Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2012

Garavanzos con orella de porco

Ir a receita en castelán Despois de ter publicada unha receita de coello con fabas e outra de lentellas con champiñóns ho xe imos a facer unha con garavanzos e así completar a triloxía das legumes, coma se dun best-seller se tratas e. Despois de compartir mesa e mantel, na cea de Tapas & Blogs Galicia , co Alcalde de Ourense e a súa dona onde falamos de gustos gastron ómicos e comida s , e mostrarme o seu gusto por esta co mb inación, quero adicarlle esta receita a Agustín Fernández, Alcalde da cidade de Ourense.   Nesta ocasión complementaremos o s garavanzos con or e lla de porco unha das e x quisitas pa rtes que ten a cachucha deste aproveitable a nimal. Pois para elo necesitaremos: 300 grs de garavanzos 5 00 grs de orella 2 1/2 cebolas 2 follas de loureiro 1 cenoria 4 dentes de allo 1 tomate maduro 1 pizca de tomi ñ o 1 cucharadiña de p e mentón a gridoce de La Vera 1 guindilla (opcional) 4 culleradas de aceite de oliva Sal e pementa Unha precisió

Tapas&Blogs en Ourense

Ir a entrada en castelán Como xa estaredes todos informados nesta fin de semana Tapas & Blogs trasladouse a esta fermosa cidade para desenrolar unhas xornadas nas que ver de cerca o que desde aquí  podemos ofrecer en forma de turismo, gastronomía, termalismo, etc. A información do evento foi correndo pola rede segundo a segundo, grazas a todos os twitters que fixeron o traballo de dalo a coñecer, #saboresdeourense, #tapas & blogs. Eu sigo polo método tradicional, a entrada no blog, ando a arrancar no twitter pero moi a remolque. Non vou a facer unha lista de participantes xa que seguro que se me quedarían moitos no tinteiro, e penso que cando alguén participa non evento e no se ve nas citas, quédalle algo de amargura. A única referencia que vou a facer é a de Alfonso López de Recetas de rechupete , suficientemente coñecido neste mundo do blog gastronómico e auténtico embaixador da marca Ourense a cada ocasión que se lle presenta. Grazas Alfonso por traer Tapas & Bl

Lentellas con champiñóns e xamón

Ir a receita en castelá n Hoxe seguindo co tema das legumes, imos a prepara r unhas lentellas. A pesar de ser repetitivo, o corpo vai pedindo a berros este tipo de pratos, e un que é condescendente non dubida en darlle gusto. Unha precisión eu fíxenas con champiñóns, pero os máis avezados n o tema das setas, seguro que encontrades outras que lle vaian que nin pintadas. Pois para poñernos maos a obr a imos a precisar: 300 Gr de lentellas 150 Gr de champiñóns 1 cebola 1 cenoria 1 porro 1 lonxa groxa de xamón 1 litro de caldo de verduras Aceite de oliva e sal P ica mos a cebola, a cenoria e o p o rro. Refogamos as verduras nun pouco aceite u n s 15 minutos a lume brando. I ncorpora mos o x amón cortado en dados e damos unhas voltas cas verduras para seguidamen te engadir as lentellas .   Cubrimos co caldo de verduras e deixamos cocer ata que est ea n tenras. A s lentellas a í nda que no paquete poña que non necesitan deixalas de auga, eu d éixoas igual de remollo.

