Como estamos no tempo outra ensalada. Ben o do tempo para os que queirades calor, non é moi alá. Estou feliz con esta temperatura, paréceme ideal. Imos a deixar o tempo que non é do que se trata nesta entrada. Para esta ensalada atracaremos a despensa e levaremos estes ingredientes: 200 grs de arroz basmati (usade o que máis vos guste) 1/2 pemento vermello 1/2 pemento verde 1/2 cebola pequena 2 ovos 2 salchichas frankfurt Olivas negras o gusto Zume de limón Aceite e sal Cocemos o arroz en abundante auga, pasamos pola auga fría e deixamos escorregar. Facemos unha tortilla francesa, deixamos arrefriar e cortamos a cadrados. Picamos os pementos, a cebola e as salchichas en anacos pequenos. Nun bol mesturamos todos os ingredientes, salgamos e aliñamos co zume de limón e aceite de oliva. Sinxela, rápida e refrescante. Veña a por ela.
Aprendemos xuntos.