Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2011

Mousse de requeixo con fresas

Ir a receita en castelán

Imos a completar a menú dos piquillos e o bacallau con unha sobremesa.
Xa hai unhas fresas moi fermosas no mercado e posiblemente esta é a primeira de algunha outra sobremesa máis con fresas.
As cantidades que se sinalan de seguido son para 4-6 persoas. Esta unha receita clásica, máis o voso éxito vai a estar na orixinalidade da presentación.

250 grs de fresas
250 grs de requeixo
1/2 bote pequeno de leite condensada
3 ovos
3 culleradas de azucre
1 limón 

Lavamos e partimos en anacos as fresas. Maceramos co azucre, como mínimo un par de horas (ei deixeinas da noite anterior).
Mesturamos o requeixo cas xemas dos ovos, a leite condensada, a codia do limón relada e o zume do limón. A continuación incorporamos as claras montadas a punto de neve.
Repartimos a mestura en moldes, enchidos ata a metade e deixámolos na neveira ata que a mousse estea callada.
A maceración das fresas xunto co zume obtido da maceración, pasámolo polo batedor ata obter un puré fino.
Rematar de encher os …

Bacallau con pementos tricolor

Estou que o tiro todo pola fiestra, dúas entradas seguidas e penso que mañá ou pasado hai outra. Esgotado me encontro.
Como estamos na coresma pois imos a darlle outra vez o bacallau. Pero esta e de coresma coresma, non coma a outra.
En fin, ímonos a prover para 4 persoas de:
4 postas de bacallau desalado
2 pementos verdes
2 pementos amarelos
2 pementos vermellos
Aceite
Marinada
5 culleradas de aceite
1 cullerada de vinagre balsámico
1 cullerada de ceboliño
1 cullerada de pirixel
2 ramas de tomiño
1/2 cullerada de mel
1 culleriña de mostaza
Sal e pementa

Colocamos os pementos, limpos e untados en aceite, nunha bandexa de forno. Prequecemos o forno a 180º e facemos ata que estean brandos. Sacamos, tapamos con un pano, deixamos atempar, quitamos a pel e as sementes.
Cortamos os pementos en tiras delgadas e colocamos nunha bandexa fonda.
Nun recipiente adecuado, botamos o aceite, o vinagre, a mel, o ceboliño e o pirixel picados, o tomiño, a mostaza, a sal e a pementa, mesturamos ben e cubrimos os pementos …

Piquillos recheos de ensalada de mexillóns e mazá

Volvín a entrar noutra semana de vagancia e con unha viaxe polo medio, en fin que non fixen nada; máis hoxe é domingo e houbo que facer sesión de sicoanalista, quero dicir sesión de cociña.
Unha das preparacións que fixen é unha ensalada, pois imos camiño do tempo no xa apetecen.
Para a que nos ocupa imos a necesitar para 4 pax:


12 pementos do piquillo
1 quilo de mexillóns
1 mazá ácida
1 bolsa pequena de rúcula mesturada con outras follas
50 grs de noces peladas
150 grs de maionesa
25 grs de mostaza
1 ceboleta
Vinagre, ceboliño, sal e pementa


Limpamos os mexillóns e abrímolos o vapor, retiramos as conchas e reservamos un pouco do líquido, coado e frío, da cocción.
Para o prebe, picamos a ceboleta e deixámola uns minutos con sal, vinagre e auga, escoamos. Mesturamos a maionesa  ca mostaza, o líquido da cocción dos mexillóns e a ceboleta (pódese gardar un pouco de prebe para a presentación).
Picar lixeiramente os mexillóns, pelar e cortar en cubos pequenos a mazá, picamos groseiramente as noces e cor…

Parmentier de rabo de boi

Unha consideración, non atopei rabo de boi e fixen o prato con un de tenreira.
Estamos a falar de unha carne xelatinosa e moi saborosa; é toda pegada o oso.
Para 4 persoas necesitaremos:
600-700 grs de patacas (xogades parte do sabor en que sean boas)
1,5 kgs de rabo de boi troceado
1 ramo de herbas (eu usei ourego, tomiño e romeiro)
2 chalotas
1 cebola
1 porro (a parte branca)
1 cenoria
2 caciños de caldo de verduras Knorr
Leite a cantidade suficiente
Manteiga a cantidade suficiente
Queixo mozarella relado
Aceite, sal e pementa

Con todo isto procedemos da seguinte maneira.
Nunha cacerola con aceite douramos os anacos de rabo. Engadimos as cenorias cortadas en rodelas, as chalotas en cuartos, a cebola en xuliana, as herbas para o caldo e sal e pementa.
Deixamos que se faga o conxunto uns 10-15 minutos sen deixar de remexer. Pasado o tempo cubrimos con auga tibia, botamos os cazos de caldo vexetal e deixase o lume unhas 3 horas (co de tenreira tíveno unhas 2).
O tempo que se fai, poñemos as patacas con …

Ossobuco de pavo

Imos a darlle entrada a un elemento co que, se a memoria non me falla, aínda non fixera nada, o pavo.
Non vou a resaltar os beneficios desta carne, aínda que o meu parecer un pouco insípida.
Para 6 persoas usaremos:
6 pernas de pavo (cortadas como ossobuco)
4 tomates maduros
3 cenorias
1 cebola
1/2 litro de viño do ribeiro (tiro para a terra)
Unhas tiras de touciño
Mostaza de Dijon
Aceite, sal e pementa


