Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2010

Pastel de polo corral con pasas e xenxibre

Como onte houbo andaina, hoxe decidín facer algo que non me levase moito tempo, e metinme con unha parte do polo que a min paréceme a mellor con diferencia. Estou a falar do antemuslo do polo. Teño varias receitas con este produto que segundo as vaia facendo, subireinas a este blog. Para a que hoxe nos ocupa, necesitaremos os seguintes ingredientes para catro persoas: 300 grs. de antemuslos de polo corral sen pel nin oso    2  porros    2 láminas de follado    1 cullerada de piñóns    2 culleradas de nata para cociñar    4 culleradas de brandy    1 ovo enteiro    1 xema       Raíz de xenxibre, sal, pementa e aceite Procederemos da seguinte maneira: Cortaremos os antemuslos e anacos pequenos e deixarémolo macerar unhos 30 minutos no brandy. Limpar e cortar en rodelas finas os porros, refogalos nunha tixola con un pouco de aceite ata que estean lixeiramente dourados. Agregar as pasas, os piñóns e un pouco de reladura de xenxibre. Engadir os anacos de polo e refogar uns mi

De Trabadelo a O Cebreiro

Premer para ver as fotos Onte día 20 de febreiro de 2010 fixemos a etapa do camiño entre Trabadelo e O Cebreiro . Comentarei duas cousas a beleza do tramo e a dureza da subida dende Las Herrerías ata O cebreiro. Entre Las Herrerías e La Faba é realmente tremendo (evidentemente falo dende a miña visión), falan que a partir de ese punto é máis levadeiro, home non é tan terrible, pero segue sendo tremendamente dura. O día segundo as previsións iamos a ter unha xornada bastante mala en canto a o tempo se refire. Máis por sorte foi todo a contrario, soamente choveu un pouco a o principio, despois o tempo cooperou con nos e a temperatura foi moi boa. Xa andando por Vega de Valcarce, a o levantar a vista para as montañas e velas con neve, xa se intuía como ia a ser o final do camiño. E efectivamente, como agasallo a o esforzo realizado na subida, O Cebreiro recibiunos con un camiño alfombrado de branco e con un sol que lle daba a paisaxe una luminosidade espectacular. 

Solombo de cerdo con pementos do piquillo

Por aquí outra vez, imos a facer nos seguintes días unhas receitas sinxelas para uso diario. Para a receita que nos ocupa, imos a necesitar os seguintes ingredientes para catro persoas: 1 lata de pementos do piquillo (se son de Lodosa mellor) 1 Solombo de cerdo 1 Ovo    Fariña, aceite, sal e pementa Cortamos os pementos en tiras e imos botándoos nunha cazola, engadimos o zume propio que traen os pementos e un pouco de aceite. Reservamos. Cortamos o solombo en medallóns, aplanamos un pouco e salpimentamos. Pasamos os medallóns por fariña e ovo e fritimos volta e volta. Unha vez fritidos, ímolos poñendo por riba dos pementos. Dámoslle un pequeno fervor. Se quedan feitos de un día para o outro, gañan en sabor. Fácil, rápido e previsor. Que vos aproveite. 

De paseo por Rivela

Hola de novo, o sábado de Entroido fumos a xantar a Rivela o cocido reglamentario que corresponde a estas datas (e de verdade que era reglamentario). Ben non vos falo do xantar, xa todos sabedes que roza a gula, amen. Despois de unha sobremesa a base de doces relativos a festa e licor café, pontificamos sobre política e arranxamos se non o mundo boa parte del. Como o xantar fervía no forno decidimos ir a pasear, saímos o meu cuñado Avelino, a miña irmá Isa, o Pepe e a Lola ( xa sabedes, os nosos parentes de Valencia), a Margarida e máis eu.   Fumos pola igrexa de San Xulián, boa mostra do románico, no meu corto entender penso que rematada gótico. Seguimos pola beira esquerda de igrexa. No camiño vimos unhas casas rehabilitadas que poderían servir de exemplo para o feismo que nos invade (bueno chámanlle modernismo misturado coa tradición), realmente fermosas. Un pouco máis adiante atopamos as sinais de unha ruta de senderismo, como a pinta era boa , decidimos tomala e facela. A so