Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2010

Terrina de 3 queixos e froitos secos

Xa empezamos a estar cada vez máis preto do nadal, xa casi que se nos cae enriba, entón hai que empezar a probar cousas que nos poidan servir para as datas. O domingo puxen a xuízo unha terrina de queixos, da que sinto non poder poñer foto da terrina tal como sae da neveira, pero algo quedou para unhas lonchas. Imos necesitar: 100 grs de queixo brie 100 grs de queixo azul ou roquefort 100 grs de queixo de cabra de rulo 150 grs de manteiga salgada 80 grs de froitos secos (améndoas, abelás, noces, pistachos) Machacar os froitos secos de forma groseira. Poñer a abrandar a manteiga en porcións de 50 grs. Quitar as codias dos queixos e misturar cada un deles con unha porción de manteiga, ata conseguir unha mistura ben homoxénea. Forramos o interior dun molde con film poñemos unha capa de un dos queixos, espolvoreamos cos froitos secos e engadimos outra capa de outro queixo, capa de froitos secos, capa do terceiro queixo e rematamos con froitos secos. Envolvemos ben co film e

De Castañeda a Santa Irene

Este sábado cumprimos unha etapa máis do Camiño, xa estamos preto da meta, soamente 21 quilómetros. As previsións de chuvia era realmente malas, máis foi respetuosa cos camiñantes e non fixo aparición. O que si nos acompañou toda a mañá foi a néboa e unha humidade moi alta. É unha etapa moi agradable de facer, pois non toca o asfalto. E un percorrido entre castiñeiros e carballos, amén de eucaliptos sempre omnipresentes. As cores ocres do outono empezan a facer acto de presenza, máis, por mor do cambio climático que padecemos (igual os soa algún negacionista agora metido a todo o contrario e contratado por unha petroleira) o cambio estacional aínda nos se atopa en todo o seu esplendor, máis asoma de maneira imparable. Non foi unha xornada espléndida para a fotografía, pero fíxose o que se pudo. As estas alturas do ano xa empezan a baixar o nivel de peregrinos, pero aínda se atopa con quen botar unha parrafada. 

Crema de cabaza

Xa que estamos a piques de celebrar o Samaín, que non "jalogüen" que proven do Saman irlandés, pero esa é outra historia, imos a usar a cabaza; pero non para facerlle uns buratos e poñer un unha vela dentro, se non para comela. Necesitaremos: 1/2 litro de caldo de verduras 2 porros medianos 2 patacas 1/2 quilo de cabaza Aceite, pementa e sal Limpamos e picamos todos os ingredientes, as patacas e a cabaza en dados e o porro en aros. Nunha cazola poñemos aceite a quecer. Botamos o porro e deixámolo refogar sen que chegue a coller cor. Engadimos as patacas e refogamos uns minutos, botamos a cabaza e misturamos, sazonamos e moemos pementa negra. Engadimos o caldo de verduras e deixamos facer a lume lento entre 25 e 30 minutos. Retiramos do lume, pasamos pola turmix e deseguido polo chino para evitar as posibles hebras que queden. Debe de quedar unha crema suave e sedosa. Presentaremos con uns picatostes e uns fíos de aceite de oliva virxe ou nata. 

Papillote de bacallau

Nesta nova tempada, na que entramos xa de cheo, vou a traballar un pouco máis o bacallau; sen saír da tradición imos a ver si somos capaces de presentalo de algún xeito distinto. Temos moito tempo para ilo vendo. Hoxe farémolo de un xeito moi sinxelo e rápido. Imos a necesitar: 4 lombos de bacallau desalado (200 grs aprox.) Uns pistilos de azafrán 2 copas de viño semidulce Perexil picado groso 100 grs de manteiga 3 ceboletas frescas Pementa Prendemos o forno a 250 º. Poñemos o viño nunha cunca, engadimos o azafrán e deixamos infusionar un pedazo. Cortamos 4 pedazos de papel sulfurizado (papel de forno) de tamaño suficiente que se poida dobrar e facer unha bolsa co bacallau dentro. Repártese o perexil nos catro papeis, poñemos por riba os pedazos de bacallao, a manteiga en dados por riba do bacallao e votámoslle pementa. Cortamos as ceboletas en plumas e poñemos por riba regamos co viño infusionado e pechamos os paquetes de maneira que non saia o vapor para afora. Se que