Untamos os ossobucos de pavo ca mostaza (recordades o de insípida). Salpimentamos e fritimos ata que estean dourados. Reservamos.
Cortamos fina a cebola e dourámola no mesmo aceite de fritir o pavo. Cando tome algo de cor, engadimos a cenoria cortada miúda. Cando todo colla cor, engadimos o tomate relado e deixamos cocer uns 15 minutos.
Engadir o ossobuco e regar co viño branco. Deixar facer entre 30 e 40 minutos. Se fixera falla engadir un pouco de auga (a auga nunca estraga un bo prebe). Contra o final engadir as tiras de touciño.
Servir ben quente e acompañar por un arroz branco (ou o que queira…

De Sta. Mariña a Dumbría

Onte, sábado, houbo andaina. Estamos a rematar o Camiño ata Fisterra.
A etapa de onte vouna a resumir con tres palabras: asfalto, choiva e néboa, non faltou de nada. E unha etapa na que apesares do asfalto, é de beleza visual, con uns prados de un verde case que insultante, orgulloso e que tan seguro de si que te mira por riba da ombreira. Máis por mor da choiva fíxose insufrible (hai que o pasou mellor en Arzúa), ata non había gañas de sacar fotos.
De todo mereceu a pena o sitio que tíñamos escollido para xantar en Olveiroa, e do que vos dou o enderezo da web (www.aspias.net) por si caedes por alí, merece a pena. Nos non escollemos o xantar, simplemente deixámonos guiar po lo dono do local, moi ben. Se de casualidade caedes e ten empanada de bacallau, non pasedes sen tómala.
E nada máis, así foi pasando o día, ca auga escorregando polo chuvasqueiro e deixando os pantalóns para retorcer.
Na seguinte xa chegamos a o mar, chegamos a Muxía.

Bacallau confitado con patacas revolconas

Veña, como é o primeiro venres de coresma imos con un prato de vixilia, máis eu engádolle un elemento que non vai moito co día. Alá cada quen co seu.

Non dou medidas, o cálculo que se faga segundo comensais.

Bacallau
Patacas
Touciño adobado
Aceite de oliva
Pemento da Vera

Cocemos as patacas.
Confitamos o bacallau, esta é unha técnica de cocción a baixas temperaturas. Eu fixen da seguinte maneira: nunha cacerola botei o suficiente aceite para que cubrira o bacallau, quecemos ata alcanzar unha temperatura entre  60 e 70 grados e importante. Cando estamos nesa temperatura poñemos o bacallau ca pel para arriba (é importante a temperatura, o bacallau non debe chisporrotear), entre 15 e 20 minutos, dámoslle a volta e deixamos outros 15 ou 20 minutos.
Nun un pouco do aceite de confitar o bacallau, xa arrefriado, botamos o pemento, remexemos e deixamos infusionar.
Cortamos o touciño en tiras e pasamos pola tixola.
Para montar o prato, chafamos as patacas cun garfo, non é puré, botámoslle un pouco de ace…

Lombo de pescada con piquillos e tomate

O outro día había algo de presa e entón fixemos cociña expres, con uns resultados pero que moi aceptables.
Pódovos dicir que cheguei a casa as tres e vinte e as catro menos vinte estábamos a xantar.
Necesitaremos para catro comensais:
4 lombos de pescada (poden ser 4 boas rodelas)
1 cebola pequena
2 dentes de allo
6 pementos do Piquillo
1 bote pequeno de tomate fritido Solís (se o tedes feito da casa moito mellor)
Aceite, sal e pementa


Picamos miúda a cebola e os dentes de allo e poñemos a pochar nunha tixola. Mentres picamos os piquillos que engadiremos a cebola e os allos, damos unhas voltas e incorporamos o tomate. Remexemos un pouco para que se mesturen os sabores.
Poñemos na salsa a pescada e deixamos facer de dous a tres minutos por cada lado.
Sinxelamente delicioso.

Canas fritidas (Pepe Solla)

Esta fin de semana estivemos por terras de Extremadura, máis en concreto en Cáceres e o sábado fixemos unha escapada a Alcántara, onde teñen unha ponte romana en honor de Trajano, que presume de ser a mellor conservada (a bo fe que parece que foi feita antes de onte), amén dun par de conventos que merece a pena ser visitados. Pois ese día celebraban a festa de matanza ca súa correspondente proba. En fin xa podedes imaxinar o cadro, o colesterol víase saltar por riba dos pratos.
E eu como tiña teima por facer a receita das canas fritas, púxenme a elo o estar de volta e o resultado foi máis que aceptable para ser as primeiras.
Para 8 - 10 persoas imos a necesitar o seguinte:
PARA A MASA
400 grs de fariña
75 grs de azucre
4 ovos
100 grs de manteiga en pomada
2 grs de sal
PARA A CREMA PASTELEIRA
1 lt de leite
200 grs de azucre
100 grs de fariña
4 ovos
a pel dun limón
1 vaina de vainilla
TAMÉN
Aceite para fritir
Azucre

Para facer a masa traballamos todos os ingredientes ata obter unha masa fina e elástica. E…