Antes de comenzar quero indicar que o último paso do ciclo, a fornada, e por compromiso ineludible, non aparecerá nestas entradas. Pois ben, o pasado sábado 28 avanzou un paso máis o proceso do pan, neste caso ca malla. Todo o que se segara no sábado anterior, estaba almacenado nun enorme palleiro, do que se ía sacando para pasar pola malladora. A máquina que se utilizou ten máis de 100 anos, e falábanme dela, con orgullo, os netos do propietario da máquina. Contaban que a miman con cariño, que a prenden unha vez o mes, para que estea a punto, podo constatar que non fallou nin unha soa vez. Tamén conservaban a limpadora, máquina manual onde xa o grao saia completamente limpo para a seguinte fase, proceso no que se implicaba os máis cativos. Comentábame un home que hai anos estaban a traballar 2 maquinas coma esas e durante dúas semanas no pobo. O final fixeron unha pequena demostración de coma se facía a malla con anterioridade a chegada das máquinas. Estiven a falar tamén con
Aprendemos xuntos.