Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2012

Tosta D.O. Extremadura

Ir a receita en castelán Como xa vos contei onte, nesta Semana Santa estivemos por terras de Extremadura, e coma sempre na viaxe de volta sempre ven algo de comer. Nesta ocasión trouxen para probar unha torta de queixo que non era a de Casar, se non un Queso torta de Trujilllo. A experiencia foi positiva, penso incluso que para aqueles que se lle fai un pouco forte a do Casar, coido que esta ha de resultarlles un pouco máis suave. Sinto non poder dar a marca do aceite, foi o contedor do vidro sen anotar o nome. Ben a tosta que fixen é moi sinxela, máis toda ela no seu conxunto é unha explosión de sabor. Usaremos: Pan Queso torta de Trujillo Pementón agridoce de La Vera Aceite de Oliva Vírxe da Sierra de Gata Cortamos o pan en rebandas, canto mellor sexa o pan mellor, pois e a contribución galega o prato. Facémolo no forno, sen prequecer, a 200º, 5 minutos. Untamos o queixo na rebanda, agregamos un pouco de pementón agridoce e regamos con aceite. Non deixedes de prob

Nunca choveu que non escampara

BARÇA 1 - REAL MADRID 2ssssssssssssssssss Estaba de ser de Deus, E que lle queres.

Por terras de Extremadura

Nestes pasados días de lecer en Semana Santa, fixemos unha pequena viaxe, unha vez máis por Extremadura. Da provincia de Cáceres tíñamos pendente o noroeste, As Hurdes. Carreteiras moi ben asfaltadas, máis segundo ías avanzando, e ías vendo como se tornaba o camiño, non che resultaba moi difícil entender que hai uns 40 ou 50 anos o acceso tiña que ser infernal. A realidade actual e outra, oliveiras (un dos mellores aceites de oliva xunto ca Serra de Gata), zona arborada, monte baixo tamén, pero algo común a todo: un monte limpo e a diferencia dos nosos nin un centímetro cadrado de monte queimado. Xusto o noso monte. Unha rede de turismo rural con un cheo total e de unha gran beleza para a vista. Xantamos en Huetre, Pensión Marisol: fabas brancas con chourizo e porco, caldereta de cabrito, cochinillo frito e torrijas. Sen palabras. O día seguinte aproveitamos a visitar o Teatro Romano de Medellín, descuberto non hai moito e aberto de forma excepcional o público neses días. Bastan

Luras guisadas

Ir a receita en castelán Que tal, outra semana máis por aquí. Hoxe imos a volver de novo con luras, xa fixen outra entrada con elas, pero aquí introducín un prebe de marisco. Fíxeno por dúas razóns: unha potenciar un pouco o sabor, pois as luras non eran da ría, e a outra por aproveitar as cabezas e peladuras de uns langostinos que tiña para outra preparación. Necesitaremos para a preparación de 4 pax, o seguinte: 1,200 kgs de luras 1 cenoria 1 porro 2 cebolas medianas 2 dentes de allo 1/2 pemento verde 1 vaso de viño branco Prebe de tomate Prebe de marisco (ou caldo de peixe) Sal, aceite e pementa Unha preparación rápida. Cando mercamos as luras pedímoslle a nosa pescantina que nos las limpe (un traballo que nos aforramos). Picamos as verduras e poñemos a lume brando e deixamos facer lentamente. Mentres se fan as verduras, cortamos as luras, ben en rodelas ou en anacos, coma máis gostedes. Unha vez as verduras no seu punto, engadimos as luras e refogamos todo xu

Milfollas de berenxenas con carne e verduras

Ir a receita en castelán Esta receita chegou a casa de man da miña dona. E unha colaboración da súa compañeira Cristina. Unha vez na casa dixen: mans a obra. Para esta receita necesitaremos: 2 dentes de allo 1 porro 1 pemento vermello 1 cabaciña pequena 100 grs de champiñóns 2 berenxenas 50 grs de queixo relado 250 grs de carne picada Prebe de tomate Sal, pementa negra e aceite PARA A BECHAMEL 1/2 litro de leite 30 grs de manteiga 30 grs de fariña Sal, pementa branca e noz moscada Cortamos as berenxenas en rodelas finas, salgamos e regamos con aceite. Nunha tixola ou prancha quente facemos polos dous lados. Reservamos en papel absorvente para quitar o exceso de aceite. Cortamos en dados o resto das verduras e facemos a lume brando. Cando estean no seu punto engadimos a carne, salpimentamos e damos unhas voltas para mesturar. Engadimos o prebe de tomate. E reservamos. Facemos unha bechamel lixeira do xeito habitual e engadimos parte as verduras e carne reserv