Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2017

Tosta de bonito en sofrito

  Ir á receita en castelán 200 grs de bonito en conserva 1 cebola pequena 1/2 pemento verde 1/2 pemento roxo 1 tomate maduro 2 dentes de allo Pan Tomiño Ourego Pementa negra Alfábega Viño branco Aceite de oliva Sal Xa levaba algún tempo sen poñerme á cociña. Vou con outra preparación fácil e que podemos deixar preparada con antelación. Como vedes, nesta preparación, volvemos a darlle xogo as conservas. Xa vedes que non poden faltar nas despensas das nosas casas. Abrimos a lata do bonito e escoamos o aceite. Picamos a cebola, os allos, os pementos e o tomate sen sementes. Poñemos unha tixola ó lume cun pouco de aceite e engadimos a cebola. Deixamos facer ata que comence a coller cor. Incorporamos o resto das verduras, o ourego, o tomiño, a pementa negra e sal. Os cinco minutos engadimos un vaso de viño branco e deixamos que se evapore o alcohol e se faga o sofrito lentamente. Cando o sofrito está, engadimos o bonito e dúas ou tres follas de alfábega picad

Tosta de mozzarella y chacina

  Ir á receita en castelán Pan Mozzarella Chacina Pementón agridoce de la Vera Aceite de oliva Virxe Seguimos pensando en clave de verán e de facilitarnos os entrantes dos xantares, das merendas ou ceas c@s amig@s. Polos ingredientes xa adiviñades que a dificultade é cero. Poño queixo mozzarella, pero podedes usar o queixo que mais vos guste. Cortamos o pan en rebandas e levamos ó forno (partindo de frío), uns 5 ou 6 minutos a 100º. Cortamos o queixo en liscos. Montamos sobre a tosta de pan, un lisco de queixo, por riba chacina (cortada fina e que teremos sacada da neveira uns 10 minutos antes), un belisco de pementón e regamos co aceite de oliva virxe.  Pois xa está listo e, como xa contei en outras ocasións, o aceite no vos vai a roubar nin un ápice de sabor, todo o contrario, vai a potenciar o sabor da chacina e do queixo. Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou cons

Montados de solombo de porco con patacas e maionesa de allo

 Ir á receita en castelán 1 solombo de porco 2 patacas grandes 1 dente de allo 1 ovo Aceite de oliva Sal e pementa Que vos parece se hoxe facemos algo con carne, ben, pois entón todo un clásico: solombo con patacas.  Pelamos , lavamos e cortamos as patacas en rodelas de algo mais de medio centímetro. Facemos en aceite a lume brando. Reservamos. Mentres se fan as patacas, cortamos o solombo en rodelas un pouco grosas e salpimentamos. Pasamos pola prancha, untada en aceite para que doure. Coidado, xa que aínda vai a ir ó forno. Fritimos o dente de allo en aceite, tendo coidado de que non se queime. Machacamos nun morteiro e deixamos arrefriar. Poñemos o allo machacado no vaso do batedor, engadimos o ovo e imos montando a maionesa co aceite. Prequecemos o forno a 220º. Nunha bandexa poñemos unha base de patacas, unha rodela de solombo, outra de pataca e outra de solombo. Poñemos por riba unha pouca maionesa. Levamos ó forno (por iso non é convinte pasar moi