Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2016

Mexillóns en escabeche

Ir á receita en castelán Mexillóns cocidos 500 ml de aceite 250 ml de vinagre 250 ml de vino 2 culleradas de caldo dos mexillóns 10 dentes de allo 8 follas de loureiro 1 rama de tomiño e 1 culler de ourego 6 cravos de olor 30 grs de pementa negra en grano 1 cullerada de pementón agridoce 1/2 cullerada de azucre 1/2 cullerada de sal Como continuación da anterior receita de mexillóns, traemos hoxe outra e imos a preparalos en escabeche, o que nos vai a dar moito xogo. As medidas que se dan nos ingredientes, son para un escabeche grande, un escabeche que pode rondar polos cinco quilos de mexillóns. Desde esta referencia calculade a cantidade de ingredientes. Nas fotos que acompañan esta receita, vai unha especie de hamburguesa e nunha táboa cun pouco queixo en aceite. Vos ides a decidir a presentación. Douramos os allos no aceite. Unha vez dourados e fora do lume, engadimos o pementón e o resto dos ingredientes. Damos un fervor de uns tres minutos e incorp

Arroz con mexillóns

Ir á receita en castelán Arroz bomba Mexillóns Cebola Pemento vermello Pemento verde Allo Touciño Viño branco Caldo de facer os mexillóns Aceite de oliva Sal Estamos tendo unha tempada na que está a haber no mercado uns excelentes mexillóns. Hoxe imos a facer un arroz con eles e a seguinte receita será de un escabeche. A receita de hoxe é moi sinxela, pero non por elo de menos categoría e sobre todo chea de sabor. Abrimos os mexillóns ó vapor, para elo poñémolos na cazola e deixamos que se vaian abrindo na súa propia auga. Segundo vaian abrindo os imos retirando a unha fonte e colamos o caldo resultante que reservaremos. Sacamos os mexillóns das cunchas e reservamos Picamos as verduras e facemos o sofrito a lume brando. Cando as verduras estean no seu punto engadimos o touciño ben picado. Deixamos facer un par de minutos. Engadimos o arroz e remexemos cas verduras para que se mesturen os sabores. Regamos cun golpe pequeno de viño branco e deixamos qu

Ossobuco de Tenreira Galega

Ir á receita en castelán 4 rodelas de ossobuco 2 chalotas 1 cebola 1 cenoria 2 tomates pera 2 dentes de allo 300 ml de viño branco Ribeiro Caldo de carne Aceite de oliva Sal e pementa Como parece que, de momento, cambia o tempo e vaise arrimando ó outono, imos a ir poñendo un prato dos que se chaman contundentes. Eu non sei si este é un prato dos que chaman "viejunos" algúns dos modernos que andan pola nosa gastronomía, pero o que si sei é que será un éxito seguro na mesa. Polo que levo lido, esta receita acércase moito a receita italiana. O nome da peza "Ossobuco" ven pola súa conformación: oso e oco. Picamos a cebola , as chalotas, a cenoria en dados, os allos e os tomates. Salpimentamos as pezas de carne e douramos nunha cazola cun pouco de aceite. Retiramos e reservamos. No mesmo aceite engadimos a cebola, as chalotas e as a cenoria, refogamos ate que estean douradas. Incorporamos a continuación os tomates e os allos. Deixa

"Empanada" de zamburiñas en conserva

Ir á receita en castelán Obleas de empanadilla 1 lata de zamburiñas en prebe de vieiras 1/4 de pemento roxo 1/4 de pemento verde 1/4 de cebola 1 dente de allo pequeno Aceite de oliva Sal Volvemos ca cociña con conservas e neste caso cunha saborosa receita con zamburiñas. Imos a facer unha empanada un pouco peculiar, pero ca que de seguro ides a sorprender na vosa mesa. Cortamos en rectángulos as obleas. Fritimos uns segundos e reservamos. Cortamos en anacos pequenos as verduras e sofritimos. Cando as verduras estean a punto, engadimos o prebe das zamburiñas. Damos unha volta e retiramos do lume. Para presentar a nosa empanada, poñemos sobre unha base de oblea fritida o sofrito feito, por riba unhas zamburiñas e tapamos a nosa empanada con outra oblea fritida. Xa vedes, sen complicacións, de execución rápida e de presentación que vos vai a deixar quedar moi ben. Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente,

Wok de espaguetini e polo

Ir á receita en castelán 200 grs de espaguetini 250 grs de peituga de polo 100 grs de champiñóns 1/2 pemento vermello 1/2 cebola morada 1/2 porro Prebe de soia Aceite de oliva Sal e pementa Que tal estades co "síndrome post-vacacional", pois imos a facer unha receita moi sinxela para non poñernos dos nervios. En poucos minutos e case sen darnos conta, xa teremos feito o noso prato. Cortamos o pemento en dados, a cebola en plumas, cortamos a parte branca do porro, laminamos os champiñóns e cortamos en tiras o polo. Poñemos o wok ó lume, cun bo chorro de aceite, e pasamos uns tres minutos o pemento e o porro. Pasado o tempo incorporamos os champiñóns e deixamos facer outros tres minutos. Incorporamos a cebola e deixamos facer o mesmo tempo. Engadimos o polo e refogamos ate que cambie de cor. Engadimos o prebe de soia ( ó gusto) e mesturamos ben. Mentres estamos a facer a preparación anterior, cocemos os espaguetini segundo indique o fabric