Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2011

Puding de castañas con prebe de chocolate (Paradores Nacionales)

Ir a receita en castelán Como vedes sigo ca teima das receitas de outono dos Paradores Nacionales. Neste caso trátase de unha sobremesa de castañas, máis de outono imposible, do Parador de Monforte de Lemos. Teño que dicir que foi tanto o meu enfado cando pelaba as castañas, que a piques estiben de deixalo. Alégrome de non facelo, pois é unha sobremesa, que si me permitides a licencia, levas un pedazo de sabores e cores do outono a boca. Imos a precisar: 250 grs de castañas peladas 250 ml de tona 250 ml de leite 1 sobre de te negro (eu non o usei) 2 ovos 100 grs de azucre 75 grs de cchocolate de cobertura 250 ml de leite (para o prebe de chocolate) Poñemos a cocer as castañas peladas ca nata e o leite (se ides a usar o te negro este é o momento de poñer a bolsiña). Unha vez cocidas, sacar a bolsa do te e triturar. Mesturar cos ovos e o azucre. Eu en lugar de facelo nun so molde, fíxeno en flaneras individuais (saíron cinco de boa ración cas medidas). Vertese a mes

Arroz cremoso con chipirós e verduriñas

Ir a receita en castelán Imos con outra receita de menú de outono dos Paradores Nacionales, do Parador de de Santo Estevo. Neste caso de arroz, xa sabedes a miña debilidade polo arroz, paréceme un dos mellores alimentos, amén da fame que quitou no mundo. Para este prato imos a procurar para 4 persoas: Aceite de oliva virxe extra 150 grs de cebola 1 dente de allo 150 grs de pemento vermello 200 grs de setas de tempada (eu usei "champis" 200 grs de chipirós 300 grs de arroz Caldo de verduras Queixo de Tetilla. Refogar en aceite a cebola picada, o allo e o pemento cortado finamente. Engadir as setas, refogar e engadir os chipirós e o arroz, saltear. Mollar co caldo de verduras, remover continuamente y terminar co queixo de tetilla que lle dará unha textura cremosa. Rectificar de sal. Un arroz para invitar.

Piquillos recheos de brandada de bacallau (Paradores Nacionales)

Ir a receita en castelán Esta receita é do menú de outono do Parador de Verín. Penso que Paradores Nacionales teñen unha cociña fantástica, con un gran compromiso co tradicional do lugar onde están ubicados. Pero ben imos co que nos interesa e cos seus ingredientes. 5 pementos do piquillo para o prebe Piquillos necesarios para encher 200 ml de nata Sal e pementa 600 grs de bacallau 1 dente de allo 1/2 cebola 150 ml de nata 2 patacas cocidas Aceite de oliva. Nunha tixola poñemos os pementos picados, a nata, a sal e a pementa. Cando ferva retiramos e pasamos polo "turmix" e reservamos. Para a brandada de bacallau refogamos no aceite o allo e a cebola ben picados. Incorporamos o bacallau desmigado. Facemos uns minutos e incorporamos a nata e as patacas en anacos. Non o imos a triturar, chafámola cun garfo para notar bocado. Enchemos os pementos e acompañamos co prebe reservado. Podémolos presentar tamén en tostas. Probalo merece a pena. 

Xuntanza de blogueiros

Soamente dúas liñas para comentar a xuntanza, que onte fixemos en Santiago, un pequeno grupo de amigos dos nosos fogóns e tamén da boa mesa. E digo o de amigos por que creo que realmente é así. Si xa había unha pequena complicidade ca xente de máis "roce virtual", agora que xa nos vimos as nosas caras penso que se reforza. Foi unha auténtica "cita a cegas". Despois de andar deambulando, a hora de cita pola máis bonita praza do mundo, a do Obradoiro, e de pensar "aqueles deben de ser da xuntanza, andan igual de perdidos ca min" e unha vez que nos fumos acercando uns os outros, a conversa tornouse coma a dos que se encontran despois de estar sen verse durante certo tempo. Quero agradecervos a todos a estupenda noite que pasei. Dádevos todos por citados, eu non vou a citarvos, porque seguro que me esquezo de algún e non quero. Quero facer tamén mención do GARUM BISTRO , sito onde ceamos realmente ben, lugar pequeno pero moi acolledor e un estupendo xefe d

Milfollas de verduras e prebe de tomate

Ir a receita en castelán Hoxe imos a deixar de lado a carne e o peixe e imos con un prato vexetariano. Úsanse para este prato os seguintes ingredientes: 1 calabacín 1 berenxena 2 ceboletas Láminas de queixo Prebe de tomate Aceite e sal Maos a obra. Cortamos as verduras en rodelas de medio centímetro. Salgamos, enfariñamos e fritimos en abundante aceite. Pasamos as frituras a papel absorvente para escorregar o exceso de aceite. Utilizando moldes redondos montando o milfollas con capa de verdura, queixo e prebe de tomate, ata completar o molde. Finalizamos sempre con queixo. Gratinamos no forno ata que estea dourado. Retirar os molde e servir. Un delicioso prato para este outono que tarda en chegar, pero que xa está moi próximo.

