Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2015

Robaliza rechea de espinacas, mexillóns e gambas

Ir á receita en castelán 1 robaliza grande ou 2 de ración 8 gambas 8 mexillóns 2 chalotas Follas de espinacas baby Aceite de oliva virxe Sal e pementa Hoxe volvemos ó peixe, máis en concreto á robaliza, posiblemente xunto ca dourada, o peixe de mas rendemento. Imos a facer unha preparación sinxela e con un bo contraste de sabores. Coma sempre digo, se é posible, mellor, mercamos robaliza salvaxe, o prato vai a gañar en textura e sabor. No momento de mercar a robaliza, pedimos que no la limpen de espiñas e lle retiren a cabeza (opcional). Picamos as chalotas e pochamos nunha tixola cun pouco de aceite. Pelamos as gambas e abrimos os mexillóns do xeito habitual. CONSELLO : ó ser poucos mexillóns, posiblemente compense mercalos en lata ó natural. Hai bo produto enlatado. Abrimos a robaliza coma un libro, salpimentamos e untamos con aceite. Poñemos unha base de follas de espinacas, sobre estas a chalota pochada, os mexillóns e as gambas. Podemos pechar

Esqueixada

Ir á receita en castelán Bacallau esmigallado e desalgado Pemento roxo Pemento verde Tomates Cebola Olivas negras Aceite de oliva virxe extra Vinagre de Jerez Sal Despois de case que unha semana sen aparecer por o blogue, que non da cociña, volvo a aparecer. Despois de todos os excesos que, con toda seguridade, tod@s tivemos, hoxe imos a facer unha ensalada da gastronomía catalana. A esqueixada é unha ensalada onde o actor principal é o bacallau. Bacallau desalgado e en cru e que imos a combinar con unhas verduras frescas. Se a estes ingredientes lle engadíramos unhas legumes secas ou ovo cocido, estariamos a falar de "Empredat". Esmigallamos o bacallau cas mans. Cortamos os pementos na medida que máis nos guste. Retiramos as sementes do tomate e cortamos en anacos. Cortamos a cebola e plumas. Nun bol mesturamos todos os ingredientes, engadimos as olivas negras, salgamos (moi pouco) e aliñamos co aceite e o vinagre. Xa vedes que esta rica e

Ensalada de brotes, mango e xamón de pato

Ir á receita en castelán Brotes de ensalada Mango Xamón de pato Noces Aceite de oliva virxe extra Vinagre de Jerez Sal maldon Seguimos con ideas para o Nadal, pero co denominador común de que sexan saborosas, fáciles e asequibles. Hoxe imos a por unha ensalada na que a froita que usamos, vai a contrastar co xamón curado de pato. Facemos a vinagreta mesturando o aceite e o vinagre, nunha proporción de tres a un. Se non sodes moi amigos do vinagre, usade soamente 1/2 medida de vinagre ou un máis suave. Batemos para emulsionar. No prato de servizo poñemos unha base de brotes, salgamos e regamos con parte da vinagreta. Por riba dos brotes poñemos o mango cortado en láminas. Por riba do mango o xamón de pato (e bo que teñades o xamón de pato fora do frío, atempado gaña moito en sabor). Repartimos as noces groseiramente partidas, e rematamos regando co resto da vinagreta. Como podedes observar en poucos minutos, imos a ter unha ensalada de luxo para le

Pastel de brandada e gambón

Ir á receita en castelán 400 grs de bacalla u des a lgado 2 dentes de a ll o Lámina de masa follada Gamb ó ns P e mentón agridoce de La Vera Le it e quente Pirixel Noz moscada Aceite de oliva A opción de ho xe para o Nada l, pode ser algo máis que un petisco e formar parte de un primeiro. Imos a darlle entrada ó bacallau, produto de gran tradición na parte de Ourense que linda ca raia (fronteira con Portugal), onde nos menú s de Nadal era típico o pol bo e o bacallau con coliflor. Poñemos o forno a prequecer a 180º. Estiramos a lámi na de masa follada e formamos porcións cad radas. Pinchamos e poñemos no forno uns 15/20 minutos . Reservamos. Nun cazo con aceite douramos os allos laminados. Cando comenzan a tomar cor retiramo s e reservamos. Co mesmo aceite, a lume brando, engadimos o bacalla u (secado con pape l absor b ente) e deixamos facer uns tres minutos. Retiramos do lu me e deixamos que remate de facerse co calo r residual. Cando o bacall a

