Ir al contenido principal

Crumble de cabaciña, serrano e parmesano

O crumble proven da cociña inglesa e é un prato de sobremesa (froitos roxos, mazás, peras, etc).
Igual que fixemos co clafoutis, imos a facer unha versión salgada, e para elo imos a precisar:
3 cabaciñas
6 lonxas de xamón serrano
4 culleradas de aceite de oliva
120 grs de parmesano relado groso
80 grs de manteiga
4 culleradas de fariña
pan relado



Faremos do seguinte xeito: cortamos as cabaciñas en rodelas e pasámolas pola tixola con un pouco de aceite uns 3 ou 5 minutos, retirámolas sobre papel e salpimentamos.
Cortamos o xamón en anacos pequenos.
Nunha cunca misturamos a manteiga abrandada co parmesano a máis a fariña. Facemos unha masa beliscando cos dedos ata que quede homoxénea e forme unha especie de engrudo.
Colocamos as rodelas da cabaciña, nunha fonte de forno, intercalando os anacos de xamón, repartimos a masa de parmesano por riba, espolvoreamos co pan relado e metemos a grellar no forno ata que faga costra e colla cor.