Ir á receita en castelán Aínda que non o pareza imos camiño do verán. É o tempo de pratos frescos e de fácil execución. Bacallau desalgado Tomates cereixa Olivas verdes ou negras Ceboleta Sal Aceite Pouco que comentar sobre o tema. Cando estamos de asueto, o que queremos é pasar pouco tempo na cociña. Este é un prato rápido para unha cea ou unha ensalada de entrante nun xantar. Desmiuzamos o bacallau cas mans e poñemos na ensaladeira. Picamos fina a ceboleta e engadimos. Lavamos e cortamos en cuartos os tomates cereixa. Engadimos. Picamos as olivas e engadimos. Salgamos e aliñamos cun bo aceite de oliva virxe e damos unhas voltas. Coido que mais sinxelo non pode ser. Pero non por ser sinxelo, deixa de ser un gran prato. Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños: No correo: olivarela@hotmail.es No Facebock: http://www.fac
Aprendemos xuntos.