Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

Salpicón de navallas en conserva, mango e prebe de piquillos

Ir á receita en castelán De novo imos a preparar con conservas, un prato de acorde co verao que xa temos por riba. 1 lata de navallas en conserva Mango Ceboleta morada Pemento vermello Pemento verde 1 lima Ceboliño Pementos do piquillo Aceite de oliva virxe Sal De novo facemos algo con conservas, que para o tempo vacacional que se aproxima, son moi prácticas na nosa cociña. Neste caso usaremos unhas navallas en conserva, coma sempre, e de ser posible, usar unha conserva de calidade, o imos a notar no prato. Picamos , en cantidade necesaria, os pementos, o mango, a ceboleta e as navallas. Engadimos a pel da lima relada, un pouco ceboliño picado, mesturamos nun bol, salgamos e reservamos. Preparamos a vinagreta con zume da lima, un bo aceite de oliva virxe e líquido de goberno das navallas. A proporción: unha cullerada de zume de lima, unha cullerada de líquido de goberno das navallas e cinco de aceite de oliva virxe. Engadimos a vinagreta preparada as verduras

Pierini, o sándwich crocante

Ir á receita en castelán Este é o famoso sánwich do Harry's Bar de Venecia. Pan de molde artesán 150 grs de xamón cocido 150 grs de queixo para fundir 2 xemas de ovo cocidas 1 cullerada de prebe de mostaza 2 culleradas de prebe Perrins 1/2 guindilla 150 ml de tona líquida Manteiga O Pierini sírvese nun local de 40 metros cadrados, pero posiblemente son os 40 metros cadrados mais famosos do mundo: o Harry's Bar de Venecia, que se fixo famoso por inventar o carpaccio. Por ese pequeno local levan pasado, escritores, reis, actores, políticos e toda a alta sociedade. O sándwich recorda o "croque monsieur", pero un pouco mais sofisticado, dende a miña opinión. Poñemos , picados, o queixo, o xamón, as xemas, os dou prebes, a guindilla, sal e pementa no vaso do batedor. Engadimos unha pouca tona e empezamos a bater ata conseguir unha pasta, imos engadindo tona para lograr unha pasta untuosa. Untamos unha das caras de cada rebanada de pan e untamos, x

Marmitako de luras

Ir á receita en castelán Unha preparación que recorda ó bonito, pero que admite outros produtos. 4 luras medianas 1 tomate 2 dentes de allo 1 cebola 1/4 de pemento vermello 4 patacas grandes 1 anaco de guindilla 1 folla de loureiro 1 cullerada de polpa pemento choriceiro Caldo de peixe Viño branco Aceite de oliva Sal O marmitako é unha preparación eminentemente mariñeira. Ten as súa orixe nos mariñeiros vascos e cántabros, que facían, a bordo, esta preparación, de atún, pataca, pemento e cebola. Debe o seu nome ó utensilio que se usaba: a marmita. Como comentaba mais arriba, é un guiso con atún, pero seguindo os pasos da receita, tamén podemos darlle vida con outros produtos. Limpamos ben as luras e cortamos en aneles. Reservamos. Picamos a cebola, o pemento e laminamos o allo. Picamos tamén o tomate. Nunha cazola cun fondo de aceite, facemos a cebola, o pemento e os allos. Deixamos facer uns minutos e engadimos o tomate e o pemento choriceiro. Deixamos q