Escalibada

Estamos diante un prato claramente mediterraneo. Non sei si o que eu fixen está dentro dos canons puristas, pero é o que hai. 2 berenxenas 4 tomates 2 pementos vermellos 2 cebolas Aceite, vinagre de xerez e sal Maldon Ásanse no forno a 200º C, as berenxenas, os pementos, as cebolas e os tomates (todo cortado en rodelas salvo os pementos). Os pementos ásanse enteiros, pélanse e córtanse en tiras, vanse poñendo as verduras en liña nunha bandexa de servicio, alíñanse con aceite, vinagre e sal. Sérvese fría. O ser unha ensalada fría, podémola acompañar de uns langostinos. Poño foto con eles e sen eles. A proporción que uso de aceite e vinagre, é de 3 a 1. Un aforro de tempo: existen no mercado uns pementos do Bierzo que quitan o sentido. Xa veredes  

Marmitako

Non sei si é a receita máis fiel do marmitako, pero é a que eu fago e penso que leva os elementos esenciais. Xa sei que a tempada do bonito está a rematar, pero foi quedando atrasada e agora a recupero. Ingredentes: 500 grs de bonito 1 cebola 2 pementos verdes 2 dentes de allo 1 quilo de patacas 2 pementos chouriceiros 1 porro Pirixel, aceite e sal Preparamos o bonito e tacos, despoxándoo de peles e espiñas. Con estas e máis o porro facemos un caldo. Refogamos a cebola picada ben miuda, o pemento e o allo. Engadimos as patacas escachadas en anacos e refogamos. Incorporamos a carne dos pementos chouriceiros e engadimos o caldo ata cubrir as patacas. Salgar. Incorporar o bonito en tacos xunto co pirixel, dar unha volta e retirar do lume e deixar repousar 5 minutos; o bonito farase ca calor residual. Se como facemos nos, tedes que deixar o xantar arranxado para o día seguinte, facede todo o proceso agás a incorporación do bonito, que se fará no momento de xantar e non q

Terrina de verduras e pescado

  Imos con unha receita non moi difícil, pero si de paciencia. Esta terrina ten dous puntos críticos importantes;  o primeiro escorregar ven a auga dos vexetais. Hai que escaldalos e pasalos por auga fría para que conserven a súa cor, que perdan toda a auga é un paso importante para a consecución final do prato; segundo, preocuparse pola sal, con tanta auga é posible que queden sen sal. Unha vez aclarado os temas imos a necesitar para un molde de litro e medio:   500 grs de pescada limpa 3 ovos 200 ml de crema de leite espesa 300 grs de brócoli 150 grs de cenoria relada 150 grs de follas de espinacas baby 4 porros do longo do molde 250 grs de setas variadas Escaldamos por separado o brócoli, a cenoria e as espinacas uns tres minutos, escorregamos pasamos por auga fría e reservamos. Fervemos os porros 10 minutos. Pasar por auga fría e reservar. Nunha cunca misturamos a pescada desmiuzada, a crema de leite e os ovos previamente batidos. Salpimentamos. No molde poñemos unha capa de bróc

Espirais de masa follada con xamón y queixo

Para unha merenda con nenos ou con non tan nenos. 1 lámina de masa follada Xamón cocido Queixo en lonchas 1 ovo Ourego Estirar a masa, poñer o xamón e o queixo encima. Enrolar . Cortar en rodajas de 1 cm. e poñer nunha bandexa para forno. Pintar co ovo batido y esparexer con ourego. Meter no forno prequentado a 180º durante 15 minutos, ata que estean dourados.

