Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2012

Zancos de polo glaseados con vinagre de Módena

Ir a receita en castelán   Que tal, despois destes case que dous meses sabáticos que me votei, volvo a asomarme por este curruncho. Case non acerto a facelo, pasoume coma aquel que foi a aprender o inglés e cando volveu non sabía falar o galego, ata que pegou co angazo nas narices. Neste tempo tiven a ocasión de coñecer a Conchi de Cocinando con setas , un blog máis que recomendable e unha marmelada de setas enorme ca que me agasallou. Neste retorno imos a comenzar con algo moi sinxelo, por aquelo de ir collendo ritmo. Procuraremos: 8 zancos de polo Corral Coren 100 ml de vinagre balsámico 200 ml de viño branco 1 cullerada de mel Aceite de oliva Sal Pementa Salpimentamos os zancos e dourámolos en aceite de oliva. O tempo mesturamos o vinagre, o viño e a mel. Poñemos os zancos nunha bandexa que poida ir o forno e regamos ca mestura feita. Prequecemos o forno a 180º e poñemos uns 30 minutos ou ata que se vexan feitos. Durante este tempo imos regando regularmente