Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

Tartar de tomate

Ir á receita en castelán Unha das cousas que mais me gustan na cociña, é facer e levar un rico prato á mesa, sen prender o lume. Esta receita é o caso. 

Guiso de mexillón, gambón e patacas

Ir á receita en castelán O mexillón é un dos mariscos mais humildes, pero tamén é, un dos mais saborosos. Un marisco versátil na nosa cociña, admitindo un montón de preparacións.

Polbo fritido sobre crema de San Simón con ovas de ourizo e allada

Ir á receita en castelán Fago esta receita, partindo dunha realizada polo gran cociñeiro Miguel González Quintela, de Restaurante Miguel González . Pídolle a Miguel que sexa indulxente comigo. Grazas Miguel por ensinarnos tanto. Polbo cocido 75 ml de leite 150 de tona 150 de queixo San Simón da Costa Ovas de ourizo Allo Aceite Pementón de la Vera Fariña de arroz (ou outra) Como dicía mais arriba, espero que Miguel perdoe o atrevemento. Evidentemente non usei as técnicas que usa el, está feito dun xeito caseiro, pero penso que o resultado é bastante bo. Poñemos aceite nunha tixola e un dente de allo ó que lle dimos un golpe. Cando o allo empece a poñerse dourado, retiramos a tixola do lume e o allo da tixola. Botamos o pementón e remexemos rapidamente para que non se nos queime. Reservamos nun recipiente, para que os restos de pementón se vaian ó fondo. Nun cazo poñemos o leite e a tona. Levamos ó lume para que quente, pero non deixamos ferver. Retiramos do