O día de Valencia

Hai un tempo que lle fíxemos unha encerrona a Lola (da nosa familia de Valencia da que xa vos teño falado), a que nos tiña que facer unha paella en Rivela para todos. Non houbo dúbida, aceptou o reto no mesmo momento. Eu non esperaba outra cousa, pois é unha gran cociñeira. É unha pena que non nos faga participes do seu bo facer nun blog, o meu estómago sabe ben do que falo. Pois o día chegou. O pasado sábado, día 8, foi o día escollido. por fin a data era a adecuada para todo o mundo. Púxose maos a obra e o que saíu da súas maos foi algo excepcional. Non é que a queira ben, pero era a mellor paella (nos facemos arroces) que levo tomado. Polo, "ferraura" (xudías verdes), "garrofo" (faba branca e plana),tomate, pementón, romeiro e arroz. A "tormenta" perfecta. Pero Lola non se conformou soamente ca paella, para completar un estupendo xantar preparounos de primeiro "esgarrat", pemento roxo, berenxena, allo, ovo cocido e bacallau. Unha delicia,

De Andaina por San Andrés de Teixido

O pasado día 24 de setembro estivemos por San Andrés de Teixido, para chegar dende alí ata o Cabo de Ortegal. Non me resisto a non poñer aquí as fotos dos acantilados que están presentes durante case todo o recorrido. Estamos a falar de ir a unha zona onde veremos os acantilados máis altos da Europa continental. A vista do Cabo de Estaca de Bares con Cariño debaixo nosa é impagable. Soamente un defecto, é un auténtico rompe pernas. Estás durante os vinte pico quilómetros subindo e baixando. A baixada (andando) a San Andrés é de premio e a continuación a subida a cima dos acantilados é de primeira especial. Pero non vos asustedes faixe ben. Recomendo a visita a zona, eu é polo menos a cuarta ou quinta vez que vou, e cando se me presente outra ocasión, non deixarei de ir. Ademais xa sabedes, "vai de morto o que non foi de vivo". 

Brocheta de tomate e mozzarella

Aínda que resulte repetitivo segue un tempo anormal, polo tanto imos a seguir con cousas fáciles, rápidas e frescas. Coma sempre neste tipo de receitas, dou os ingredientes sen cantidades. Entón ei vai. Tomates Mini-Kumatos Queixo mozzarella Olivas recheas de pemento Alfábega (albahaca) Aceite, sal Madón e vinagre de Módena Moi sinxelo, escorregamos as bolas de queixo e cortamos o longo e en tiras para facer uns tacos. Lavamos e partimos os tomates pola metade. Nunha brocheta de madeira ensartamos unha metade de tomate, taco de queixo, outra metade, oliva e repetimos outra de tomate e queixo. Picamos a alfábega e facemos unha vinagreta, a miña proporción é de tres a un. Poñemos as brochetas nun prato de servizo, salgamos, botamos a alfábega picada e a vinagreta. Moi bo conxunto de sabores.

Espárragos con queixo e xamón

E veña queixo. Outra receita con queixo (grande alimento entre os alimentos) gústanme todos é o bo deste produto é que viaxes a onde viaxes, sempre hai un queixo da zona. É difícil dicir este mellor que este, son distintos (polo menos para min). Para este ¿petisco ou primeiro prato? imos a necesitar o seguinte: 1 bote de espárragos verdes (delgados) 1 bola de Mozzarella 4 lonchas de xamón Con estas medidas saen catro porcións. Os espárragos poden ser crus, pero entón hai que precociñalos antes. Escorregamos ben a bola de Mozzarella e partimos en catro lonchas. Estiramos as lonchas de xamón, poñemos un pedazo de queixo e tres espárragos por riba. Pechamos envolvendo co xamón. Dámoslle unha pasada pola tixola para que colla cor, tendo coidado que non se desfaga. Como vedes estou que o tiro can receitas complicadas. Conxunto de sabores moi interesante.

Rolo de xamón e queixo

Nestes días que andei de lecer, fixen algúns petiscos que tiña apartados e en espera, quecendo no forno. Son sinxelos e con ingredientes do máis común, ireinos a poñendo non seguintes días, coma relaxación de fin de lecer. Neste primeiro usaremos os seguintes ingredientes, que cada quen mesturará na medida do seu gusto: Xamón serrano Queixo azul Queixo Philadelphia Fariña Ovo Pan relado Aceite O xamón serrano deberá de estar en lonchas finas ven cortadas. Faremos a mestura dos queixos ata conseguir unha crema untuosa (os queixos elíxense os do nosos gusto). Agora imos co "difícil", ca loncha do xamón estirada poñemos unha porción de mestura de queixos. Enrolamos e pasamos por fariña, ovo e pan relado. Fritimos en aceite ata conseguir unha bonita cor. Un petisco con fundamento.

A Taberna do Varadoiro

Hoxe quero comenzar un novo apartado por se pode servir de orientación para alguén que ande buscando onde xantar. Evidentemente a miña opinión é miña, e por sorte, e en aras da diversidade non coincidirá cas de outras persoas, pero está aí e direi o que penso. Comenzaremos este novo capítulo, con un restaurante de Portonovo, A Taberna do Varadoiro . Tal como falei co dono, non é o mesmo desfrutar del neste mes de setembro, que no mes de xullo ou agosto, a pesares de que a calidade mantense, hai máis presas. Para min é moi importante o primeiro contacto co persoal que te vai a atender, neste caso xa se vía que sería moi bo. Atención a empregada que atende as mesas, un luxo, coñecedora da carta, do produto, de como está feito. É unha gran vendedora e inda por riba agradable. Podemos falar de produto de primeira calidade, ven presentado e moi ben traballado na cociña. Cociña tradicional traballada con cariño, isto é algo que se transmite o prato. Completa o cadro unha ac