Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2018

Estofado de carne con pasta

Ir á receita en castelán Estame empezando a entrar afección por estas coccións lentas. As texturas das carnes son espectaculares. 900 grs de carne para guisar 1 cebola 1 cenoria 1 dente de allo Chicharros (opcional) Fariña 100 grs sofrito de tomate 1 vaso de viño branco 2 culler pequenas de mostaza 1/2 caciño de caldo de carne Knor Sal Pementa negra  Aceite De momento levo probado con carrilleiras, xarrete, codillos, costela de porco en carnes e unhas sardiñas en aceite. Teño que dicir que todas as preparacións saíron moi ben, cunhas texturas impresionantes. Cortamos , ou o pedimos na carnicería, en anacos  xenerosos a carne. Picamos a cebola e o allo e cortamos en rodelas a cenoria. Nunha bolsa, de plástico, botamos fariña, sal e pementa negra. Metemos os anacos de carne e movemos para que se enfariñen. Pasamos a un coador e sacudimos o exceso de fariña. Poñemos un fondo de aceite nunha cazola e pasamos a carne ata que colla cor. Retiramos e reservam

Salmonetes guisados e ameixas

Ir á receita en castelán Vimos de estar ó lado do mar e seguimos con el na mesa, cunha receita de festa. 3 salmonetes 400 grs de ameixas 6 dentes de allo 3 ramas de pirixel 1 cazo de caldo de peixe Knor 50 grs de sofrito de tomate 1 vaso pequeno de viño branco 2 ceboletas Fariña Aceite de oliva Sal O salmonete de roca é un peixe de carne moi apreciada, con un bo sabor e carne compacta. Nada por augas do Mediterráneo e Océano Atlántico e o seu prezo é medio alto. Dunha bonita cor encarnada, que se debe a que lle quitan as escamas nada mais pescalo. Pedimos na peixería que os separen filetes e que nos poñan as cabezas e espiñas. Poñemos as ameixas en auga con sal (60 grs de sal por litro de auga) un par de horas, para que boten as areas. Nunha cazola, cun fondo de aceite, sofritimos as cabezas e espiñas do peixe. Mentres nun morteiro, facemos un adobo con catro allos e o pirixel. Unha vez feito incorporamos, o adobo, as espiñas e cabezas na cazola. Damos unhas vo

Mini "burguer" de queixo de cabra e mexillón en conserva

Ir á receita en castelán Volvemos cas conservas e sobre todo a divertirnos facendo preparacións con elas. Mexillóns en escabeche en conserva Queixo de cabra (rulo) Tomate Cebola morada Xamón Vinagre de mazá Sal en escamas Pan As conservas, que son as nosas amigas, sempre nos van a dar moito xogo na nosa cociña. Con elas imos a preparar uns ricos aperitivos ou unha merenda cea para estas noites de verán. Neste caso imos a xuntar mexillón en escabeche cun rico queixo de cabra, que coido que lle fai un bo contrapunto ó mexillón. As proporcións quedan da vosa man, vos escolledes cal vai a ser o sabor dominante, Imos a darlle un toque crocante co xamón. Mesturamos os mexillóns co queixo, esmagando cun garfo e suavizando cun pouco de líquido da lata. Damos forma de mini hamburguesas e levamos á neveira para que colla corpo (o queixo volve a endurecer). Cortamos a cebola en plumas finas e poñemos nun bol, salgamos, botamos un golpe de vinagre e unha cullerada de a

Carme ó caldeiro en Crock Pot

Ir á receita en castelán Continuamos a probar as comidas na pota de cocción lenta. Neste caso trátase de unha preparación que non falta en ningunha festa ou romaría de Galiza. 1,600 de carne da falda con oso 4 ou cinco patacas grandes Unto (o tamaño de unha noz) Pementón agridoce de la Vera Aceite de oliva virxe Sal A Carne ó caldeiro é unha desas comidas que se fan soas. Pero neste caso ó ir nunha cocción lenta, apórtalle un plus de textura, que fai que a carne se desfaga. Grazas o meu amigo Víctor O Bandullo por orientarme nos tempos, xa é un veterano. Cortamos a carne en postas Pelamos as patacas e, se son moi grandes, cortamos pola metade. Colocamos as patacas no fondo da pota e por riba as postas da carne, o unto e salgamos. Cubrimos con auga e poñemos a pota de cocción lenta 8 horas en baixa . Retiramos os restos de unto, poñemos a carne e as patacas nunha fonte de servizo e para a mesa. Foltramos o caldo da cocción e gardamos para outras preparacións

Sardiñas en aceite con Crock Pot

Ir á receita en castelán Estoume a iniciar ca famosa pota que cociña en baixa temperatura. Levo feitas tres receitas e, de momento, os resultados foron mais que bos. Sardiñas (sen cabeza ni vísceras) Aceite Guindilla Sal Evidentemente estou a mirar receitas feitas, para ir controlando tempos, cantidades de líquidos, etc. Falando con bos amigos que a teñen e recopilando datos. Paréceme un cacharro sensacional para a cociña, que chegues a casa e atopes o xantar feito, en temperatura y con unha gran textura, non ten prezo. De momento esta é a terceira receita que fago, con anterioridade fixen carrilleiras e costela BBQ. Dicir que as dúas saíron fantásticas. Colocamos as sardiñas no fondo da pota. Sen poñer unhas encima de outras. Salgamos , cubrimos de aceite e engadimos a guindilla. Programamos a Crock Pot 1 hora en baixa + 1 hora función quecemento. Retiramos as sardiñas a un recipiente axeitado e cubrimos co aceite. Temos listas as sardiñas, para engadir a