Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2012

Ensalada de cogollos e endibias

Ir a receita en castelán Coma parece que o tempo se vai compoñendo un pouco, teremos que ir vendo de facer xa algunhas ensaladas. Esta que presento hoxe sería un primeiro prato moi completo, pois móvese con vexetais e peixe. Para ela necesitaríamos: Cogollos Endibias Anchoas Queixo crema de cabra Pemento roxo asado Bonito en aceite de oliva PARA A VINAGRETA Pemento roxo Cebolleta Olivas verdes Pepinillo Tomate Aceite de liva virxe Vinagre de Xerez Comenzamos facendo a vinagreta e para elo mesturamos o aceite e o vinagre, eu sempre a fago nunha proporción de tres culleradas de aceite e unha de vinagre. Batemos para emulsionar. Picamos finas todas as verduras, na cantidade e proporción que nos guste e incorporamos o aceite co vinagre. Partimos o medio os cogollos, cortándolle o troncho do final que amarga. Colocamos no prato de servizo. Separamos as mellores follas das endibias e pasámoslle un pano húmido. Non lavalas pois aumentaría o seu amargor. Como truco

Lombo de porco recheo o viño de Porto

Ira a receita en castelán Hoxe tócalle a vez a carne de porco, máis concretamente o lombo. Ímolo a encher para que non resulte unha peza tan seca. Cociñouse esta peza con un viño Porto Vintage do ano 2000 que so con cheiralo quitaba o sentido. Esta botella foi regalo doutro bo amigo da cociña Íñigo Atapuerca. Recomendo a visita a súa páxina do Facebook " Cocinando en mi día libre ". Nesta receita non fan falla cantidade nos ingredientes, van a ir en función do tamaño da peza de lombo, que a súa vez irá en consonancia co número de comensais. Precisamos: Lombo de porco nunha peza Xamón cocido Queixo en lonchas Ovos duros Pemento roxo asado Cebolas Viño de Porto Sal, pementa e aceite Caldo de carne (ou auga con un cazo Knorr de carne) Para comenzar cortamos a peza o longo (ou que no lo faga o carniceiro) sen chegar o fondo. Debe de quedar coma se dun libro se tratase. En cada corte imos metendo o xamón, o queixo, o pemento e o ovo en rodelas (ou o recheo que

A costa de Malpica

Dar co punteiro no centro da imaxe para visualizar. Onte houbo que levantarse cedo, pois tivemos andaina e era pola costa de Malpica. Despois de unhas dúas hora e media de viaxe, chegamos a Malpica e comenzamos un percorrido que nos ía levar ata a praia de Razo no Concello de Carballo. Andaina de gran impacto visual, na que pasamos, coma quen pasa unha folla dun libro, de un bosque de calquera punto do interior a, en poucos metros, un litoral realmente espectacular. Merece a pena perderse unha fin de semana pola zona. O listo que vos escribe, marchou sen batería ma maquina fotográfica. Visualmente, e sen desmerecer, unha das mellores andainas para a fotografía. Fixen pequenos vídeos co teléfono. A calidade é o que é, a miña recomendación e que o vexades en xanela pequena. 

Empanadillas de pisto con chourizo

Ir a receita en castelán Boas e calorosas tardes, aínda que parece que imos uns 15 grados para abaixo. Así andamos, véndovos unhas costas doridas, o sábado temos andaina pola Costa da Morte e dame a impresión que me vou a quedar na casa. Ben, aproveitando unha receita anterior fixen unhas empanadillas, e para elas imos a necesitar: 1 paquete de obleas La Cocinera 1 berenxena 1 cabaciña 1 pemento italiano vermello 1 pemento italiano verde 1 cenoria 1 cebola pequena 1 porro (a parte branca) 2 tomates pera relados 1 dente de allo   1 chourizo Touciño Sal, pementa negra e aceite. Para a confección do pisto remítovos a receita de " Pisto con ovo frito ". Xa vedes ata me aforro a descrición da receita. O que tedes a maiores e incorporarlle o pisto o chourizo sen pel e en anacos pequenos e uns anacos de touciño. Integrar todo. Aviso: antes de facer as empanadillas, escorregar ben a graxa do pisto. Con respecto a masa, vos mesm@s ou a facedes ou e

