Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

Ensalada de aguacate e langostinos

Ir á receita en castelán 10 langostinos cocidos 1 aguacate 1 ceboleta 1 culler pequena de alcaparras 1 tomate  1 pepinillo en vinagre 1 lima Aceite de oliva virxe Sal en escamas Continuamos cas preparacións sinxelas para o verán e que deixamos preparadas con antelación. Nesta ocasión imos a mesturar unha parella que se leva ben, aguacate e langostino Picamos a ceboleta, o tomate sen sementes, o pepinillo e as alcaparras. Mesturamos e reservamos nun bol. Pelamos e picamos os langostinos, deixando algún para decorar. Engadimos ó bol das verduras. Sacamos a carne do aguacate, picamos fino e engadimos ó bol mesturando ben todos os ingredientes. Engadimos o zume da lima e un chorro pequeno de aceite, Damos unhas voltas e deixamos que se mesturen ben os sabores. Para o servizo presentámola como máis nos guste. No caso da fotografía, montouse cun molde redondo, un langostino por riba e unhas escamas de sal.   Non me negaredes que levamos unhas cantas receitas que

Amorodos en almíbar

Ir á receita en castelán Amorodos Azucre Estamos diante de unha sobremesa que, penso, mais sinxela non pode ser. Dous ingredientes van a ser suficientes para que na nosa mesa de verán, teñamos unha fresca e rica sobremesa. Lavamos os amorodos sen retirar o pedúnculo (se o sacamos antes poden coller auga ó lavalos) Sacamos o pedúnculo e cortamos en anacos que poñeremos nun bol. Botamos ben de azucre (vai en función do gusto), remexemos e deixamos macerar na neveira. Pasado un tempo podemos probar e engadir mais azucre se fos necesario. Xa está, poñemos os amorodos en cuncas individuais e a gozar da sobremesa. Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños: No correo:      olivarela@hotmail.es No Facebock:  http://www.facebook.com/boproveito  

Tosta de mozzarella, tomate e paleta

 Ir á receita en castelán 2 anchoas en conserva 2 sardiñas en aceite de oliva 2 quesitos en porcións 1 culler pequena de mostaza 2 culleradas de auga Aceite de oliva Pan 1 tomate 1 ceboleta Paleta ibérica Mozzarella Brotes de ensalada Noces Olivas verdes Vinagre de mazá  Continuamos ca cociña fácil e para o verán. Unha tosta con todo sabor e, como non, usando as nosas conservas. Usei paleta, pero podedes poñer xamón de pato, chacina ou xamón ibérico. Cortamos unhas rebandas boas de pan e levamos ó forno seis minutos, a 200º co forno sen prequecer. Reservamos. No vaso da batedor poñemos as sardiñas sen espiñas, as dúas anchoas cortadas e as dúas culleradas de auga. Trituramos con batedor. Incorporamos a mostaza e o queixo e volvemos a bater. Cando a mestura está lisa engadimos o aceite en fío para que emulsione. Reservamos. Cortamos o tomate e a ceboleta en pequenos anacos e nun bol, maceramos con unha cullerada de vinagre de mazá, sal e aceite de oliva.

Gazpacho de fresas e tomate (receita con garrote)

  Ir á receita en castelán 300 grs de tomates maduros 200 grs de fresas 25 grs de pemento vermello 30 grs de pemento verde 1/2 allo 40 de pepino sen sementes 20 grs de miga de pan 75 ml de aceite 250 ml de auga 10 ml de vinagre de Jerez Sal e pementa Xamón de pato Mozzarella Como xa van a empezar os días de verao e de calor, imos a ir publicando sinxelas receitas, que na maioría dos casos non necesitan pasar polo lume. Ensaladas, gazpachos, fiambres, etc., cousas que, na maioría dos casos, imos a poder deixar feitas o medio feitas con antelación. Pelamos o pepino e quitamos as sementes. Cortamos en anacos os tomates, os pementos, o pepino e levamos a un bol. Engadimos o resto dos ingredientes, allo, miga, vinagre, aceite, sal e auga. Neste paso non incorporamos as fresas . Mesturamos ben, tapamos con film e deixamos macerar na neveira, ó menos seis horas. Pasado o tempo incorporamos as fresas e trituramos o conxunto. Pasamos polo chino e servimos ben f

