Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

Tartar de tomate

Ir á receita en castelán Unha das cousas que mais me gustan na cociña, é facer e levar un rico prato á mesa, sen prender o lume. Esta receita é o caso. 

Guiso de mexillón, gambón e patacas

Ir á receita en castelán O mexillón é un dos mariscos mais humildes, pero tamén é, un dos mais saborosos. Un marisco versátil na nosa cociña, admitindo un montón de preparacións.

Polbo fritido sobre crema de San Simón con ovas de ourizo e allada

Ir á receita en castelán Fago esta receita, partindo dunha realizada polo gran cociñeiro Miguel González Quintela, de Restaurante Miguel González . Pídolle a Miguel que sexa indulxente comigo. Grazas Miguel por ensinarnos tanto. Polbo cocido 75 ml de leite 150 de tona 150 de queixo San Simón da Costa Ovas de ourizo Allo Aceite Pementón de la Vera Fariña de arroz (ou outra) Como dicía mais arriba, espero que Miguel perdoe o atrevemento. Evidentemente non usei as técnicas que usa el, está feito dun xeito caseiro, pero penso que o resultado é bastante bo. Poñemos aceite nunha tixola e un dente de allo ó que lle dimos un golpe. Cando o allo empece a poñerse dourado, retiramos a tixola do lume e o allo da tixola. Botamos o pementón e remexemos rapidamente para que non se nos queime. Reservamos nun recipiente, para que os restos de pementón se vaian ó fondo. Nun cazo poñemos o leite e a tona. Levamos ó lume para que quente, pero non deixamos ferver. Retiramos do

Solombo de porco en adobo con pak choi salteado

Ir á receita en castelán Para min o allo, o pementón e o aceite, forma o triángulo máxico da cociña galega. Que queredes, aínda que cociñe pak choi, aplícolle o triángulo.

Milfollas de berenxena, sobrasada, tomate e queixo

Ir á receita en castelán Estamos en temporada de vexetais e, a pesar de non ter unha pequena horta, sempre hai algunha alma caritativa que se acorda dun.

Tartar de salmón con aguachile verde

Ir á receita en castelán Despois de un longo tempo de descanso, retomamos a actividade do blog. Receita moi fresca con aires mexicanos.

Bacallau encebolado en prebe de pementos

Ir á receita en castelán Volvemos de novo co bacallau, ese peixe que tan bo xogo nos da na cociña.

Bocado de mexillón en conserva con alioli de mazá e marmelo

Ir á receita en castelán Non me esquecín das conservas e, mais en concreto, das Conservas Portomar. Imos a facer un rico bocado cuns estupendos mexillóns en conserva.

Tosta de xoubas en aceite de oliva en cocción lenta

Ir á receita en castelán Xa pasaron as vacacións e chega o tempo de poñerse a facer algo. Que vos parece unhas xoubas feitas en cocción lenta.

Atún en aceite con piquillos caramelizados

Ir á receita en castelán Hoxe imos a facer unha rica receita con outra das conservas de Portomar . Un clásico de toda a vida: atún con pemento.

Ensaladilla de agullas en aceite de oliva

Ir á receita en castelán Imos a darlle outra volta a algunhas receitas con conservas, neste caso de Portomar . Nesta ocasión imos a usar unha conserva que, creo, non é moi habitual nas nosas despensas: as agullas.

Pescada ó forno sobre verduras

Ir á receita en castelán Fácil, sin artificios. Con todo o seu sabor, xa que cando o produto é bo pouco necesita.

Ensalada de bacallau , tomates cereixa e olivas

Ir á receita en castelán Aínda que non o pareza imos camiño do verán. É o tempo de pratos frescos e de fácil execución. Bacallau desalgado Tomates cereixa Olivas verdes ou negras Ceboleta Sal Aceite Pouco que comentar sobre o tema. Cando estamos de asueto, o que queremos é pasar pouco tempo na cociña. Este é un prato rápido para unha cea ou unha ensalada de entrante nun xantar. Desmiuzamos o bacallau cas mans e poñemos na ensaladeira. Picamos fina a ceboleta e engadimos. Lavamos e cortamos en cuartos os tomates cereixa. Engadimos. Picamos as olivas e engadimos. Salgamos e aliñamos cun bo aceite de oliva virxe e damos unhas voltas. Coido que mais sinxelo non pode ser. Pero non por ser sinxelo, deixa de ser un gran prato. Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños: No correo:     olivarela@hotmail.es No Facebock: http://www.fac

Bacallau ó forno con prebe de pementos, espinacas y chorizo

Ir á receita en castelán Retomamos de novo o bacallau, ese peixe que tanto nos gusta e que tantas preparacións permite.