Tortilla de patacas exprés

Ir a receita en castelán Para os que leven presa, tortilla metade no microondas e metade tradicional. Imos a facer uso do que a tecnoloxía pon o noso alcance. Necesitaremos: 3 Patacas boas 5 ovos 1/2 cebola Aceite e sal Pelamos, lavamos e cortamos as patacas en rodelas finas. Botamos nun bol apto para microondas. Picamos a cebola fina e engadimos o bol das patacas. Salgamos, regamos cun pequeno chorro de aceite e damos unhas voltas. Poñemos no microondas e facemos a máxima potencia durante 3 minutos e medio, o remate damos unhas voltas as patacas e volvemos outro 3 minutos o microondas. Mentres batemos os ovos e engadímolos as patacas. Callamos a tortilla do xeito tradicional. A fermosa cor no é consecuencia de usar colorante, e polo uso de ovos da casa. Un resultado realmente estupendo.

Robaliza deitada sobre patacas panadeira

Ir a receita en castelán Coma primeiro comentario direi que non sei se o nome da receita é o correcto, pero a min gústame. O outro día de paso por un super, e sen intención de ir a peixería, houbo algo que me chamou a atención, eran unhas robalizas que pegaban saltos na exposición. Robalizas da ría a un prezo "alcanzábel". Díxenlle a miña dona que nos iamos a dar unha pequena homenaxe de quilo e medio en forma de peixe. Elementos para a homenaxe: 1 robaliza da ría 3 patacas boas 1cebola mediana 1 dente de allo Pimentón agridoce de La Vera Un chorro pequeno de vinagre de viño Aceite e sal Maldón O primeiro e pedir que nos limpen ben e nos abran a robaliza, traballo que nos aforramos. Lavar e secar, untar con unha brocha con aceite de oliva por dentro e por fora. Reservar. Cortamos as patacas para panadeira e a cebola en rodelas. Facemos en aceite e cando vemos no seu punto, pasamos a unha fonte de forno no que se vaia a facer a robaliza. Nunha tixola untada

Tres nun (Concurso de pinchos)

Establecemento : Atarazana Enderezo : Rúa Fornos, 11 Ourense Pincho : Tres nun Descrición no folleto : Cazoliña de atún fresco, espetada de carnes e pementos, boliños recheos de nata . Meu comentario : Orixinal opción, en realidade o pincho e un mini menú con primeiro, segundo e sobremesa. Bo no seu conxunto, a carne da espetada no seu punto. A única pega, o meu parecer, a cazoliña de atún estaba un pouco cargada de tomate, co cal o seu sabor invadía o conxunto.

Pincho Olume (Concurso de pinchos)

Establecemento : Olume Enderezo : Praza do Correxidor, 12 Praza de "Los Suaves" Ourense Pincho : Pincho Olume Descrición no folleto : Guacamole feito con pementos de Padrón, e polbiño macerado con allo, pirixel e limón, con brotes de leituga e con salsa especial Olume. Meu comentario : Bonita presentación do conxunto, pero non respondeu a espectativa. Non encontrei no polbo os sabores do aderezo, e o aspecto abrancazado non resultaba moi vistoso. Non me despertou ningunha reacción.

Perico de primavera (Concurso de pinchos)

Establecemento : Taberna do Perico Enderezo : Rúa da Unión, 2 Ourense Pincho : Perico de primavera Descrición no folleto : Tosta vexetal con gambas, zamburiñas e queixo. Meu comentario : Pincho ben equilibrado de sabores, suave e moi agradable o gusto. Non se abusa de ningún dos componentes sobre os outros, por poñer un pero o anterior, o mellor faltaba un poco máis de sabor a zamburiña. Algo moi persoal, sóbralle o millo.

Langostinos con abrigo

Ir a receita en castelán O habitual son as gambas a gabardina, pois ben eu fixen uns langostinos con abrigo. Tiña na casa un sobre de obleas para empanadillas e había que úsalo, entón busquei como facelo e fixen este petisco e uns cestiños que publicarei noutro día. Para abrigar este prato precisaremos: Langostinos frescos Obleas para empanadillas (usei La Cocinera) Aceite de oliva Para un paquete de obleas grandes saen 32 langostinos. Pelamos os langostinos, deixando a cabeza e a cola. Cortamos unha oblea polo medio e envolvemos o langostino pola parte pelada (a que ten frío). Pintamos con un pouco de ovo batido e fritimos en aceite de oliva ata que colla cor. Sacamos a unha fonte con papel absorvente e presentamos coma nos dite o noso parecer. Un petisco sinxelo e rápido de preparar.  

