Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2017

Mexillóns guisados

  Ir á receita en castelán 2 quilos de mexillóns 1 lisco de touciño 4 patacas grandes 1 cenoria 1/4 de pemento roxo 1/4 de pemento verde 1 cebola 1 porro 2 tomates maduros 2 dentes de allo 1/2 vaso de viño branco 1 vaso de auga da cocción dos mexillóns Pementón de la Vera Sal e aceite de oliva Falar de O Grove é falar de peixe, de marisco e de mexillóns, entre outras moitas cousas que fan do lugar un auténtico destino de disfrute, relax e gastronómico. Entre as moitas preparacións que admite este produto, unha é o clásico guiso con patacas, que rezuma sabor polos catro costados. Cocemos os mexillóns. Eu non engado ningún líquido, deixo que se abran no que eles soltan. Segundo se van abrindo, imos retirando xa que, en caso contrario, si se pasa de cocción endurece e mingua. Retiramos das cunchas, escoamos o líquido e reservamos. Picamos as verduras, o tomate pelado e sen sementes. Picamos en tacos o touciño. Nunha cazola cun fondo de aceite, pochamos a l