Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2012

Empanadillas de polo corral con champiñóns

Ir a receita en castelán Levábamos algunhas receitas de carne de porco e hoxe imos con outra carne moi presente nas mesas e ademais moi versátil na cociña, o polo. Imos a facer hoxe unhas empanadillas da carne que nos ocupa e necesitamos para elo: 1 paquete de obleas grandes para empanadillas 300 grs de antemuslos de Polo Corral Coren sen pel nin oso 2 Ceboletas 200 grs de setas de tempada 2 dentes de allo Pemento roxo o gusto Sal e pementa Para comenzar cortamos en anacos pequenos a carne do polo. Salpementamos. Picamos as ceboletas, os pementos, os allos e as setas. Pochamos as verduras picadas, reservando as setas, a lume brando. Cando todo estea ben pochado, engadimos os anacos de polo e damos unhas voltas ata que se doure. Cando todo o sofrito estea brando, engadimos as setas, deixamos que reduza pero que quede con humidade suficiente para evitar que quede seco. Enchemos as obleas, pechamos e fritimos en abundante aceite quente. Poñemos en papel absorbente para e

Solombo de porco con foie de pato e redución de Pedro Ximénez

Ir a receita en castelán Como poderedes ver, continuo a probar as pezas de porco Selecta Coren , hoxe tocoulle a unha peza bastante apreciada, o solombo. Para dúas persoas precisaremos os seguintes ingredientes: 1 peza de solombo de Selecta Coren o vacio Foie de pato en cantidade necesaria 2 patacas medianas Aceite Sal Maldón 150 ml de Pedro Ximénez Limpamos as patacas e poñémolas a cocer con pel. Retiramos antes de completar a cocción. Pasamos por auga fría co fin de parar a cocción, pelamos, cortamos en rodelas de 1 cm e con un molde redondo da medida do solombo, recortamos as rodelas. Nunha tixola botamos bastante aceite coma para cubrir as patacas preparadas. Confitamos as mesmas a baixa temperatura, contra o final subimos a lume forte para que collan unha lixeira cor dourada. Reservamos e salgamos. Mentres se fan as patacas facemos o resto das tarefas. Poñemos o Pedro Ximénez nun cazo pequeno e deixamos a reducir o lume brando (para esta preparación non lle botei

Tosta de tomate e aceite

Unha proposta rápida pero de un sabor intenso. Esta é unha proposta de alternativa o noso almorzo tradicional, que non e habitual por estes lares. Unha consideración, na medida do posible usade un bo aceite; é a esencia de esta tosta. Precisaremos: Pan Tomate Allo (opcional) Aceite de oliva virxe Sal Tan sinxelo coma meter a tosta do pan no forno (xa teño indicado sobre 200º sin  prequecer uns 5 minutos). Frotar o allo no pan torrado (como indico opcional), frotar o tomate (neste punto pódese raiar o tomate e poñer o resultado na tosta, a min gústame frotalo), salgar con unhas pedras de sal (uso sal Maldón) e regar xenerosamente con aceite de oliva. Tan sinxelo e tan enorme. Coma recomendación probalo polas mañás coma almorzo con un bo café. 

Presa con cebola confitada

Ir a receita en castelán Que tal estamos, hoxe fixen outra receita usando algún dos produtos da marca Selecta de Coren . Nesta ocasión usei presa en filetes. Unha receita sinxela, rápida e con uns bos resultados. Para dúas persoas, imos a procurar: 1 Bandexa de presa de Selecta Coren 3 Patacas 1 Cebola morada Aceite Sal Maldón Azucre Vinagre de Módena Cortamos as patacas en rodelas e fritimos a lume moderado, dándolle máis calos para rematalas. Mentres se fan as patacas, cortamos a cebola en plumas finas. Nun cazo con un par de culleradas de aceite pochamos a cebola a lume brando, cando estea engadimos o azucre e deixamos seguir facéndose, para por último agregar o vinagre en cantidade necesaria. Deixamos caramelizar. Poñemos nos pratos de servizo unha cama formada cas patacas e a un lado un montonciño de cebola. Facemos a prancha os filetes de presa un par de minutos por cada cara, e póñense por riba da cama de patacas. Salgamos ca sal Maldón. Servir e non deixa