Chupito de queixo, pisto e migas

Ir á receita en castelán Requeixo Queixo de untar Pemento roxo Pemento verde Cebola Cabaciña Migas de pan duro Touciño Allo Aceite de oliva Pementa branca Noz moscada Sal Seguimos con cousas moi sinxelas, para o Nadal, e con produtos que case sempre andan pola nosa neveira e ó alcance de tod@s. Mesturaremos algo tan clásico como o pisto e as migas, cunha mestura de queixo e requeixo. Preparamos a crema de queixo, mesturando o requeixo e o queixo crema (farémolo na proporción que mas nos guste), engadimos un belisco de pementa negra e outro de noz moscada. Reservamos. Picamos as verduras en anacos pequenos, salteamos nunha tixola. Salpimentamos e deixamos ó dente. Cortamos o pan, o allo e o touciño tamén en anacos pequenos. Fritimos ata que estean dourados e pasamos a un papel de cociña. Enchemos os nosos chupitos cun fondo da crema de queixo, engadimos un pouco de pisto e por riba as migas. Podemos engadir un pouco de ceboliño. Como vedes máis sinxe

Peixe sapo en prebe con ameixas

Ir á receita en castelán 600 grs de peixe sapo 500 grs de ameixa roxa 1 cebola mediana 3 dentes de allo 1/2 vaso de viño branco Pementón agridoce de La Vera Caldo de peixe Espesante Aceite de oliva Sal e pementa branca Non cabe dúbida que aínda que no n queiras, o furacán do Nadal remata por pillarte. Vou a facer algunhas receitas que ben poderían servir para un menú de Nadal, pero que serán receitas moi sinxelas aunque , non por elo, menos saborosas. Para esta primeira receita tomo como base unha do Recetario de Abordo de Pereira, pero o remate da mesma e distinto. Podemos facer un esforzo e, na medida do posible, enriquecer este prato cunha ameixa de calidade. Poñemos , un par de horas, as ameixas en auga con sal (60 grs de sal por litro de auga). No momento de usalas pasamos por debaixo da b illa. Cortamos o peixe sapo en rodelas, salpimentamos, pasamos por fariña e fritimos polos dou lados para que colla cor (un par de minutos). Para o prebe pica

Miñas (vosas) croquetas de cocido

Ir á receita en castelán Restos de cocido 800 ml de leite enteira 200 ml de caldo do cocido 100 grs de manteiga 100 grs de fariña Pementón agridoce de La Vera 1/2 cebola Sal Pementa branca Noz moscada Cando facemos cocido, sempre sobra e temos varios xeitos de aproveitalo, volver a tomalo tal cual outra vez, en empanada, roupa vella , tamén neste blog e outra é en croquetas. Posiblemente sexan unhas das croquetas máis saborosas (vai ser complicado decidir) e galegas do mundo. Como veredes na foto fíxenas cadradas, en ningún lado dice que teñan que ser redondas. Cas medidas da receita , van a sa í r entre 35/40 croquetas normais. Comenzamos picando o compango que imos a usar (neste caso era morro, chourizo, carne de tenreira e o magro do touciño). Da máis traballo, pero penso que o debemos picar a coitelo. Nunha tixola con un pouco de aceite, poñemos a pochar a cebola picada fina. Non debería chegar a tomar cor, polo menos a min non me gusta. Cando

Ás de polo con tomate e olivas

Ir á receita en castelán 1 kg de ás de polo 1 cebola 1 dente de allo 1/2 vaso de viño branco Caldo de polo 200 grs de tomate triturado Pementón agridoce de La Vera Olivas desosadas Aceite de oliva Sal e pementa Outra receita de fácil execución e que imos a facer cunha das partes máis saborosas do polo: as ás. Esta parte do polo, admite varias preparacións, fritas, asadas, en escabeche, etc. Guisadas é unha das preparacións que mellor lle van. Imos a darlle un toque de contraste cunhas olivas negras, que engadiremos no final da nosa preparación. Pasamos as ás por fariña, sacudindo o exceso. Nunha cazola con aceite douramos. Reservamos No mesmo aceite facemos o allo picado e a cebola cortada en plumas. Cando a cebola e o allo comenzan a tomar cor, regamos co viño e deixamos que se evapore o alcohol. Incorporamos o pementón e remexemos para que se mesture. A continuación engadimos o tomate e deixamos facer uns minutos. Levamos as ás reservadas a nosa