Ir al contenido principal

Bacallao ó pil-pil con puré de patacas

Como comentei na entrada anterior fixen un par de pratos con puré de patacas un foi o dos ovos e este con bacallao.
Necesitaremos:
800 grs de bacallao desalgado (lombos grosos)
1 bolsa de puré de patacas Maggi
3 pementos verdes
2 cebolas
3 dentes de allo
1 guindilla
1/2 litro de aceite de oliva

O tema do pil-pil non é en exceso complicado, máis require de paciencia e presencia o pe do lume. Imos alá.
Fritimos os dentes de allo en láminas e a guindilla en 400 ml de aceite, cando empecen a dourarse retirámolos. Agregamos os lombos de bacallao  ca pel para riba. Deixámolos cocer uns 3 minutos.
Retiramos os lombos e colocámolos nunha cazola de barro ca pel cara arriba e un pouco de aceite da fritura anterior. Quecémolo a lume brando, sen deixar que chegue a ferver, movendo de forma continua a cazola en círculos, para que ligue o aceite (se vedes que é preciso retiralo do lume). Segundo vaia ligando, ir engandindo máis aceite ata que volva a ligar, continuar o proceso ata consumir o aceite.
Separar o bacallao en lascas, retirando a pel e espiñas. Reservar quente.
Cortar as cebolas en plumas e os pementos en tiras. Pocahar en aceite.
Facer o puré seguindo as instrucións do fabricante.
Montar o puré ca axuda dun cortapastas redondo (ou cadrado). Repartir por riba o pemento e a cebola e as láminas do bacallao. Salsear co pil-pil e adornar con perexil picado.
Saboroso.