Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2018

Bacallau con pementos e cebola

Ir á receita en castelán Unha receita que a pesares de ser un clásico da cociña, sempre gusta. 2 lombos (bos) de bacallau desalgado 2 pementos vermellos 2 cebolas medianas 2 allos Pirixel Sal Aceite O bacallau é unha opción que sempre debe de estar presente na nosa cociña. Podemos xogar con el cun un montón de preparacións diferentes e todas elas saborosas. Se non queres perder o tempo co desalgado, hoxe hai opcións no mercado ca oferta de un bo produto, que xa ven desalgado. O asado dos pementos e cebola, tamén o podemos facer na pota de cocción lenta Crock Pot: serían os mesmos pasos e deixar que se fagan catro horas en Alta. Apagamos e deixamos que baixen de temperatura dentro da pota. Pelamos as cebolas e lavamos os pementos. Untamos cebolas e pementos en aceite e os poñemos no forno, a 200º, entre 25/30 minutos. Rematado o asado, sacamos do forno e dixamos que temperen. Cortamos as cebolas en xuliana, retiramos a pel dos pementos e cortamos en tiras. Reserva

Croquetas de mexillóns en escabeche en conserva

Ir á receita en castelán Que grandes son as nosas conservas. Versátiles para un montón de preparacións na nosa cociña. 1 litro de leite enteira 100 grs de fariña 100 grs de manteiga 2 latas de mexillóns de Galiza en conserva 3 culleradas do líquido de goberno das latas Noz moscada Sal Fariña (para rebozar) Ovo Pan relado groso Andamos de novo a voltas cas conservas, nesta ocasión imos a probar a usalas nunhas croquetas que tanto nos gustan. Para dicir a verdade, a idea é do meu bo amigo José Manuel García, que mo comentou hai uns días e, a min, faltoume tempo para poñerme mans á obra. Levo moito tempo usando a mesma proporción de leite, fariña e manteiga e saen unhas suaves e cremosas croquetas. Escoamos os mexillóns do seu líquido de goberno (que reservamos) e os picamos. Reservamos. Poñemos a manteiga nun cazo, ó lume, e deixamos que se derreta, engadimos a fariña e remexemos de seguido. Deixamos que a fariña se cociñe para sacarlle o sabor. Vai a ir tomando

Salmón ó forno con patacas e allos tenros

Ir á receita en castelán A receita de hoxe é con un dos peixes mais versátiles na nosa cociña. 2 supremas (xenerosas) de salmón  Patacas de guarnición Allos tenros Aceite Sal Xa vedes que con tres ingredientes, imos a facer un apetitoso prato. Está claro que para levar un atractivo prato a nosa mesa, non hai que complicarse moito. Pedimos na peixería que nos fagan dous filetes bos e que lle quiten a espiña central. As mais pequenas e a pel xa llas quitamos nos na casa. Lavamos, secamos e reservamos. Poñemos as patacas, peladas e pinchadas, uns dez minutos no microondas e na metade do tempo, dámoslle a volta. Cortamos os allos tenros en xuliana. Poñemos o forno a prequecer a 185ª Untamos unha bandexa de forno con aceite e poñemos as supremas de salmón, as patacas e os allos tenros repartidos. Salgamos e regamos cun fío de aceite. Levamos ó forno e deixamos que se faga entre 15 ou 20 minutos a 185º. O tempo vai a depender que como vos guste mais ou menos pasado.