Tosta de solombo de tenreira (Concurso de pinchos)

Establecemento :O Doutor Enderezo : Rúa Alejandro Pedrosa, 92 O Vinteún, Ourense Pincho : Tosta de solombo de tenreira Descrición no folleto : Pan de pobo, queixo curado, solombo de tenreira galega, pemento de piquillo e aceite de oliva. Meu comentario : Nun dos comentarios anteriores doutro pincho poñía a pega de que o pan tiña que ser pan. Pois ben neste pincho que nos ocupa sen ser o elemento principal do pincho, e unha achega moi importante. Estamos outra vez diante do sinxelo, pero que o fai grande. Estamos ante unha boa rebanda de pan a que o queixo do pincho lle da certa cremosidade. A carne no seu punto e de unha textura e sabor excelentes, rematado cos piquillos. Preséntase o pincho cun pequeno bouquet de ensalada, que lle da un toque de frescura. Merece a pena o desprazamento e un agradable descubrimento do local. O mellor tamén axudou a terraza interior despois dun día de calor.

Pincho enxebre (Concurso de pinchos)

Onte saímos da rutina da zona de tapeo habitual para ir a probar os dos dous establecementos que participan na Ponte. Establecemento :Llovizna Novo Milenio Enderezo : Avda. de Santiago, 68 Ourense Pincho : Pincho enxebre Descrición no folleto : Pastel de marisco con crema de cabaza. Meu comentario : Penso que se podía traballar máis, non se lle notaba o sabor que desperta a palabra marisco. Buscaría outra forma de presentación máis atractiva, case parece que está tirado no prato. Se observades os bordes están recocidos e os poucos minutos grétase.  Para o meu gusto estaba presentado demasiado quente, cando posiblemente a temperatura ambiente sería o seu, ou fría para tapar os defectos. A crema de cabaza aceptable.

Pisto con ovo frito

Ir a receita en castelán Este prato é moi sinxelo, pero é deses sabores que levas na memoria. A pesares do ovo e non sendo demasiado ríxido, encaixa perfectamente co vexetariano (veganos absterse). Coma xa comentamos en outras ocasións a mestura de sabores que se produce ca oxidación da verduras, é un autentico milagre. Para 4 persoas necesitaremos (aprox): 1 berenxena 1 cabaciña 1 pemento italiano vermello 1 pemento italiano verde 1 cenoria 1 cebola pequena 1 porro (a parte branca) 2 tomates pera relados 1 dente de allo 4 ovos Aceite de oliva, sal e pementa Picamos fino o porro, a cebola e o dente de allo, poñemos nun pouco de aceite de oliva e imos pochando. O resto das verduras ímolas a picar non en anacos grandes, pero si que se encontren. Lavamos e picamos os pementos, engadimos a cazola. Pelamos e cortamos a cenoria en cubos, engadimos a cazola. Lavamos a cabaciña e cortamos en cubos, pelamos a berenxena e tamén cortamos en cubos, engadímolas o resto do

Mareliña (Concurso de Pinchos)

Establecemento : Marela Enderezo : Praza de "Los Suaves", 1 Ourense Pincho : Mareliño Descrición no folleto : Pantumaca, queixo Arzúa e chacina de vaca. Meu comentario : Eu son dos que penso que o tomate e o queixo naceron para estar casados toda a vida, sen posibilidade de divorcio. Como non abusan do tomate e o queixo é moi cremoso o resultado e moi bo. Leva unha lámina de chacina que completa a mestura sólida. Completa o pincho un fío de aceite e un pirixel picado que lle da un toque de cor. Eu teño unha máxima: do sinxelo sae o excelso. Non se pode perder.

Oasis (Concurso de Pinchos)

Establecemento :Acio Enderezo : Rúa dos Fornos, 1 Ourense Pincho : Oasis Descrición no folleto : Pincho vexetal de berenxena, cabaciña, pataca, espinacas, gambas, gulas, pementos verdes e vermellos, cebola, espárragos trigueiros, etc... Meu comentario : Pincho con unha boa presentación. Presentan as verduras, mesturadas coma un pisto por riba dunha tosta de pan, cuberto ca pataca sobre a que vai a gamba e as gulas. A tosta de pan é de paquete industrial, quítalle a categoría que merece o pincho. Penso que debería levar unha tosta feita da maneira tradicional. Incorporan uns piñóns que en principio faino moi agradable cando o estas comendo, mais cando rematas o sabor dominante na boca é o do piñón. O mellor debería de levar menos cantidade. De todos os xeitos moi recomendable.

