Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2016

Tortilla paisana

Ir á receita en castelán 2 patacas 4 ovos Cabaciña Cebola Pemento vermello Champiñóns Aceite Sal Hoxe non tocaba receita, pero á vista dos produtos que me chegaron de El Tomate Tranquilo , un montón de verduras e ovos ecolóxicos, non houbo máis remedio que preparar esta saborosa e zumarenta tortilla. Dos vexetais non poño cantidades, xa que sodes vos @s que tedes que decidir os que máis vos gustan, sempre tendo en conta a proporción para as dúas patacas e catro ovos. Picamos miúdas as patacas e as verduras. Poñemos unha tixola ó lume con aceite. Deixamos facer as patacas e as verduras a lume brando ate que estean brandas. Vanse a mesturar moi ben todos os sabores. Batemos os catro ovos e eu teño por costume engadir un pequeno chorro de auga, penso que a fai máis suave e zumarenta. Escoamos ben de aceite as patacas e verduras. Mesturamos cos ovos. Botamos o conxunto nunha tixola co fondo manchado de aceite e callamos polos dous lados. Poucas pal

Peixe sapo con champiñóns

Ir á receita en castelán 1 cola de peixe sapo 300 grs de champiñóns 1 cebola mediana 2 tomates 1/2 vaso de viño branco 1 dente de allo 1/2 culler de pirixel picado 50 grs de améndoas 1 tostada de pan Aceite Sal e pementa Como xa estamos metidos en tempo de outono, tamén é tempo de introducir na nosa cociña os pratos de mar e montaña. Nesta ocasión imos a poñ er na mesma cazola, peixe sapo e champiñóns (podedes usar as setas que máis vos gusten) que imos a completar cunha picada que nos vai a aportar sabor ó prato. Limpamos ben o peixe sapo e o cortamos en rodelas. Picamos a cebola, o tomate en dados e os champiñóns en anacos algo grosos. Poñemos unha cazola ó lume cun pouco de aceite e sofritimos a cebola uns cinco minutos, para de seguido incorporar o tomate. Deixamos facer a lume brando uns 10 minutos remexendo de cando en vez. Engadimos os champiñóns e o viño e deixamos facer ata que se evapore o alcohol. Mentres se fan as verduras imos a preparar

Risotto de verduriñas... e chistorra

Ir á receita en castelán 100 grs de arroz arborío Caldo de verduras 2 chalotas 1 anaco de pemento vermello 2 dentes de allo 1 cenoria 70 grs de chistorra 15 grs de manteiga Parmesano relado Viño branco Aceite Sal Estes días ando a ver un libro de Martín Berasategui, "Cocina con garrote", e fixen unha receita do libro (proximamente nas súas pantallas) cun produto que nunca usara na miña cociña: a chistorra. Pois como daquela receita sobroume chistorra e tal cual me marco un Jamie Oliver, se el lle bota chourizo á paella, eu bótolle chistorra un risotto. Está claro que é unha receita de aproveitamento deses restos que nos van quedando soltos na neveira.  Picamos as verduras de tamaño un pouco máis grande que de dad o. Damos un corte lonxitudinal á chistorra e quitamos a pel. Picamos miúda e pasamos nunha tixola para que solte a graxa. Pasamos escoada a un prato con papel absor b ente. Reservamos. Poñemos un golpe de aceite nunha cazol a e pasa

Fabas con ameixas (receita expres)

Ir á receita en castelán Algunhas veces chegamos con presas a casa e non temos moito tempo para cociñar, pero ó meso tempo queremos comer rico... 2 latas de ameixas ó natural 1 bote (100 grs) de fabas cocidas 50 grs de cebola 1 dente de allo 1 cullerada de pirixel picado 1/2 vaso de viño branco Pemento moído agridoce Fariña ... Pois moi ben, para eso están as nosas amigas as conservas. Neste caso imos a usar conserva vexetal e conserva de pescado. Na medida das nosas posibilidades imos a usar unhas conservas de calidade. Arrancamos preparando o prebe verde: picamos a cebola, o allo e o pirixel finos. Sofritimos a lume brando e engadimos a fariña. Mesturamos ben e regamos co viño. Deixamos reducir lentamente. Engadimos as fabas (despois de ben lavadas baixo a villa), o pemento moído, as ameixas e o líquido de goberno das ameix as. Damos un par de voltas e presentamos cunha rama de pirixel. Xa vedes, o prometido é débeda e en 15 minutos teremos o noso prato.

Carilleira de porco guisada con quenelle de pataca

Ir á receita en castelán 1,5 quilos de carrilleiras 2 tomates 1,5 cebola 3 chalotas 1 porro 1 cenoria 3 dentes de allo 100 ml de viño branco Caldo de carne  Pementa negra en grano 1 rama de romeiro 1 rama de tomiño 2 patacas Sal, pementa e aceite Hoxe facemos unha receita con unha carne que resulta moi tenra e gratamente melosa ó gusto: carrilleiras. Posiblemente xunto co rabo de vaca, é unha das carnes que máis me gusta preparar, xa que é de éxito asegurado, ademais de ser de execución moi sinxela. O meu consello é facelas de véspera, o que lle fará gañar en sabor.   Limpamos ben as carrilleiras de peles e grasillas, douralas en aceite (podemos pasalas antes por fariña) e engadirlle sal e pementa. Escorrega mos o exceso de aceite e reserva mos . L ava mos e pica mos (non fai falla que vaian moi picadas) as verduras, sofritir no mesmo aceite das carrilleiras limpo de impurezas. Deixa mos que sofritan, engadi mos as carrilleiras, a pementa e as he

Guiso de chocos da Ría con patacas

Ir á receita en castelán 1 quilo de choco limpo 4 ou 5 patacas 1/2 cebola 1/2 pemento vermello 1/2 pemento verde 1 copa de viño branco 1 dente de allo 3 culleradas de prebe de tomate Caldo de peixe Pementón agridoce Aceite de oliva Sal  Hoxe imos cun prato tremendamente mariñeiro, onde o sabor d a Ría trasládase ó prato. O choco é a popular sepia ou jibia, un cefalópodo moi apreciado e con gran sabor, que ten a súa referencia na poboación galega de Redondela. Unha das mellores preparacións da zona é a empanada de chocos na súa tinta, realmente impresionante. Nunha cazola axeitada, pochamos as verduras picadas. Cando as verduras alcanzan o seu punto, engadimos o pementón e remollamos co viño branco. Deixamos evaporar o alcohol. Engadimos o prebe de tomate (damos un par de voltas) e de seguido o choco cortad o en anacos de bocado. Mesturamos ben cas verduras, cubrimos co caldo de peixe e deixamos facer a lume moderado sobre uns 15 minutos. ¡PUNTO CRÍT