noso corpo e adem ais, penso que pode ser unha forma de ir introducindo as verduras nos máis cativos, tan pouco inclinados a que se incorporen na súa dieta. Non vou a poñer cantidades, xa que é moi fácil de calcular en función do s comensais. Pois ent ón necesitaremos: Pasta para canelóns Ca baciña Peme n to roxo Porro Cenoria Espárragos verdes Espinacas (para a bechamel) Que ixo relado Sal e pementa Bechamel para napar (medidas para un litro) 1 litro de leite 60 grs de manteiga 60 grs de fariña Pementa bran ca Noz moscada Sal Pois con todos os ingredientes aprovisionados, comenzamos poñendo o pemento no forno preque ntado a 200º con sal e untado en aceite, ata que estea feito. Deixámolo atempar tapado , pelámolo e cortamos en tiras. Mentres se fai o pemen

Ensalada de sandía e queixo de cabra

Ir a receita en castelán Esta receita foi seleccionada entre as 20 mellores presentadas ó concurso "Tu receta en 22 minutos" de Canal Cocina.   Como parece que definitivamente se vai a empezar a instalar o bo tempo, empecemo s nos tamén a poñer receitas de ensaladas. As ensaladas , non vos descubro nada novo, son unha estupenda opción de comida fresca, rápid a e fácil de preparar e normalmente saudable. Ca ensalada que vos presento hoxe, pretendo un contraste forte de sabores , non sei se atrev ido ou non pero que penso que non vai a ha b er termos medios, ou me gusta ou non. Pois para esta ensalad a de verao precisaremos: Sandía Queixo de cabra fresco T ouciño afumado V inagre de Módena A ceite de oliva virxe extra Gotas de Abril Ceboliño Sal e pementa P rebe Perrins (opcional e moi pouco) Pois moi sinxelo, cun sacabolas imos facendo u nhas bolas de sandía, partimos o queixo en anacos similares ó tamaño das bolas de sandía. Cortamos o touciño en tiras