Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2014

Boletus en escabeche con navallas ó natural en conserva

Ir á receita en castelán Aclarar en primeiro termo que esta non é unha entrada patrocinada. Xurde esta receita e a súa publicación, pola xentileza que tivo Olei ó remitirme unha mostra do seu vinagre de viño albariño, que foi presentado en A Curtodoría , presentación á que estaba invitado e por motivos persoais non puiden asistir. Pretendo con esta receita un mar e montaña, no que o nexo de unión sexa un vinagre procedente de unha D.O. da nosa terra: de viño albariño. Non son moito de vinagre, pero non o probei soamente con esta receita, se non tamén cunha ensalada con froitas de tempada e o punto de este vinagre con eses froitas, resultoume do máis agradable. Aproveitando que ía a usar un vinagre de marcado carácter galego, de un produto dos máis bos que nos da o monte na tempada de cogomelos, introduzo unha conserva galega de calidade co fin de darlle o valor que lle corresponde. Entón para a súa elaboración precisaremos: Boletus Navallas en conserva ó natural

Cantharellus cibarius con pasta, allos tenros e queixo Arzúa Ulloa

Ir á receita en castelán Aínda que as temperaturas non son de outono, a realidade é que xa estamos nel. Boa fe de elo está no monte, que empeza a coller esas incribles cores ocres nas árbores e no chan, onde os cogomelos comenzan a proliferar. Eu non son coñecedor de cogomelos coma para ir ó monte a buscalas, pero a historia está en que cando un se bota uns bos amigos coma Conchi Zúñiga de Cocinando setas e Rubén Amorín de Ni mata ni engorda , sempre caen algunhas que levar ó fogón. Grazas os dous pola súa amabilidade. Para a receita que nos ocupa imos a precisar o seguinte (deixo as cantidades o voso gusto): Cantharellus cibarius Pasta (uns 70grs por persoa) Allos tenros Tomates secos en aceite Queixo Arzúa-Ulloa Aceite, sal e pementa O primeiro paso e máis importante é limpar ben e con moito coidado os cogomelos. Poñemos a cocer a pasta segundo nos indique o fabricante. Ó final da cocción escoamos, gardamos unha pouca auga da cocción e reservamos.

Xureliños en escabeche suave

Ir á receita en castelán O outro día estando mercando   na peixería, e había uns xureliños que non deixaban de mirarme e de decirme que tiñan que ir para a miña bolsa. Eu xa tiña a compra feita e non me eran necesarios, pero é que tiñan imán. Foron directos á bolsa e xa pensando no escabeche no que ian a parar. Como xa falamos en algunha outra ocasión o escabeche é unha das máis tradicionais formas de conservación de alimentos, mediante un caldo de aceite e vinagre básicamente. Para este noso escabeche precisaremos para uns 15 xureliños: 15 Xureliños 1 Cebola 3 Dentes de allo 1 cenoria 1 folla de loureiro 1 cullerada de pementón agridoce de La Vera Aceite Vinagre Fariña e sal Pan centeo Limpamos ben os xureliños, salgamos e pasamos pola fariña. Fritimos no aceite e reservamos. No mesmo aceite engadimos o allo, a cebola e as cenorias, deixamos facer ata que a cebola estea branda, sen que chegue a queimarse. Retiramos do lume, para que non se quei

Guiso de boletus con polbo

Ir á receita en castelán O causante desta receita é o meu bo amigo Rubén Amorín do blog Ni mata ni engorda , que por certo está nomeado para os premios MexilOnseTuits ó mellor blog gastronómico. Sorte Rubén.  Pois eso, que hai uns días quedamos a tomar un café e apareceu cuns preciosos boletus, traídos do monte esa mesma mañá. Eu non son un gran especialista en setas (ben, pequeno tampouco), pero había que facer algo con elas. Xa as tiña confitado en algunha outra receita que despois combinara e como os boletus van practicamente con todo, estiven a ler e rebuscar e decidinme a facer un guiso con patacas e engadirlle polbo. Un mar e montaña que se di. Pois pa levar a bo termo a receita para catro, precisaremos: 300 grs de boletus 250 grs de patacas 300 grs de polbo cocido 1 dente de allo 1 cebola mediana 1/2 pemento verde 1/2 pemento roxo Pementón agridoce de La Vera 1 rama de romeiro Limpamos cun pano humedecido os boletus e sacámoslle as esporas. Cortamos en