Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2015

Brocheta de zamburiña en prebe con touciño ibérico

Ir á receita en castelán Zamburiñas en prebe Touciño ibérico Tomiño Coma xa ven sendo costume, os mércores toca receita de conservas. A receita de hoxe non é apta para todos os estómagos, é para os valentes. A pesares que o touciño ibérico ten un gran sabor, coma diciamos non é para todos. Un consello, se o facedes usade os tacos de touciño un pouco máis pequenos que os da fotografía. Pois ben, a execución é moi sinxela. Abrimos e retiramos as zamburiñas da lata, reservando o prebe.   Cortamos o touciño en tacos e nunha brocheta, ensartamos un taco de touciño, unha zamburiña, taco de touciño e zamburiña.   Nunha tixola , cun fondo moi lixeiro de aceite, botamos un par de ramas de tomiño e a continuación poñemos as nosas brochetas, que faremos volta e volta.   Ó mesmo tempo quentamos o prebe reservado, tendo conta de que non se nos corte. Presentamos as brochetas, do xeito que máis vos guste, e regamos co prebe. Nin que dicir ten que temos q

Pasteliños de robaliza

Ir á receita en castelán 250 grs de robaliza 1/2 Cebola 1 Porro 1/2 cabaciña 50 ml de nata 2 ovos 3 culleradas de maionesa 1 cullerada de pepinillos picados 1 cullerada de mostaza á antiga 1 cullerada de vinagre de Jerez 1 cullerada de ceboliño picado Sal, pementa e aceite de oliva Coma xa vos teño contado en outras entradas deste blog, a robaliza é un dos meus peixes favoritos. Preparada en estes pasteliños resulta moi agradable, pois á suavidade que xa ten este peixe, engádese a da cabaciña, o da cebola e porro sofritidos e esa textura abizcoitada. Notas á receita: Dicirvos que o peso que indico da robaliza, xa é limpa de pel e espiñas. Na confección do prebe o uso do vinagre é opcional, do mesmo modo que podedes usar alcaparras (que non van na lista dos ingredientes). Cos ingredientes indicados saen uns seis pasteliños do tamaño dos da fotografía. Aclarados estes aspectos, comenzamos por picar a cebola e o porro para sofritilos nunha tixola con aceite,

Peituga de pavo en prebe de champiñóns

Ir á receita en castelán 450 grs de peituga de pavo 150 grs de champiñóns 1 Dente de allo 1 rama de romeiro 1 vaso de viño branco 1 vaso de caldo de polo 1/2 Cullerada de Maizena Aceite, sal e pementa Xa facía algún tempo que non tocaba a carne de pavo. Carne branca, boa e libre de graxas, como xa é sabido por todos vos. Para esta receita escollemos a peituga de pavo, que cortaremos ó longo, faremos tiras do tamaño dun solombo de porco e salpimentaremos. Nunha tixola con aceite douramos ben as tiras de peituga por todos os lados. Retiramos e reservamos. No mesmo aceite (retiramos un pouco se vedes que fose moito) procedemos a saltear os champiñóns que, previamente cortamos en cuartos. Engadimos o dente de allo fileteado e deixamos que se faga o conxunto un par de minutos. Pasado o tempo incorporamos a peituga reservada, a rama de romeiro e o vaso de viño branco. Deixamos que se evapore o alcohol e botamos ó conxunto o caldo de pollo. Deixamos que coza un

Xouba en aceite de oliva, sobre humus e galleta mariñeira

Ir á receita en castelán Xoubas en aceite de oliva Humus Galletas mariñeiras Pimentón agridoce de La Vera Hoxe volve a tocar receita con conservas. Coma sempre tratamos de que sexa o máis rápida e sinxela posible, coido que nesta cumprimos de maneira exacta cas premisas. A base deste pincho son Galletas Mariñeiras, unha galleta que se presta para soportar máis que ben, as humidades dos prebes ou aderezos que lle poñemos por riba. Estas galletas son de fabricación galega baixo a marca Daveiga . O nome de mariñeiras venlle dado por ser a solución de abastecemento para os barcos. Estas galletas tamén eran chamadas "Pan mariñeiro", "Pan de barco". Resulta evidente o de mariñeiras. Indo o noso pincho, collemos a galleta mariñeira e untamos sobre ela un pouco de humus, sobre o humus a nosa xouba (poñeremos dúas dependendo do tamaño), esparexemos un pouco de pimentón e regamos lixeiramente co propio aceite que trae a lata. Penso que máis sinxelo

Ovos a castelá

Ir á receita en castelán 8 ovos cocidos 200 grs de carne picada 100 grs de xamón 1 Cebola 1/2 cullerada de fariña 1/4 de cullerada de Pementón de La Vera 4 tomates Pirixel Aceite de oliva Sal e pementa A partires de hoxe, vou a tratar de publicar tres receitas á semana, os luns, mércores e venres. Estou seguro que haberá semanas que non serei capaz de cumprir, pero o reto está aí e pola miña parte está toda a vontade de facelo. A receita de hoxe é un clásico que se presenta de distintas maneiras e na que a farsa que se prepara, pode servir para outras preparacións, coma por exemplo unhas patacas recheas. Para arrancar a nosa receita, poñeremos os ovos a cocer. Ó rematar pasamos por auga fría para deter a cocción e reservamos. Mentres cocen os ovos, relamos os tomates, picamos o xamón e as cebolas. Nunha tixola botamos un fondo de aceite, no que pasaremos a carne picada xunto ca cebola, o xamón e salpimentamos. Faremos durante uns 10 minutos sen deixar de

