Ir al contenido principal

Queixo Camembert frito con marmelada de frambuesa

Imos a facer un queixo cremoso con unha das mermeladas que mellor convina, a de frambuesas.
Necesitaremos:
1 caixa de Camembert en porcións
Marmelada de frambuesas
Fariña, pan relado, ovo e aceite

Moi sinxelo, pasamos as porcións do queixo por fariña, ovo e pan relado. Reservamos.
A marmelada imos a glaseala, para elo nun cazo pequeno votamos unhas 6 ou 7 culleradas de marmelada, engadimos 2 culleradas de auga e unhas 3 culleradas de azucre. Deixamos facer no lume, remexendo, uns oito minutos aproximadamente.
Con esta marmelada glaseada salseamos o fondo do prato de servizo. Fritimos o queixo rebozado.
Poñémolo no prato de servizo, e salseamos por riba co resto da marmelada.
O conxunto de sabores e boísimo.