Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2011

Tosta de leite condensada e anchoas

Seguramente diredes que vaia xuntanza, iso mesmo pensei eu. Máis o probalo o resultado de ese potente salgado das anchoas co extremo doce da leite e sorprendente. Absterse aqueles que poñan reparos a mestura de doce con salgado. Este petisco así coma outra que teño en reserva (Chulas de patacas) saqueinos dunha páxina que non coñecía e para os que nos gustan os petiscos é moi interesante, ilovetapas . Seguramente que moitos xa a coñeciades, para min fou unha novidade. Ingredientes: Pan Leite condensada Anchoas Sinxelo, poñemos as tostas de pan no forno (5 minutos a 200º), untamos ca leite condensada e poñemos a anchoa por riva. Que non vos matedes a traballar. 

Piquillos recheos de ensalada de arroz

Benvidos a todos aqueles que vos reincorporades nestes días. Xa vedes, o tempo de lecer non é eterno. É moi breve, pero seguro que vides con forzas renovadas e con unha gañas... Hoxe coma aínda o tempo esta nunhas temperaturas boas, faremos unha ensalada de arroz. Coma me gusta facer neste tipo de pratos, prefiro dar os ingredientes sen cantidades, que cada un os mesture como máis lle gusten. Ingredientes: Arroz basmati Bonito en aceite de oliva Olivas negras Leituga Pementos do piquillo Maionesa Aceite e sal Cocemos o arroz seguindo as instrucións do fabricante, unha vez feito pasamos por auga fría e deixamos escorregar ben. Mentres desmiuzamos o bonito, picamos finas as olivas, picamos un par de pementos do piquillo e unhas follas de leituga. Cando o arroz estea ben escorregado, mesturamos todos os elementos e aliñamos ca maionesa. Enchemos os piquillos ca ensalada e presentamos fresquiños. Unha boa opción, fácil e rápida. NOTA: Eu usei olivas verdes por cuestións d

Arroz meloso con luras e gambas

E veña a voltas co arroz. É unha das miñas debilidades culinarias, o igual que a empanada admite case de todo, neste caso é un dos típicos; con luras. Un consello si se ten a ocasión de mercar as luras da ría non o dubidedes, xa sei que o prezo non é o mesmo, máis si o facedes nunha comida con invitados merece a pena. Para este arroz imos a procurar: 600 grs de luras 350 grs de arroz bomba 200 grs de gambas 1/2 cenoria 1/2 pemento roxo 1/2 pemento verde 1 cebola 1/2 porro Caldo de pescado Azafrán 1 copa de viño branco Aceite, sal e perexil Pedímoslle a pescantina que nos limpe as luras (podedes pedirlle a tinta e conxelala para outras preparacións) e nos rematamos de quitarlle a pel e restos que lle poidan quedar. Partimos e anacos groseiramente. Reservamos. Picamos miúdas as verduras e deixámolas facer en tres culleradas de aceite. Cando estean brandas as verduras incorporamos as luras en anacos e refogamos o conxunto uns minutos. Engadimos o arroz e dámoslle unha

Muffins de queixo fresco e noces

Non vos vou a contar o calor que estamos a pasar en Ourense. Máis este calor non e de todo natural, pois existe un montón de desgraciados que se encargan de que os termómetros aumenten a base de plantar lume por todo o arredor. Ante este panorama o que menos apetece é meterse na cociña. Pois ben para botarlle azucre o vinagre que se nos pon no corpo e non ter case que prender a cociña, imos con unha sobremesa fresca. Teremos que ter a mao os seguintes ingredientes, con eles saíron uns 12 moldes. Eu usei uns de silicona para madalenas. 100 grs de noces peladas 5 biscoitos de soletilla 50 grs de manteiga branda 4 follas de xelatina neutra 400 grs de queixo fresco A reladura dunha laranxa O zume de media laranxa 2 culleradas de azucre 2 sobres de zurce avainillado 3 culleradas de leite PARA O ADORNO 100 grs de azucre 2 laranxas Reservamos unhas 12 noces, o resto picámolas. Desfacemos os biscoitos. Mesturamos as noces, os biscoitos e a manteiga branda. Ca masa resultante enchemos o fondo

Lombos de robaliza a prancha con langostinos en prebe mariñeiro

Que tal, aínda ando por aquí, moi, pero que moi vago pero aquí sigo. Imos a ver si collemos algo de ritmo, non sei se empeza a ser vicio ou algunha agencia de rating ten a miña prima con risco. Case me da pánico ir o mercado. Hoxe traballamos con un peixe dos que máis me gustan, a robaliza. Neste caso preparada a prancha. Para preparar o prato para 4 persoas necesitaremos os seguintes ingredientes: 4 robalizas de ración 200 grs de gambas ou langostinos Patacas Pirixel Sal e aceite Para o prebe mariñeiro 1 cebola 1 chalota 1 cenaoria 1 porro 1 pemento verde 1 tomate 2 vasos de caldo de pescado As cabezas e as peladuras das gambas de arriba Brandi (opcional) Aceite, sal e pementa O ir a mercar as robalizas pedímoslle a nosa pescantina de cabeceira, que lle saque a espiña central e nos faga dous lombos de cada unha. Si as queredes totalmente sen espiñas, toca armarse de paciencia e coller unhas pinzas. De cara o resultado final merece a pena a labor. Picamos o