Ensalada de mexillóns en conserva

  Ir á receita en castelán Brotes frescos para ensaladas Mexillón en escabeche en conserva Pemento vermello Pemento verde Ceboleta Vinagre de mazá Aceite de oliva virxen Sal Retomamos as nosas conservas, as que tanto nos facilitan a nosa cociña e lle aporta tanto sabor. A pouco que lles fagamos, imos a ter un rico prato como é o que nos ocupa. Picamos en dados pequenos o pemento vermello e verde. Cortamos en plumas finas a ceboleta. Poñemos as verduras picadas nun recipiente co vinagre, aceite e sal (cantidades o voso gusto). Deixamos macerar ó menos media hora. Sacamos os brotes da bolsa e deixamos que se aireen mentres se maceran as verduras. Abrimos a lata de mexillóns. No prato de servizo poñemos unha base de brotes, repartimos as verduras maceradas e regamos co líquido da maceración. Colocamos os mexillóns por riba e, si queredes, podedes aliñar co escabeche da lata, pero con coidado que xa leva aceite da maceración. Xa vedes en poucos pasos unha delicio

Caldo de nabos e chourizo

 Ir á receita en castelán 3 nabos 1 cebola 1/2 pemento verde 2 cenorias 200 grs de garavanzos cocidos 3 patacas 2 dentes de allo 1 chourizo Caldo de polo Pirixel  Sal e aceite de oliva Xa sei que estamos a mediados do mes de maio, pero tal e como está vindo o mes, este caldo quente como que apetece. Imos a usar un montón de vexetais e o chourizo para aportar o toque de carne. Damos un fervor, de uns seis ou oito minutos, ó chourizo, para que perda parte da graxa. Eu sempre o fago para que non me engraxe de mais os pratos. Retiramos da auga, cortamos en rodelas e reservamos. Mentres temos o chourizo a perder a graxa, picamos todas as verduras en anacos e cortamos as patacas escachando no final do corte. Nunha cazola con aceite, poñemos a cebola, o pemento verde e os dous dentes de allo. Deixamos facer ata que comencen a tomar cor. Engadimos o chourizo reservado e deixamos facer un par de minutos. Incorporamos o resto das verduras, os garbanzos e as patacas

Xudías verdes con tomate, pataca e a súa allada con ovo poché

  Ir á receita en castelán 400 grs de xudías verdes 150 grs de tomate frito 1 ceboleta 3 dentes de allo 2 ovos 2 patacas Pementón agridoce de la Vera Aceite sal e pementa Estamos diante dun clásico de toda a vida: patacas, xudías, ovo e refrito. Un clásico sinxelo e que gusta a case todo o mundo. Imos a darlle un pequeno xiro e a presentalo doutro xeito  Quitamos os fíos laterais das xudías e cortamos en anacos. Lavamos e cocemos ó dente. Escoamos e reservamos Cocemos as patacas e chafamos cun garfo para facer un puré. Reservamos. Pelamos e fileteamos dous allos. Poñemos aceite nunha tixola e deixamos que os allos tomen cor. Nese momento sacamos do lume, retiramos os allos e engadimos o pementón. Removemos rápidamente para que o pementón non se nos queime. Poñemos nun recipiente para que decante e nos quede o aceite limpo. Cortamos a ceboleta en plumas finas e o outro allo en anacos pequenos. Nunha tixola con aceite, facemos os allos e a ceboleta uns sete minuto

Sukalki (guiso vasco)

  Ir á receita en castelán 1 kg de xarrete 500 grs de patacas 1 cebola morada 1 cebola branca 2 cenaorias 1 porro 1/2 pemento verde 1/2 pemento vermello 1 nabo 100 grs de tomate frito 3 ramas de pirixel 3 pementos de piquillo 2 culleradas de polpa de pemento choriceiro 1 vaso de viño branco Caldo de carne Aceite e sal Seguimos un pouco carnívoros con este prato tradicional da cociña vasca. Un guiso de tenreira, patacas e verduras. Un prato que está moi presente nas sociedades gastronómicas e nos concursos gastronómicos. Un prato feito con unha das mellores pezas (para min): o xarrete. Cortamos a carne en anacos grandes e facemos en aceite a lume forte. Selamos ben todas as pezas. Picamos as cebolas, as cenorias, o porro, o nabo e o pirixel. Pochamos as verduras no mesmo aceite de pasar a carne. Deixamos que se faga uns 30 minutos aprox. Engadimos o viño branco e deixamos evaporar. Incorporamos o tomate frito, os pementos de piquillo e deixamos que se