Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2014

Salmón marinado con froitas e verduras

Ir á receita en castelán Ola, xa sei que teño isto un pouco abandonado. Pensei que ía a ter un montón de tempo co paso da vida laboral á prexubilación, pero ando raspado, raspado. Mellor así. Volvemos con peixe, empeza a ser tendencia, neste caso o salmón que entre as moitas preparacións que ten, unha delas é marinado. Imos a facer un marinado con froitas e verduras o que lle vai a dar un sabor moi agradable. É unha receita que preparo bastante a miúdo, pero que nunca me decidira a publicar.  Utilizo as colas, que me dan un resultado fantástico. Para esta preparación imos a precisar: 1 cola de salmón (500 grs aprox) 1 limón 2 laranxas 1 porro 1,5 ou 2 quilos de sal grosa Aneto Aceite, sal e pementa Pois o proceso é moi sinxelo. Pedimos na peixería que nos abran a cola e lle quiten as espiñas. Xa na casa lavamos a cola, secamos, envolvemos en film transparente e levamos a conxelar unhas 48 horas (polo tema do anisakis). Pasado o tempo deixamos des

Bodega Régoa na Ribeira Sacra e Xuntanza 2.014

Ir á entrada en castelán Este pasado sábado, coma todos os últimos sábados de maio, reunímonos aqueles que fixemos COU polo año 1972, antes de onte. Este ano decidimos que a nosa Xuntanza sería pola Ribeira Sacra e como nexo de unión o noso compañeiro, e amigo, de estudos José María Prieto. José María é un bodegueiro idealista que está a facer realidade unha utopía na que cre, e que xa é un feito. A Bodega Régoa so comercializa viños de crianza, viños que saen ó mercado con 6 ou 7 anos de estancia, parte de eles, en barrica de roble e de irse facendo co paso do tempo. Esta é a utopía de Bodega Régoa, que estes viños non teñen que ser exclusivamente novos, que poden seguir vivindo máis alá do tempo e transformarse nun viño de moita calidade. Cando chegamos a Sober, xa estaba José María esperándonos, para comenzar unha xornada que prometía moi interesante e proveitosa. A realidade confirmou estas esperanzas. Como non podía ser de outro xeito e para comprender est