Milfollas de pementos patacas e ovos

Sábado día con tempo para facer algo na cociña. Vamos a traballar algo moi sinxelo con patacas e ovos. As medias dos ingredientes faranas o número de comensais. Patacas Cebola Ovos Pemento roxo Pemento amarelo Sal maldon Aceite Untamos os pementos en aceite e asámolos no forno segundo usos e costumes. Deixámolos arrefriar tapados para que a tarefa de pelado sexa máis doada. Cortamos en tiras e misturamos co zume do asado. O mesmo tempo imos facendo unhas patacas panadeira ca súa cebola e deixándoas a lume moderado para que case se confiten. O final podémoslle arrear un golpe de lume forte, para que collan unha cor dourada. Fritimos os ovos e procedemos a montar o milfollas. Con un molde poñemos unha capa de patacas, capa de pementos, capa de patacas e o ovo. En cada capa salgamos con sal maldon. Espectacular de sabor.                                                                                         

Torrada de Xamón con Torta del Casar

Outro petisco rápido e fácil. Torradas de pan Xamín ibérico Torta del Casar Coma sempre torrada frita ou o forno (xa sabedes calorías), xamón e Torta del Casar por riba. Meter no forno ata que teña consistencia crema. Non deixar arrefriar e a disfrutalo.

Torrada de lacón, pemento do piquillo confitado e maionesa

Marchando outro petisco. Cando axa lacón cocido, podese aproveitar para facelo. Torradas de pan Lacón cocido Pementos do piquillo Maionesa Aceite e zucre O pan coma sempre, queredes calorías pois frito, con menos calorías no forno a 200º 5-6 minutos. Cortamos os pementos en tiras finas salteámolos con un pouco de aceite e engadímoslle un par de culleradas de zucre. Montamos o lacón sobre a torrada, os pementos e unha raia de maionesa. A disfrutalo.

Purrusalda

Por estas datas, máis ou menos, arranquei con esta aventura do blog e doume conta de que non puxen ningunha receita de culler. Como estamos a chegar a un tempo que xa empezan a apetecer imos aló con ela. Empezarei con unha purrusalda. Para un litro de caldo necesitaremos: 1 cebola 2 cenaorias 3 porros xeitoso 3 boas patacas 1 litro de caldo (vexetal ou de carne, ao gusto) Aceite e sal Picamos a cebola e poñémola a pochar a lume moderado. Mentras picamos as cenorias en dados, as patacas en cadrados e os porros en anacos de uns 3 cms. Cando a cebola está no seu punto, sen que chegue a dourar, engadimos o resto dos ingredientes, refogamos e cubrimos co caldo elixido. Sazonamos e deixamos facer uns 30 minutos. Si é do gusto, minutos antes de rematar, pódeselle engadir un pouco de bacallau desmigado. A disfrutalo na mesa. 

Santola recheada

Dende hai algún tempo levo con ganas de publicar algunhas receitas que trouxen fai un par de anos de unhas vacacións no Algarve. Agrádanos cociña portuguesa, sempre que podemos dámonos unha pequena escapada ata alí. 4 bois pequenos acabados de cocer Zume de medio limón 25 grs de cebola picada 2 culleradas de aceite 1 culleriña de tomiño seco 2 culleradas de perexil picado 150 ml de maionesa 1-2 culleradas de mostaza Sal e pan relado Procedemos da seguinte maneira: Arrancamos as patas dos bois e sacámoslle a carne, separamos o corpo do cacho, e arrincamos as placas fixadas a o abdome e a tripa do boi. Con moita paciencia sacarlle a carne, tendo moito coidado de que non vallas pedazos de cartilaxe. Desfacer a carne e mesturar co zume de limón. Cas mans recortar o cacho e lavalo. Fritir a cebola ata que estea pochada, engadir a carne dos bois, o tomiño e o perexil, dar unha voltas e retirar do lume. Mesturar a maionesa e a mostaza, debe presentar unha consistencia suave e

Inauguración Festival de Cine de Ourense

Onte a noite, no Auditorium de Ourense, tivo lugar a inauguración do Festival de Cine da nosa Cidade (OURENSE). A película que se proxectou foi " 18 comidas " de Jorge Coria, ca presencia de Luis Tosar, actor case que imprescindible dentro do cine nacional, en película que se precie e queira ter transcendencia. A máis do director e elenco de actores, os políticos de turno, personaxillos varios a saír na foto e o resto dos mortais que tivemos a fortuna (ou un bo amigo) de conseguir unha invitación. Foi toda unha primicia ver a Luis Tosar no escenario enganchado a unha guitarra e cantando a canción da película, acompañado de compositor. Fixérono dignamente. A película gustoume.