Amorodos con iogur e froita da paixón

Ir á receita en castelán Voltamos cunha nova sobremesa, outra vez de amorodos e desas que non necesitan lume nin forno.

Caprese con bacalllau afumado

Ir á receita en castelán A receita de hoxe ven da mao dun cociñeiro que sigo habitualmente e me gusta: Julius Bienert fai receitas que nos gustan, rápidas e accesibles.

Natillas de mango

Ir á receita en castelán O outro día vin publicada esta receita nunha revista e, nin o dubidei un segundo. Había que facela.

Xarda seca con guindillas (Prato II)

Ir á receita en castelán Imos ca segunda de tres recitas con xarda seca ou en salgadura. Enamorado deste peixe.

Ensalada de xarda seca e froitas (Prato I)

Ir á receita en castelán Como imos cara á primavera e ó verán, penso que os pratos fríos vannos a ir de película.

Ensaladilla de polbo e aguacate

Ir á receita en castelán Temos que divertirnos na cociña. E desde o respecto as tradicións, merece a pena xogar e combinar na nosa cociña.

Fresas con iogur maceradas en vinagre

Ir á receita en castelán Xa facía algún tempo que non publicaba unha sobremesa. Unha sobremesa na que un vinagre de calidade como o Albarro XPII, de Vinagres de O Ribeiro, xoga un importante papel.

Bacallau confeitado sobre piquillos caramelizados

Ir á receita en castelán Pois si, volvo co bacallau que nos pode dar moito xogo, e satisfaccións na nosa cociña.

Tosta de salmón e ovo de paspallás

Ir á receita en castelán As veces abres a neveira e atopas produtos que van quedando de outras preparacións. É o momento de unha receita de aproveitamento.

Solombo de porco ó forno con verduras

Ir á receita en castelán Unha peza do porco, que ben tratada resulta espectacular.

Bacallau Skrei confitado con coliflor

Ir á receita en castelán Bacallau con coliflor, un clásico de toda a vida, pero con bacallau fresco Skrei.

Carrilleiras de tenreira en escabeche de vinagre Albarro XP III

Ir á receita en castelán Con esta receita se pecha a triloxía de pratos preparados con Albarro de Vinagres do Ribeiro .

Caldereta de bacallau Skrei e vieiras

Ir á receita en castelán Estamos ca tempada do bacallau Skrei recen comenzada. Temos que aproveitar este peixe de carne branca e suave.

Tartaleta de tapenade, pementos do piquillo e anchoas

Ir á receita en castelán Continuamos con preparacións sinxelas, pero con moito sabor. Un aperitivo que non faltará na túa mesa.

Vieira con puré de coliflor e a súa allada de allo negro

Ir á receita en castelán Unha combinación de mar e horta, para os amantes da coliflor.

Ensalada de salmón en conserva, trigueros, tomate seco e queixo de cabra

Ir á receita en castelán Hoxe volvemos as conservas, pero unha conserva que non é normal encontrala. Conservas Cambados envasa o salmón para nos.

Androlla con patacas e repolo en Crock Pot

Ir á receita en castelán Como sabedes estou facendo algunhas preparacións ca pota de cocción lenta. O resultado ca androlla foi sensacional.

Bacallau en prebe verde

Ir á receita en castelán Despois de unhas festas fundamentalmente carnívoras, unha receita para os amantes do bacallau.

Risotto de chipiróns na súa tinta en conserva

Ir á receita en castelán Seguro que estades un pouco saturad@s de cociña. As nosas conservas van a darnos un descanso.