Petisco do mar (Concurso Pinchos)

Segundo vaiamos saboreando os estupendos pinchos que nos teñen preparados os bares de Ourense, iranse publicando neste blog. Non os probaremos todos, pero aqueles que si terán reflexo nestas liñas. Farei un pequeno comentario de profano e as sensacións que me producen. Este é o primeiro de tres que tomamos onte, e o esquema será o mesmo para todos. Establecemento : O Souto Enderezo : Rúa dos Fornos, 12 Ourense Pincho : Petisco do mar Descrición no folleto : Torta con produtos do mar. Meu comentario : Pincho con dúas preparacións distintas, unha tibia e a outra fría: por unha banda uns espaguetis feitos con tinta de lura e uns anacos de lura frita por riba (eu poría as luras na súa tinta), a parte tibia e a outra parte do pincho unha tartaleta con anacos de produtos do mar (mexillón, polbo, langostino e pau de cangrexo) aderezados con prebe rosa. Agradable de sabor.  

Tosta de salmón, gulas e ovo de paspallás

Ir a receita en castelán Rápido e sinxelo. Acércovos un petisco moi saboroso para esta fin de semana. Home non é para operación "bikini" que xa está encima, ten as súas calorías, pero é o que lle da o sabor. Imos a procurar: Pan Gulas Salmón afumado Ovos de paspallás Allo Sal Maldón e aceite Xa vedes que non hai cantidades, o número de comensais e quen as dita. Cortamos o pan en rodelas e facemos no forno sen prequecer a 200º durante 5 ou 6 minutos. Sacamos o salmón do seu envase e deixámolo atempar. Facemos os ovos fritos e a continuación laminamos o allo e botámolo o aceite quente, sen deixar que se queime incorporamos as gulas. Damos unhas voltas e reservamos. Poñemos sobre cada rodela de pan, salmón por riba gulas e para rematar o ovo frito. Salgamos e presentamos. Ese sabor do aceite das gulas e do ovo frito, non ten prezo.

Ovos encapotados

Ir a receita en castelán Eu non sei se o nome correcto da receita é como o puxen ou si é doutro xeito. Na miña casa sempre se chamaron así e o recordo é de xantalos con patacas fritas e prebe de tomate. Non é complicado de facer, unicamente hai que ter paciencia pois é un prato que require de 3 preparacións: bechamel, os ovos fritos e a preparación final do prato. Un aviso para que a fotografía non leve a enganos, eu utilicei ovos de paspallás e o seu son ovos de galiña. Necesitaremos: PARA A BECHAMEL 1 litro de leite 100 grs de manteiga 100 grs de fariña Pementa branca Noz moscada Sal Ovos Fariña Ovo para rebozar Aceite e sal Fritimos os ovos e salgamos. Coido que cas indicacións que dou para 1 litro de bechamel, debería de dar para 6 ovos. Facemos unha bechamel coma se fora para facer croquetas, non quero presumir pero entendo que son as medidas perfectas. Votamos a manteiga nun cazo e así que estea derretida incorporamos a fariña de golpe. Cunhas varillas

Concurso de pinchos Ourense

Do día 3 ao 20 de maio celebrarase en Ourense o Concurso de Pinchos Primavera. A vista das edicións anteriores, anímovos a que vos acerquedes por Ourense, sempre é bo acercarse por Ourense e provincia, sempre é unha visita que da moito de si. Amén da capital, temos unha provincia cun dos románicos máis importantes do Estado, visigótico, mosteiros para quitar o hipo e unha gastronomia para non darlle respiro o estómago, e si a esta gastronomía lle engadimos calquera dos máis que bos viños, para soñar. Volvendo o que nos ocupa procurarei irvos tendo o corrente do que vaia "catando" e o lugar. Indícavos un enlace para información do Concurso de Pinchos Primavera , onde poderedes ver todo o que o rodea. Non vos arrepentiredes.