Este último sábado fixemos a penúltima etapa do Camiño. As previsións climatolóxica eran máis que malas, eran pésimas; de feito na chegada a Sta. Irene o comité de recepción foi unha tremenda cortina de auga.
Sen embargo a mañá foi amiga e deixounos camiñar sen auga. Comentei con algúns dos camiñantes a sorpresa que foi atopar unha fermosa etapa, cando a idea que levaba era, pola proximidade de Santiago, de unha etapa case que asfáltica. E a opinión era dominante.
O paso polo concello de O Pino atravesamos un bosque realmente fermoso, eucaliptos (sen máis comentarios) case que sen fin, carballos de caprichosas formas. Non o falei no seu momento ca xente que ía, máis agora que ninguén me escoita, pareceume un pouco máxico, sentindo unha sensación estraña, unha sensación que se me antollaba de moito sosego. Despois de mirar as fotos aínda se me acentuou máis esa sensación; non me fagades moito caso, podería ser un bosque animado:
"- Buenos días amigos- dijo Roble con voz potente. Me alegro de saludarles a todos de nuevo y no lamentar ninguna baja en estos tiempos que corremos. Sabemos que estos últimos fines de semana han sido especialmente peligrosos para muchos de nosotros, el verano y el buen tiempo han hecho que nos visite mucha gente queriendo pasar días enteros entre nosotros. No olvidamos que nos han hecho compañía, nos han entretenido y hasta divertido, pero a pesar de ello siempre hay incidentes que contar y ojalá se subsanen cuanto antes. Propongo que en esta reunión hagamos algo más que contar nuestras vivencias negativas o quejas, hagamos que de una vez por todas nos escuchen y entiendan que también nosotros tenemos derechos. Mi intención es hacer llegar al alcalde una lista con nuestras observaciones y quejas para sentirnos menos indefensos.
- ¡Eso, eso!- gritaron todos al unísono".
Para despois do xantar, deixamos 4 kms e menos mal que soamente eran 4, xa que toda a auga do mundo descargou por riba de nos. Cando chegamos a O Monte do Gozo estabamos para poñernos a escorregar.
A pesares de todo o día foi moi bo, coma todos os do Camiño. Para o mes que ben soamente nos quedan 4 kms para chegar a Santiago, máis iso será outra historia.