Rabo de tenreira guisado

Ir a receita en castelán Esta peza da tenreira é xunto co xarrete e as carrilleiras, das que máis me gusta preparar. A verdade é que tiña gañas de preparalo con rabo de boi ou vaca, máis nunca se me pon a tiro e non o dou atopado. Non deixedes de probar esta peza, sobre todo aqueles que teñen algunha reticencia a este tipo de pezas do animal. Van a ser uns conversos coma eu o fun no seu momento do bacallao. As medidas que vou a dar fan relación a un rabo de tenreira, é unha boa medida para dou comensais. 1 rabo de tenreira 2 cenaorias 2 porros (a parte branca) 1 cebola mediana 3 chalotas 1 ramo de tomiño e romeiro 2 dentes de allo 1 vaso de ron negro (o brandy vai moi ben) 1 litro de caldo de carne Pementa negra en grao 2 culleriñas de mostaza Traemos a rabo xa cortado en porcións. Nunha cazola con aceite de oliva, pasamos a carne para que sele, pero sen abrasala. Retiramos e salgamos. No mesmo aceite facemos os allos, a cebola, as chalotas, as cenorias (en anac

Ourense para ver

Para os que xa estivestes na Vella Auria, sirvan estas fotos de recordo do ben que o pasastes aquí (douno por feito). Aqueles que aínda non vos distes unha volta por ela, facédeo vai a merecer a pena e marcharedes gratamente sorprendidos desta pequena cidade. Votaredes en falla algunha foto sobre as augas termais. Iso queda para outra entrada así coma o Ourense de noite. Que as desfrutedes e vide a dar un paseo.

Pastel de pescada con mexillóns

Ir a receita en castelán Esta fin de semana que pasou, tivemos unha pequena xuntanza de blogueiros en Ourense. Tiven a especial oportunidade de compartir cociña, mantel e tertulia con María, Juan Carlos Alonso , Conchi Zúñiga , Juan, Laura Eiriz . A experiencia penso que foi altamente positiva e con visos de volver a repetir, iso seguro. Quero darvos as grazas, compañeiros de fogóns, por facerme partícipe de todos os vosos coñecementos, que aportástedes a esta reunión. Quero facer notar que as fotos de esta entrada son de Conchi Zúñiga e de Laura Eiriz. Un dos pratos que aportamos a esta reunión foi un pastel de pescado para o que necesitaremos: 300 gras de mexillóns xa cocidos 300 grs de pescada limpa (podemos usar calquera pescado de rocha) 2 ovos 100 ml de tona sal e pementa Espárragos verdes 150 grs de maionesa 1 cullerada de mostaza 1/2 cullerada de curry Trituramos a pescada e poñemos a punto de sal, engadimos os ovos e a tona. Reservamos. Cocemos o

Xelatina de mandarina con ovas de salmón

Ir a receita en castelán Outra vez por aquí, a ver si xa collemos algo de ritmo e empezo a gañarame o "soldo". Imos a mesturar sabores que de normal non van xuntos, máis fan un bo conxunto unha vez que os probas. Para esta mestura imos a precisar dos seguintes ingredientes: 12 mandarinas 12 follas de xelatina neutra 300 grs de gambas peladas e cocidas 1 bote de ovas de salmón 2 ceboletas tenras 2 culleradas de aceite de oliva Aneto (Eneldo) Sal Relamos a pel dunha mandarina e maceramos co aceite de oliva. Facemos zume cas mandarinas reservando uns gallos para a confección. Poñemos a xelatina a remollo e mesturamos co zume algo tibio. Ponse un pouco do zune no fondo das copas e levamos a neveira durante uns 10 ou 15 minutos. Mentres picamos as ceboletas moi finas e aliñamos co aceite que tiñamos aromatizado ca pel da mandarina. Salgamos. Mesturamos as gambas, a ceboleta, os gallos de mandarina reservados, as ovas de salmón e unha golpe de aneto. Con

Xantar 2012

Este pasado venres reunímonos en torno a unha mesa da Feira de Ourense Xantar, para que ca disculpa da feira e da cea, disfrutar de unha compaña de bos amigos. Os amigos que nos xuntamos fumos Juan Carlos ( Gastronomía en verso ), María, Conchi ( Cocinando setas ), Juan, Laura ( La cocina de Mezquita ), Margarita y José Luis. Despois da cena unha copa e a cama, pois a xornada seguinte habia traballo na cociña, máis esa é outra historia. Deixovos algunhas fotos da nosa xuntanza en Xantar e do menú que nos puxeron no Stand de Jaén. Un aceite que probamos antes da cena realmente espectacular, sinto non poder publicar o nome, non o anotei e a memoria empeza a ser fráxil. Opinión totalmente persoal . Xantar é unha feira que co paso do tempo foi consolidándose e facéndose adulta. Unha feira ben organizada e con un nome de sona nas feiras do sector. Este comentario ven a fío de unha entrada que lin, e na que se sorprendía do calado da feira. Sorpréndeme o comentario pola expresión "