Bocadiño de mexillón en escabeche con tomate e follas tenras

Ir á receita en castelán Boliños de pan Mexillóns en escabeche Brotes de ensalada Tomate rama Maionesa Sal Maldón Hoxe volvemos con outra receita da serie "Cociñar con conservas". Para esta receita imos a usar de novo o mexillón en escabeche, que tanto xogo nos vai a dar neste tipo de presentacións. Eu, na base, usei brotes de ensalada, pero estou a pensar que uns allos tenros cortados en xuliana e despois salteados, irían estupendamente como base de este pincho. De todos os xeitos, a idea é non usar o lume para que nos sexa máis doado. Pois moi sinxelo, a única preparación previa que ten o pincho, é pelar o tomate e cortalo en rodelas. Entón, na base do pan poñemos unhas follas de brotes, que salgamos con unhas escamas de sal (podemos darlle un lixeiro toque co aceite da lata), por riba vai a rodela de tomate, que tamén salgaremos, poñemos o mexillón e cubrimos lixeiramente cunha pouca maionesa. Para levar a nosa mesa, presentamos aber

Canelóns de peixe sapo, mexillóns e cogomelos

Ir á receita en castelán 12 láminas para canelóns 600 grs de peixe sapo 350 grs de mexillóns cocidos 400 grs de champiñóns Portovello Prebe de tomate 1 litro de leite 60 grs de manteiga 60 grs de fariña Pementa negra e branca Queixo parmesano relado Brandi Noz moscada e sal Hoxe imos cun prato de pasta, de canelóns para ser máis concreto. Uns canelóns con un recheo cun sabor de mar, ó que lle imos a dar un toque de terra cos champiñóns. Como poño nos ingredientes, eu usei champiñóns Portovello, pero usade os cogomelos que vos gusten. Xa sei que os canelóns é unha das preparacións de pasta que da un pouco máis de traballo, pero merecen a pena pois, normalmente, son do gusto de todos. Comenzamos por cocer a pasta atendendo as instrucións do fabricante. Cando estean feitas as placas de canelón, os poñemos entre dous panos de algodón para que solten a humidade. Salteamos os champiñóns nunha tixola cun fío de aceite, os 5 ou 6 minutos eliminamos o exceso de au

Bocadiño de xarda en conserva con cebola morada

Ir á receita en castelán 1 lata de xarda en conserva 1 boliño ou 1 mini baguette 1 Cebola morada Brotes de ensalada (opcional) Vinagre o que máis vos guste (Xerez, Mazá, Viño branco, Módena, etc) Sal Maldon Como podedes ver, volto as receitas con conservas. Pódovos asegurar que me divirto un montón con estas preparacións, ademais de ser algo apetecible por os comensais cando estas van á mesa. Eu vos animo a que usedes as nosas conservas e que o pasedes ben na cociña con elas. Na preparación de hoxe uso xarda en conserva, pero pode ser melva de igual maneira. Coma todas as preparacións anteriores, con conservas, vai a ser moi sinxela e de rápida execución. Cortamos a cebola en plumas (xuliana fina) e a aliñamos co vinagre escollido. Cortamos a peza de pan e na base poñemos unha pouca cebola aliñada, unhas follas de brotes de ensalada (opcional e se os poñemos salgamos) e xa por riba os lombos de xarda. Podemos tapar o conxunto ou presentalo aberto ca tapa

Frita de polbo

Ir á receita en castelán 800 grs de polbo cocido 2 cebolas medianas 1 pemento roxo 1 pemento verde 3 dentes de allo 5 ou 6 patacas 1 folla de loureiro Aceite Pementón agridoce de La Vera Sal e pementa Como xa vos contara días atrás, da nosa viaxe por Eivissa, trouxemos algunhas receitas da gastronomía da illa. Comentar outra vez que tampouco nos diferencia tanto, en canto a materia prima que utilizan, da nosa cociña. O polbo que tan presente está na nosa gastronomía, tamén ten o seu espazo na illa. Este é un prato que se preparaba nas casas onde había algún pescador submarinista e que agora non é difícil atopalo, nos bares da zona. Unha receita moi sinxela e que nos vai a levar un agradable sabor a nosa mesa. Evidentemente temos que partir de polbo cocido. Se non temos a ocasión de mercalo xa cocido, pois teredes que cocelo previamente. Pelamos, lavamos e cortamos as patacas en anacos, que iremos fritindo. Picamos a cebola e pasámola nunha cazola cun

Bocadiño de anchoa, tomate e mozzarella

Ir á receita en castelán Boliños Anchoas  Queixo mozzarella Follas de leituga Follas de alfábega Tomate rama Pesto Mahonesa Sal en escamas Collín marcha co tema das conservas e hoxe imos a facer unha con anchoas. Temos que aclarar que as anchoas non son unha conserva exactamente, entra dentro das denominadas semiconservas e por tanto, debemos de telas na neveira. Nesta receita formamos un trío, que seguramente naceron para ir xuntos pola vida: mozzarella, tomate e alfábega, que completaremos co contraste das anchoas. Moi sinxelo de execución, partimos os boliños polo medio e na base colocamos unhas follas de leituga, que con anterioridade pasamos polo aceite das anchoas. Cubrimos con unha rodela de tomate (salgamos ca sal en escamas), rodela de mozzarella, follas de alfábega e un par de anchoas. Salseamos con un prebe, que faremos a partes iguais de pesto e mahonesa. Podemos presentar cubrindo ca outra parte do boliño ou destapado ca cuberta ó lado