Pastel de macrolepiota procera (cogordos)

Ir a receita en castelán Hoxe vou a cociñar con setas, algo non habitual en min fora dos champiñóns, pero que grazas a Conchi Zúñiga de Cocinando Setas , estou a descubrir un mundo na cociña que practicamente ignoraba. Por certo, non deixedes de visitar a entrada que puxo fai dous días con este mesmo tipo de seta "Masa filo rellena de Macrolepiota Procera" , todo un auténtico luxo. Respecto a miña receita, non a collín de Conchi, se non de unhas fotocopias que tiña medio perdidas e como única referencia para citar a autora é un nome que ven no pe de páxina: María Luisa Díez Casado. A efectos de cálculo cas cantidades que vou a poñer, énchese pola metade (aprox) un molde de un litro. 300 grs de sombreiros de cogordos 1 cebola 1 porro 1 dente de allo 1 cullerada de manteiga 1 cullerada de fariña 250 cc de leite 1 ovo enteiro 3 xemas de ovo Pementa Aceite e sal Picamos fino o porro, a cebola e o dente de allo. Pochamos en aceite. Cando as verduras estean no

Bacallau dourado

Ir a receita en castelán Nestas semanas atrás pasei a Portugal dende Badajoz. Pois ben, iamos ca idea de xantar no restaurante A Bolota que se encontra a uns 25 km de Badajoz concretamente en Terragem, Elvas; onde por certo xantamos realmente ben. Non ía ca idea de tomar bacallau, pero chamoume a atención un prato da carta: "Bacallau Dourado", nunca o vira e entre preguntas e o que eu fun vendo na rede cheguei a facer a receita que vos relato. Para dúas persoas imos a necesitar: 200 grs de bacallau desmigado 2 patacas boas 1 cebola mediana 2 dentes de allo 3 ovos Pirixel Aceite e sal Poñemos o bacallau a desalgar segundo costume. Facemos migas do bacallau, mellor ca mao que cortalo co coitelo (tamén existe a posibilidade de mercalo en migas, pero non sempre é da calidade que buscamos). Reservamos. Cortamos a cebola e o allo ben miúdos e pochamos ben ata que a cebola estea ben branda. Engadimos o bacallau reservado e refogamos uns minutos. Reservamos. Pelamos

Coello con fabas brancas

Ir a receita en castelán Como me di Conchi de Cocinando setas , que che di o teu amigo no INM. Pois dime que por fin lle estamos a ver a cara o outono e con elo que empezan a apetecer uns pratos algo máis contundentes. Pois para ir facendo algo de boca e ir dándolle un pouco de preparación o noso estómago, arrancamos con un prato suave pero xa con legumes. Para elo precisaremos para 2 persoas: 1/2 coello 150 grs de fabas brancas 1 porro 1 cenoria 1 cebola 1 tomate 1 folla de loureiro Pementón agridoce de La Vera Sal e pementa Se ides a usar fabas xa preparadas saltade este paso, si non deixar as fabas de remollo do día anterior e poñer a cocer con sal, loureiro e cubertas de auga uns 50 minutos. Para a cocción das fabas aconsello non remexelas con nada, se non movelas co movemento da cazola onde se están a facer. Cortamos en anacos o coello, salpimentamos e douramos en aceite. Reservamos. Picamos as verduras e pochamos nun pouco aceite de dourar o coello. No m

Cubos de cabaciña con carne e queixo do pais

Ir a receita en castelán Da última entrada que fixen, a do Pastel de carne, sobrou unha pouca de carne. Vendo a neveira observei unha cabaciña que pedía a gritos saír de ela, escoitei a súa súplica e pasou polo lume. Para esta receita precisaremos: Cabaciña Sobras de carne preparada Queixo do país Sal e pementa Por si alguén prepara a carne a pe feito para esta receita, remítoa o Pastel de carne e patacas .  Lavamos a cabaciña, despuntamos e cortamos en porcións de cubo. Con un acanalador fanse as liñas na pel da cabaciña e con unha culleriña francesa imos baleirando os cubos con moito coidado cas paredes e co fondo, para que non rompan. Reservamos o que retiramos que saltearemos ca carne picada. Poñemos auga a ferver e cando rompa incorporamos os cubos da cabaciña, que escaldaremos uns minutos. Ten que quedar con certa consistencia. Temos preparado un bol con auga e xeo na que introduciremos os cubos o sacalos da auga fervendo, co fin de parar a cocción e que conser